O avó dun neno tonto
Acórdome ben cando aparecía o rei nas noticias da noite e el, alí sentado co seu vaso de mosto que lle pasaba ben polo viño que lle prohibiran anos atrás, soltaba aquilo de "xa está ahí o borracho coa rana ó seu carón". Aínda hoxe en día non sei porqué lle chamaba así á muller do rei; penso que sería por non dicir cousas máis fortes por estar eu diante.
Eu, que por aquel entón tiña oito anos, sentíame na jloria cada noite cando, despois de cear e antes de que me "collera Pedro Chosco", ía á casa dos meus avós a darlles o bico de boas noites e aproveitaba para escoitar ó señor Arturo rirse de canto can aparecia na tele. Era o típico home de 66 anos que xa estaba de volta de todo. Emigrou a Suiza na súa xuventude e iso conta como unha boa experiencia, no para estar de volta de todo pero si para saber o que costa partirse o lombo para sacar á parenta e ós fillos adiante. Reíame moito cando se refería a Gorvachov como "o da cajada da paloma" ou cando lle chamaba ladrón a Felipe Gonzalez. Odiaba a Franco a máis non poder e á dereita reaccionaria do PP, pero tampouco lle tiña moit aprecio ós socialistas. Claro que eun non entendía nin papa do que significaba facha ou roxo. Eu limitábame a sentarme na cadeira ó seu carón e sentirme como nunha nube cada vez que soltaba algunha das súas, mirándome de esgallo cunha sorisa pícara e chiscándome un ollo. Eu era o máis feliz do mundo neses intres.
Aquela noite meu irmán, de catro aniños e cuns rizos de ouro que lle costaban disjustos na escola, decidiu acompañarme na miña visita diaria á casa dos meus avós. Eu era un rapaciño moi tranquiliño e educado, pero cando o meu irmán asomaba o fuciño e estábamos os dous xuntos xa podía temblar o mundo, non había cousa pior. Acórdome que eu dicíalle ó meu irmán que era como supermán, que podía voar. El, o moi cabrón, poñía cara de paspán e animábame a facerlle unha demostración:
- Pois se é verdade que podes voar, sube ó sofá e voa.
O meu avó, que estaba a todo, viume a intención e, mentras eu ía pouco a pouco collendo posicións, dicíame con toda a calma do mundo:
- Neno, baixa de ahí que te vas a partir a crisma.
Eu, que estaba convencido que podía voar e tamén facer a onda vital que facía Songoku tódalas tardes na galega, prepareime concienzudamente avisando ó meu irmán para que se puxera diante de min e collerme en caso de que os meus poderes fallaran.
- "Eu cóllote, non te preocupes", dixo abrindo os brazos e mirando á miña avoa, que viña a fume de carozo a baixarme do sofá a zapatillazo limpo (miña avoa non se andaba con tonterías, e coa zapatilla na man daba xenio ver como poñía firme a todo dios).
- Apura, saltaaaaaaaaaa!
E así fixen. Saltei coma nunca, brazos en cruz e cabeza ben alta. Recordo que por un instante pensei que estaba voando, ata que sentín un forte golpe na cara e un corto silencio no que soamente escoitaba os latidos do meu corazón. Acertei a ver á miña ávoa desfacéndose da zapatilla, chamándolle as pestes ó meu irmán, que corría coma un desjraciado, e levantándome por un brazo decíndome:
- Ajora vai xunta a túa nai e cóntalle o que pasou.
Eu choraba desjanado, no pola dor do jolpe, senón porque o meu avó estábase a rir de min dicíndome que me faltaba un dente. Un dos meus primeiros dentes, despois dos de leite, partiuse pola mitade e facíame parecer máis tonto do que xa era.
Despois de pasarme media vida nos dentistas, aínda hoxe en día meu irmán rise de min cada vez que pode e miña nai, toda rencorosa ela, recórdame cantos cartos lle costou o meu dichoso dente.
Pregúntome que me diría o meu avó... Xa hai máis de 12 anos que está esperando por min non inferno para sentarme de novo ó seu carón, co seu vaso de mosto e chiscándome un ollo mentras bota pestes contra aljún calquera que se poña por diante.
Aposto un juevo e parte da miña próstata a que o jato do seguinte vídeo tamén pasou media vida no dentista.
chúzame - 


