Maldito zodíaco
"Un cáncer puede ser desde tímido y aburrido hasta brillante y famoso"
Pois dijo eu que malo será que ninguén se sinta representado entre o inmenso abanico de adxetivos calificativos enmarcados entre os citados nesta fantástica frase. Eu son cáncer e persoalmente non me interesa para nada o tema dos horóscopos e os signos zodiacais, os seus cruces de compatibilidades, a relació nentre a posición da lúa ou de Marte e o estado de ánimo, ou se un canjrexo se leva mellor cun carneiro, cun peixe ou cunha balanza.... (?????)

Pero, con todo o meu respeto, sinto unha curiosidade enorme polas persoas que basan as súas relacións persoais, a súa interacción co resto da sociedade na astroloxía. Se algúns creen en deus e compórtanse en base ó dictado pola igrexa, por exemplo, pois por que outros non poden face-lo mesmo en base ós astros? Unha opción máis.
A min cóstame un pouco imaxinarme o meu estado de ánimo dependendo da posición da lúa, ou se Marte interfire con Xúpiter provocando un tsunami de negativismo na miña existencia, porque Xúpiter sería para min o que o poder é para a igrexa, é dicir o que lle da sentido á miña vida.

O que si xa me parece de coña é que te rexeiten debido ó teu signo zodiacal, xa non cheja que te discriminen por maricón, por nejro, por chino, ou por jordo, agora hasta por nacer nunha fecha que ti nin sequera escolliches. Explícome. Ás veces dame por coñecer xente por internet e chatear un pouco. O 90% das veces non pasa do puro xogo que é o chatear, protexido por unha pantalla e un teclado (moi típico en persoas inseguras ou acomplexadas, que despois á hora da verdade cájanse pola pata pa'baixo). Pero o 10% restante son xente que merece a pena coñecer, ben sexa para tomar un café, para dar un paseo ou para botar un polvo, falando claro. Hai uns días topeime cunha destas persoas que merecen a pena, ou iso parecía. "Falamos" durante uns días, un par de semáns tal vez. Ó final ata tíñamos amañada unha "media-cita" (media-cita é cando non está claro o obxetivo da mesma) para tomar un café e a ver o que pasaba. Pero xusto o día antes, mentras discutíamos o lugar do encontro, soltoume a prejuntiña de marras:
- E ti de que signo eres?
- Pois Cáncer, do 29 de Xuño.
- Mmmmm... Cáncer con descendente Xéminis. Mal asunto.
- (Ahí xa me acojonou) Que queres dicir?
- Pois que non me convence moito iso. Eu son Capricornio e iso quere dicir que teu signo causaría un choque astral que podería danar a miña estabilidade emocional.
- Pero eu teño amijos Capricornio e non temos problema ninjún!
- Xa, pero cos teus amijos non tes relación sexuais, non si?
- Home, non con todos pero con aljunhos si.
- É o mesmo, non podemos coñecernos en persoa. Eu busco aljún Capricornio, Aries ou Virgo, que son os compatibles conmijo.
- E total pa botar un polvo.....? (Aquí fun un pouco brutiño, ben o sei, pero as cousas clariñas, carallo)
Aquí empezou unha discusión estúpida (como todas as levadas a cabo en internet) sobre sexo, astros, ratas, cabras e coellos (que por certo, no horóscopo chino son un coello... xa mo parecía a min!) que non vou reproducir aquí porque aínda teño un pouco de vergoña... por moi pouca que sexa.
Por certo, según algunha páxina sobre este tema (non me parei moito a buscar, a verdade, foi a primeira que atopei), eu, como Cáncer, levaríame estupendamente cos Acuario, Piscis, Tauro, Virgo e o mesmo Cáncer... así que xa sabedes....
Hai xente que se aburre moito, mellor lle era coller un libro e intentar leelo.
chuzame - 


