Novembro 14, 2007
· Filed under Música, xadrez
Non sei se xa o conhecedes ou non, pero aqui vai un fragmento do musical Chess (Xadrez para aqueles que din eu-non-tenho-nen-pajolera-do-injles):
Nin que decir tenho que se che justa a musica e o xadrez non podes perderte esta obra, boisima se me pides a minha opinion. Asi para que te fajas unha pequena idea do que na obra se representa, deixovos un pequeninho resumo da mesma:
Trata a complicada historia dun triangulo amoroso entre dous xogadores de xadrez e unha mullerinha, que esta liada cun deles pero cae enamorada do outro, e ainda que os persoaxes non foron creados coa intencion de representar persoas reais, corre o rumor (bastante fiable, por certo) de que os xogadores aqui representados correspondense con Viktor Korchnoi e Bobby Fischer, nada mais e nada menos.
Nota: o video que puxen esta en injles, non sei se habera aljunha version en castelan, pero como se a houbera... eu sejiria apostando pola version orixinal (as putas doblaxes non fan mas que joder a pelicula ou o video).
chuzame -
Outubro 14, 2007
· Filed under Actualidade, Amigos e familia, xadrez
Pois este é un post comodín, ou polo menos así lle chaman. Faise cando un está un pouco vago para escribir ou pensar demasiado, escóllense unhas poucas fotos e cóljanse así coma quen non quere a cousa.
O meu amigo Juan Carlos (se é que se digna a pasar por aquí) ten unha boa ocasión para darme unhas pequenas leccións de fotografía e así correxir un pouco os meus erros máis importantes. A maioría das fotos corresponden á miña viaxe a Dinamarca, pero tamén hai algunhas fotos de Amsterdam. Xa me diredes se vos justan ou non.
P.D. Isto é unha indirecta para quen se queira dar por aludido: aínda estou esperando polas fotos da cena da C.V. do ano pasado, da patrona do ano pasado e deste ano, da acampada da capelada deste ano, de carnavales,... vaia amijos que teño... quérovos!!!





Por certo, como podedes ver, atopei en Dinamarca a cartilla de nacemento do noso benquerido amigo Victor (Bics, dixérasme que a perderas, non?). A que non sabiades tampouco que os avións xogan ó xadrez... pois aquí vai unha proba en forma de foto.
chuzame -
Xullo 13, 2007
· Filed under Humor, xadrez
A verdade é que non son moi amijo das monarquías, e menos da española. Primeiro porque, na miña humilde opinión, non pinta nada (ó igual que o clero), e segundo porque foi instaurada por un enano bastante cabrón que non se cansou de foder ó persoal ata o día da sua morte, e ainda así parece que hai xente que se resiste a aceptar a sua morte e como consecuencia a desaparición do réxime. Paréceme incrible que haiba xente que diga que a monarquía é necesaria e que cumple unha función moi importante... bueno, se alguén me pode explicar esa función eu estou disposto a escoitar.
Atopei esta caricatura moi apropiada para a ocasión. Aquí sí que os reis e reinas cumpren un papel moi importante, pero nunca máis aló do xogo no que participan. Fódeme que estes vividores aparezcan representados nun taboeiro de xadrez, pero aceptaríao de boa jana se con iso desaparecesen da sociedade. Mellor nun taboeiro e non chupando os cartos de todos e todas.

A páxina onde atopei isto é a seguinte, un sitio web adicado exclusivamente ó xadrez: http://www.ajedrez365.com/search/label/Curiosidades%20del%20Ajedrez
Sede bos!
chuzame -