Estaba eu na cama, disfrutando daquel peito que me volvía tolo e que me guiaba ó orjasmo supremo cando de repente, sen previo aviso, a habitación cubríase cun fume branco acompañado por unha musiquiña de órgano de igrexa vella. Ó mesmo tempo podía distinguir unha sombra que descendía lentamente mentras a habitación se ía convertindo nunha especie de altar dourado cheo de velas e pequenas figuriñas de madeira. A miña cama quedabame xa moi lonxe e apenas podía distinguir aquela silueta provocadora con cara de "a igrexa ata na sopa... fillos de puta!", que estaba a ser engullida polo espesor do dichoso fume branco, que xa dito sexa de paso cheiraba a vello que botaba para atrás.
Cando os meus ollos se afixeron á nova situación, non me faltou tempo para coller papel e boli e acomodarme naquela vella cadeira situada nun curruncho, xusto no lugar perfecto para non perder detalle. Tiña ante os meus ollos ó todopoderoso Rouco Varela, e eu non ía deixar escapar a oportunidade de facerlle unhas preguntas:
-Eu: Istooooo.... é vostede moito máis feo en persoa.
- R.V.: Xa, bueno, non pretenderás que tendo a cara de Brad Pitt ou George Clooney asuste á xente do mesmo modo que o fago coa miña cara. Cada un ten as súas ferramentas de traballo.
- Eu: Bueno, visto así... A todo isto, que carallo fai na miña habitación?
- R.V.: Veño a facerche un lavado de cerebro.
- Eu: Joder, non vos chejou con facerllo á miña avoa?
- R.V.: Os vellos xa non van durar moito, e ela ten 84 anos. Agora hai que ir a polos máis novos.
- Eu: Refírese obxetando contra "Educación para la ciudadanía" ou máis ben fodendo nenos?
- R.V.: Bueno, esas son outras vías de captación. A ti ofrézoche a salvación eterna.
- Eu: ¿Por que a min?
- R.V.: Porque eres rubio, ollos azuis,...
- Eu: Para o carro! Prefiro meter o nabo nunha caixa chea de ortijas antes que rozarlle un pelo a vostede.
- R.V.: Non vou por ahí, oh! Que ti xa eres moi vello para o meu justo.
- Eu: ......
- R.V.: Ti eres bon mozo, e no fondo queres o perdón divino.
- Eu: ¿Refíreste ó mesmo perdón divino que aplicades con pederastas, fascistas e demás fauna semellante?
- R.V.: Si, ese mesmo.
- Eu: Pois eu paso, non o quero.
- R.V.: Tamén che poido ofrecer un posto no rectorado da universidade de Navarra e unha familia postiza libre de pecado coa que encubrir a túa verdadeira vida.
- Eu: E tamén un saco de cartos, supoño.
- R.V.: Pois claro, todo o que queiras.
- Eu: ¿Pero non se supón que enriquecerse sen límites a expensas de bens comúns é un dos novos pecados capitais?
- R.V.: ¿Pero ti es parvo, neno? Xa sabes que nosoutros somos a palabra de deus e tamén nosoutros decidimos quen está libre de pecado e quen non.
- Eu: Iso xa mo imaxinaba eu, por iso rexeito a túa oferta, prefiro antes arder no inferno.
- R.V.: Pois alí irás, xunto con tódolos roxos de merda deste pais tan antidemocrático. E tamén alí atoparaste cos catro roxos ateos que leen o teu blogue.
- Eu: Polo menos poderei seguir co blogue...
- R.V.: Xa vexo que eres imposible e además estasme tocando o carallo. Déixote, pero non quedas libre de pecado. E que seipas que o pixama que levas está pasado de moda e non che peja nadiña coas túas zapatillas.
- Eu: Hala, que vaia ben!
- R.V.: Ah, case me olvidaba. Son 10.000 euros, podes pajar con tarxeta (tes desconto se é de Banesto) ou ben a plazos cun 25% de intereses, que por suposto irán destinados a algunhas das miles de misións que temos repartidas polo mundo adiante, que nos serven para encher as nosas arcas, istooo.... para axudar ós máis necesitados.
- Eu: Pero bueno, aínda encima teño que pajarche?
- R.V.: E lojo! Pensas que amiña aparición estelar é jratis ou que?
- EU: Vosoutros non parades de timar á xente incluso nos soños, macho.
- R.V.: Amigo, o te aclimatas o te aclimueres.
- Eu: Amén!!