Razón de ser
Atopei a páxina de blogaliza.org case por casualidade, e díxenme a min mesmo... por qué non? A miña intención é clara: manter o contacto cos amijos, falar de cousas que me inquietan ou me divirten, e coñecer xente nova.
Escribo en galego (a pesar de ser consciente de non facelo correctamente) por unha simple razón: levo 4 anos e medio vivindo fora da miña terra, e isto do blog en galego é un bo exercicio para non olvidarme do meu idioma e da miña cultura, ainda que, como ben sabedes, a cultura galega no se olvida facilmente, mais que nada por esa morriña (xa dito sea de paso é o nome do blog) que non se despeja nin con auja fervendo.
Pois despois de 3 anos vivindo en Barcelona (tempo suficiente para aprender o idioma e asimilar a cultura catalana, que non é doado) o destino tróuxome para os Paises Baixos, más concretamente para Amsterdam. Así pois, despois de ano e medio case, aquí sego, loitando aínda para falar o holandés e mellorando notoriamente o meu injlés. Polo tanto gostaríame que se algún galego que está fora da terra atopa este blog, se anime a comentar as súas impresións acerca do que é a vida dun galego lonxe do seu lar, porque habelos hailos, e moitos, os galegos noutra cousa non pero na inmijración... non hai dios que nos jañe.
Así a bote pronto, ocórreseme comentar aljúns dos meus intereses. Comezo polo que máis tempo me consume (antes de crear este blog, claro está); a psicoloxía. Tardei en dar con ela, ou ela en dar conmijo, pero desde entonces somos case inseparables, empecei hai dous anos, e por agora vai todo vento en popa, iso sí, pouco a pouco, xa que co traballo e a miña vida social de por medio, a máquina non da pra tanto. Estudio nunha universidade a distancia, e iso permíteme facer a miña propia axenda e ter o meu propio ritmo á hora de elexir asignaturas e todo iso. Estou collendo 3 ou 4 asignaturas por semestre, o cal quere dicir que acabarei a carreira dentro de 6 anos a lo menos, pero bueno, o meu obxetivo é acabala, e aprender todo o posible.
Outro dos meus intereses é o deporte. Desde que me fun de Galicia non volvía a facer deporte regularmente, o cal é unha pena, pero bueno, un faise maior, colle un traballiño e xa non ten liberdade para facer todo o que lle gostaría facer, simplemente hai que elexir por falta de tempo. Gústanme todos os deportes, pero o único que practico ultimamente é o xadrez. Tiven una etapa na miña vida, cando tiña 18 anos, que non paraba de xogar, incluso participei na 3ª división galega, con unhos resultados aceptables (gardo moi bos recordos e coñecín moi boa xente xogando ese ano). Pero isto do xadrez é coma todo, se deixas de xogar por un tempo, perdes o norte... e niso estou agora, tratando de recuperar o norte, que me está costando... carallo se me costa.
Bueno, pois dou isto por comezado, vémonos por aquí ou en calquera outro lujar, que o mundo non che é tan jrande como o pintan....
Sede boa xente.
chúzame - 
