Archive for Amigos e familia

20 anos

- Que me deixes en paz xa, joder!!

- Pero se so te tes que poñer de espaldas e esperar!

Meu irmán nunca se daba por vencido no seu afán de asesinarme, iso si, facendo ver que fora un accidente, xa o intentara un había un ano. A pesar de ter so 5 anos e o pelo rubiño coma o dun anxo, meu irmán, guiado polo demo que o poseía, loitaba con tódalas súas forzas por facerme caer de fuciños e partirme a crisma. Miña avoa puxéranos unha cama na cociña da súa casa, ó pé da chimenea. Eran as nove e media da noite e, estando os dous enriba daquela cama, eu non tiña claro se iba morrer asasinado polo meu irmán ou da fame que tiña. De repente, cun movemento dos que lle ensinaban nas clases de taekwondo por aquel entón, o condenado levantoume as pernas por riba da cabeza e botoume fora da cama, dando eu cos meus fuciños no chan.

- Mamaaaaaaaaa!- dixen eu comezando a chorar. - Javi rompeume as jafaaaaaaas!

Meu irmán apresurouse a coller a patilla da jafa que salira despedida tras dar eu coa miña cara no chan. Mirou a patilla, miroume a min e puiden ver, cos meus ollos chorosos, ó mismísimo demo reflexado na súa mirada. E asejúrovos que o demo con rizos rubios e ollos azuis acojona moito, moito máis que unha cabra de dous metros erjida sobre as súas patas traseiras.

Saqueille o pedazo de jafa da man e sain a fume de carozo da cociña. A miña intención era chejar ó primeiro piso onde se atopaban os maiores, é dicir os meus pais e os meus avós. Pero chejando ás escaleiras topeime de frente coa miña nai, que baixaba como se tamén estivera a fuxir do demo. Amoseille o cacho da jafa e díxenlle:

- Foi Javi!!

- Da o mesmo, vai para a cociña e non vos movades de alí- dixo miña nai collendo o chaquetón, abrindo a porta e desaparecendo na oscuridade da noite daquel 31 de Decembro de 1988.

Eu quedeime de pedra, e dando media volta camiñei para a cociña sen pensar que o demo do meu irmán estaba a planear xa o seu próximo ataque hacia a miña persoa. Pero cando lle enseñei a patilla da jafa e lle dixen que a nosa nai non me dixera nin palabra sobre o asunto, nin sequera o típico "vas a pajalas cos cartos da túa paja", cambioulle a expresión, deixou de ser o demo con rizos de ouro para convertirse no meu anxelical irmanciño, cos seus olliños azuis de mirada inocente. Automaticamente os dous, a pesar da nosa curta idade, decatámonos de que aljo non ía ben.

Ó cabo de media hora escoitamos a porta de fora abríndose. Baixamos dun chimpo da cama e fumos correndo cara á entrada. Xusto apareceu miña nai acompañada dun señor que nos coñecíamos ben, e sen nen sequera pararse un intre, mandounos de volta para a cociña, desaparecendo de novo escaleiras arriba.

- Ese era o señor das inxeccións, verdade?- así lle chamaba meu irmán ó médico.

- Si, o mesmo,- respondín eu tratando de conter a respiración, como se así o meu oído puidera escoitar o que estaba pasando no piso de arriba.

- E que fai ese aquí? Ven comer as uvas con nos?

- Pois non cho sei, Javi, pero cala e déixame escoitar.

Recordo que a miña avoa chamaba a berros ó meu avó: -Arturo! Arturo!

Eu mirei ó meu irmán, que me animaba sen parar a ir mirar ó piso de arriba para saber o que pasaba. Despois dun intre dubidando, decidínme e, amodiño para que naide me escoitase, fun arrastrando o meu pequeno corpo ata a porta das escaleiras. Unha vez alí, púxenme de pé e abrín a porta, aparecendo esta vez o meu pai.

- Veña, chama ó teu irmán que vamos á casa á face-la bolsa.

Collín ó meu irmán pola man e, tirando de el, sejimos ó meu pai. Unha vez que xa tíñamos a bolsa feita fumos á casa do veciño. Meu pai prejuntoulle se nos podía levar á aldea, á casa dos meus avós paternos, xa que daquela non tíñamos coche.

Pasamos catro días na aldea xojando cos meus primos e facéndolle a vida imposible ós meus avós. No cuarto día volvimos a ver ó meu pai. Estaba co noso veciño e coa nosa bolsa, preparado para levarnos de volta a Cedeira. No camiño de volta, meu pai, que ía no asiento de adiante, xirou a cabeza e, mirando ó meu irmán primeiro e despois a min, díxonos:

- Téñovos qeu dicir unha cousa. O outro día, na casa dos avós, baixaron unhos anxeliños e levaron ó avó con eles.

- E onde está agora o avó?- preguntou o meu irmán, que non se fiaba dos anxeliños.

- No ceo Javi, o avó está no ceo.

A min pareceume a cousa máis normal do mundo, e eu tentaba calmar ó meu irmán, que comezara a chorar como se fose a morrer el tamén. Eu necesitei cinco anos para darme conta da perda tan jrande que sufrín e, unha noite de xaneiro do 1993, envolto nas sábanas de franela que a miña nai sempre me poñía no inverno, mirando una foto do meu avó, fun capaz de chorar pola súa morte.

Nestes días, pensando sobre iso no bus camiño do traballo, tamén me din conta que miña nai tiña 29 anos cando o meu avó morreu, xusto a idade que terei eu dentro de 9 días. Non caera na conta, e imaxinei o difícil que sería soportar que aljo malo lle pasase ó meu pai. Admiro a miña nai, como soportou, tan nova e con dous nenos pequenos, a morte do seu pai, e aínda recordo as súas primeiras palabras, e os seus bicos e apertas, cando nos reencontramos despois daqueles catro días... "neniños... ano novo, vida nova". Era o 4 de Xaneiro de 1989.

Chuzame! chuzame -

Comments (1) »

O avó dun neno tonto

Acórdome ben cando aparecía o rei nas noticias da noite e el, alí sentado co seu vaso de mosto que lle pasaba ben polo viño que lle prohibiran anos atrás, soltaba aquilo de "xa está ahí o borracho coa rana ó seu carón". Aínda hoxe en día non sei porqué lle chamaba así á muller do rei; penso que sería por non dicir cousas máis fortes por estar eu diante.

Eu, que por aquel entón tiña oito anos, sentíame na jloria cada noite cando, despois de cear e antes de que me "collera Pedro Chosco", ía á casa dos meus avós a darlles o bico de boas noites e aproveitaba para escoitar ó señor Arturo rirse de canto can aparecia na tele. Era o típico home de 66 anos que xa estaba de volta de todo. Emigrou a Suiza na súa xuventude e iso conta como unha boa experiencia, no para estar de volta de todo pero si para saber o que costa partirse o lombo para sacar á parenta e ós fillos adiante. Reíame moito cando se refería a Gorvachov como "o da cajada da paloma" ou cando lle chamaba ladrón a Felipe Gonzalez. Odiaba a Franco a máis non poder e á dereita reaccionaria do PP, pero tampouco lle tiña moit aprecio ós socialistas. Claro que eun non entendía nin papa do que significaba facha ou roxo. Eu limitábame a sentarme na cadeira ó seu carón e sentirme como nunha nube cada vez que soltaba algunha das súas, mirándome de esgallo cunha sorisa pícara e chiscándome un ollo. Eu era o máis feliz do mundo neses intres.

Aquela noite meu irmán, de catro aniños e cuns rizos de ouro que lle costaban disjustos na escola, decidiu acompañarme na miña visita diaria á casa dos meus avós. Eu era un rapaciño moi tranquiliño e educado, pero cando o meu irmán asomaba o fuciño e estábamos os dous xuntos xa podía temblar o mundo, non había cousa pior. Acórdome que eu dicíalle ó meu irmán que era como supermán, que podía voar. El, o moi cabrón, poñía cara de paspán e animábame a facerlle unha demostración:

- Pois se é verdade que podes voar, sube ó sofá e voa.

O meu avó, que estaba a todo, viume a intención e, mentras eu ía pouco a pouco collendo posicións, dicíame con toda a calma do mundo:

- Neno, baixa de ahí que te vas a partir a crisma.

Eu, que estaba convencido que podía voar e tamén facer a onda vital que facía Songoku tódalas tardes na galega, prepareime concienzudamente avisando ó meu irmán para que se puxera diante de min e collerme en caso de que os meus poderes fallaran.

- "Eu cóllote, non te preocupes", dixo abrindo os brazos e mirando á miña avoa, que viña a fume de carozo a baixarme do sofá a zapatillazo limpo (miña avoa non se andaba con tonterías, e coa zapatilla na man daba xenio ver como poñía firme a todo dios).

- Apura, saltaaaaaaaaaa!

E así fixen. Saltei coma nunca, brazos en cruz e cabeza ben alta. Recordo que por un instante pensei que estaba voando, ata que sentín un forte golpe na cara e un corto silencio no que soamente escoitaba os latidos do meu corazón. Acertei a ver á miña ávoa desfacéndose da zapatilla, chamándolle as pestes ó meu irmán, que corría coma un desjraciado, e levantándome por un brazo decíndome:

- Ajora vai xunta a túa nai e cóntalle o que pasou.

Eu choraba desjanado, no pola dor do jolpe, senón porque o meu avó estábase a rir de min dicíndome que me faltaba un dente. Un dos meus primeiros dentes, despois dos de leite, partiuse pola mitade e facíame parecer máis tonto do que xa era.

Despois de pasarme media vida nos dentistas, aínda hoxe en día meu irmán rise de min cada vez que pode e miña nai, toda rencorosa ela, recórdame cantos cartos lle costou o meu dichoso dente.

Pregúntome que me diría o meu avó... Xa hai máis de 12 anos que está esperando por min non inferno para sentarme de novo ó seu carón, co seu vaso de mosto e chiscándome un ollo mentras bota pestes contra aljún calquera que se poña por diante.

Aposto un juevo e parte da miña próstata a que o jato do seguinte vídeo tamén pasou media vida no dentista.

Chuzame! chuzame -

Comments (5) »

Fálalles de “eso”

Aínda o recordo como se fora ontes e xa pasaron polo menos 16 anos (mecajo no paso do tempo e mecajo tamén na madurez, xa de paso).

Por aquel entón tería eu 12 anos, xa me empezaba a sair o bijote e aljún que outro pelo nos juevos (podería dicir entreperna, pero aínda non chejei a ese nivel de finura extrema). Eran as festas do meu pobo e esa noite ía ser a primeira que saía eu so, sen os meus pais, que decidiran darme duascentas pesetas e deixarme ceive por unhas horas.

Pero claro, ti dalle eses cartos a un neno e mándao xunta os coches de choque, o tiro ó pichón,.. e cousas polo estilo. Non lle duran nin media hora. E así foi, as duascentas pesetas duráronme no bolsillo menos tempo do que pasa Boris Izaguirre dentro dun armario, a non ser que o armario en cuestión sexa de Adolfo Domínguez e teña dentro vinte "machas anabolizadas" amantes dos micropenes. Así pois, despois de media hora e sen cartos, decidín volver para á casa, na festa xa non pintaba nada. Cando cheguei, vin a luz da cociña encendida e tentei a porta, porque supuxen que os meus pais estarían despertos vendo a televisión. Pero a porta non abriu. Dispúxenme a coller as miñas chaves e escoitei, de súpeto, unhos ruidos na cociña. Como se alguén se vise sorprendido pola situación e estivese a recollerse para facer ver que alí non pasara nada. Pero eu fun máis rápido coas miñas mans (daquela era experto en traballos manuais, e aínda o son, todo hai que dicilo) e abrí a porta. Deume tempo xusto para ver á miña nai a fume de carozo escaleiras arriba e ó meu pai, apoiado na porta e medio encorvado, tentando disimular o bulto que se lle vía un pouco máis abaixo do omblijo, xa me entendedes:

- Si que chejas cedo, neniño, non había naide da festa?

- Si oh, pero acabei os cartos e aburríame.

Estou sejuro que o meu pai, neses intres, xurou para si mesmo: "Cajondios, se o sei douche mil pesos".

Ó día seguinte miña nai non se atrevía a mirarme á cara e, tanto ela coma o meu pai, andaban medio nerviosos sen saber ben que facer ou que dicir. Pregunteilles se estiveran a foder a noite anterior (así como o leedes, eu xa por aquel entón non me calaba nadiña e era un pouco directo de máis), pero a resposta era sempre a mesma: "Que carallo dis, oh? Ti que saberás diso!".

Máis adiante, meus pais tentaron sempre de falarnos e darnos información sobre o sexo, pero a educación á que estiveron expostos na súa infancia pesáballes moito e dificultáballes a tarea máis do normal.

Dende o meu humilde punto de vista, un sistema educativo eficaz ha de ter unha boa dose de educación sexual (a poder ser con moita práctica :-) ) polo ben de todos.

Se non estades dacordo, mirade o seguinte vídeo a ver se cambiades de opinión. É a decisión que toma un neno despois de que os seus pais lle dixeran que non lle ían falar de sexo ata que fose maior de idade... moito esperar, pensou el:

Chuzame! chuzame -

Comments (6) »

Felicidades cativo!

20061017130337-29.gifPois si home, xa non che queda nadiña para cambiar de década. Como pasa o tempo, eh? Xa lojo parece que foi ontes cando nos coñecimos, baloncesto de por medio. E dende entón, pasando por algunhas dificultades (que sería da vida sen dificultades?), aquí sejimos 15 anos despois. Pois por min que non quede, e que sexan polo menos 60 máis. A ver se montades unha doente por ahí... eu mentras tanto, aquí espero unha visita e vou preparando o fíjado, a xente por aquí e a casa.... que por certo, xa teño casa nova... así que xa tedes unha excusa inmellorable para pasarvos por aquí. Mentras tanto, moitas felicidades Tono!!!! E a ti, exclusivamente, dedícoche o seguinte vídeo coa sua correspondente canción, que che vai ó pelo. É do 1983, se non me equivoco, e ti xa andabas coljándote dos pinos e moitas máis cousas típicas túas.

E xa de paso, aproveito esta entrada para queixarme un pouco (xa sabedes, se non me queixo é que xa deixo de ser eu mesmo). Non é que vos pasedes moito por aquí... ou iso paréceme a min. Así pois, deséxovos que a próxima vez que vos levantedes para mexar pola noite vos atopedes no pasillos con aljo parecido a isto, e xa de paso que vos cajedes pola pata abaixo....

miedo.jpg

.... e para limparvos o cu despois, para que vexades que non son tan malo, pois aquí vos deixo un regaliño...

toiletpaper.jpg

Aínda así, co malos que sodes e o bon que son eu (faltaría máis)... bicos a todos e todas!!!

Chuzame! chuzame -

Comments (4) »

D.E.P.

Xa falta ben pouco para despedir o ano e darlle a benvida ó 2008. E como cada fin de ano, estamos cheos de novas ideas e boas intencións (sobre todo estas últimas) para comezar o ano con bo pé, coma se esperásemos así un cambio ou un xiro radical nas nosas vidas. O malo é que, cando pase Xaneiro e nos deamos conta de que as nosas vidas seguen a ser as mesmas, esas ideas e intencións novas ficarán nun recuncho no fondo das nosas entrañas ata o próximo ano, deixándonos levar así pola inercia do paso do tempo, sen molestar nen ser molestados, sen cambiar ou tratar de millorar o que temos... total, para que?

Non temos nin puta idea.

A última noite do ano será coma tódolos anos: festa, champán, uvas, campanadas, xente (e animáis) con traxe, borracheiras, chocolate con churros,... para despois botar o día 1 durmindo, ou simplemente arrolado na cama aqueixado dun mal chamado resaca, sabendo que un novo ano acaba de comezar pero que todo segue coma sempre.

Sen embargo, este fin de ano será diferente para min. Xa o foi o ano pasado; aquí non se comen uvas e tampouco nos poñe os traxe. Ademáis diso, será diferente tamén no meu entorno... haberá unha persoa que non terá a posibilidade de ter novas ideas e boas intencións para o novo ano... ela xa tivo o cambio radical na súa vida hai xa tres meses e nos próximos días ese cambio chejará ó seu punto álxido para así deixarnos definitivamente.

Xa non queda apenas rastro aljún daquela muller forte e xuvenil, a pesar dos seus 73 anos, catacterizada sempre polo seu soriso e polas súas gañas de vivir, apajados ambos de súpeto pola oscuridade que traen consijo unha serie de tumores, condeados tumores, que non descansaron na súa labor ata foderlle o fíjado por completo.

Quedan apenas unhas tiras de pel amarillenta e rugosa que deixan ver a figura dun esqueleto farto xa de tanta loita. Quedan esos olliños baleiros, mirando pola fiestra e tratando de recuperar a ilusión da que un día foron donos. Quedan esos oscuros beizos que aínda non se esqueceron de dar bicos cheos de cariño e ternura. Queda ese corpo malferido tumbado nesa cama que, dende fai xa 15 días, converteuse no seu cuartel xeral, no centro de operacións dende o que trata, cada vez con menos empeño, de aferrarse á pouca vida que lle queda.

Onte, cando me acostei ó teu carón empuxado moi levemente polo teu braciño e me dixeches o moito que me querías a pesar de coñecerme dende hai aínda non 2 anos, apenas puiden sentir o teu alento... tan débil... Sen embargo, a pesar de todo, vin nos teus húmedos ollos o reflexo dunha fortaleza inhumana... a mirada dunha muller preparada para abandoar o barco, sabendo que os que quedan a bordo non terán ningún problema para continuar a súa viaxe, sabendo que cada un de nós ten un pedaciño de ti, sabendo que a tempestade está chegando ó seu fin e deixará paso a unha paz e unha tranquilidade propias da túa persoa... o que nos ensinaches en vida, o que nos deixas como herencia agora que te vas. Descansa en paz.

Ik houd ook van je, mamá Krans.

Chuzame! chuzame -

Comments (1) »

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis