Archive for Relatos

Jaque…

Chove sobre mollado.... Outra vez. Aínda hoxe, despois de máis de medio século de vida ás súas espaldas, A. non é capaz de enfrentarse ós seus sentimentos. Os mesmos sentimentos dos que fuxe dende aquela tarde que se atopou co seu mellor amigo, a soas, os dous frente a frente, silencio,... pero escampou.

Para A. nunca foi doado, pero dunha forma ou doutra sempre conseguiu o que se propuxo; deixar a un lado a súa conciencia, o seu salvaxismo oculto, a súa imaxinación, e crear unha familia: casarse e ter fillos, como sempre dicía a súa avoa.

Ó longo da súa vida sempre se mollou, sempre chovía cando a súa mente cobraba vida e dispoñía como a ela realmente lle gustaba. Pero ó final, sempre escampaba.

A. sofre demasiado as choivas que veñen e van. Sabe que nunca poderá desfacerse delas... e sabe tamén que, aló no fondo da súa alma, non quere perdelas, forman parte da súa vida, da súa personalidade... é o que lle axuda a fuxir da realidade, e pensar por uns intres "que pasaría se...?".

A. nunca probou a mollarse por completo, sempre esperou a que escampase para así seguir construindo o seu camiño, e, resgardado baixo aquelas acolledoras galerías, facer coma se a choiva fose invisible.

Déixate levar A., camiña baixo a choiva e deixate levar. Ó final dese día, cando chegue, xa na túa casa collerás unha toalla e secaras todo o teu corpo satisfeito, mirando á choiva que tanto medo che poñía, sentíndote relaxado, aliviado, como novo,...

Non esperes a que escampe A., e da o mate, te-lo moi doado.

Chuzame! chuzame -

Comments (6) »

Unha vida calquera

Había xa unha semana que estaba fora da casa, sen saber ben a razón pola que alí me atopaba. Separábame soamente un metro da fiestra e case podía sentir a calor que desprendía a chimenea da sala de estar. Divisaba tamén as charetas do lume, esas pequenas e brilantes charetas que tanto me facían tolear mirando como voaban sen un rumbo definido. Escoitaba as risas dos nenos xogando cun can que, ata aquel preciso momento, era un completo descoñecido para min.

 

Estabamos en pleno inverno e o frío meteuseme no corpo coma se dun cento de ajullas se tratara. Sentía como me ía roendo os osos pouco a pouco, debilitándome e deixándome paralizado. Tentei berrar querendo chamar a atención dos que se atopaban no interior da casa, pero a miña voz, que nunca foi moi jrave senón máis ben todo o contrario, parecía non querer sair do meu interior, coma se se estivese a protexer do ambiente xeado no que o resto de min se atopaba.

 

Desistín no intento, púxenme a catro patas como querendo aforrar enerxías e dirixinme cara o bosque procurando un buraquiño ou un lugar no que poder pasar a noite. Podía sentir como a neve se ía pousando nas miñas extremidades, formando unha especie de juantes que ó millor noutro momento ata me parecería divertido e aceptaría xogar con eles. A cada paso que daba tentaba sen éxito despejarme dos meus novos accesorios xeados e blancos. Se aljén me chejara a ver naquela noite pensaría incluso que sería unha postal de nadal digna de enviar a cada un dos amijos da familia. Pero eles non podían sentir o que eu sentía, non podían excoitar os alaridos do meu interior, que loitaban con todas as suas forzas coas paredes do meu corpo por facerse oir e sentirse así liberados. De súpeto unha sombra xigante pasou rozándome a miña espalda e feríndome con aljo punzante, aljo así coma un navallazo. Deume a impresión de ver a unha criatura jrande coma o mundo, da que nunca na miña vida oira falar, facendo un ruido raro e misterioso que soamente escoitara antes na televisión.

 

Saquei forzas de onde puiden e chejei ó carón dunha árbore de dimensións descoñecidas para min. Atopei un buraco feito na corteza que parecía o suficientemente jrande para darlle cobixo ó meu húmedo e tullido corpo. Recei canto quixen para non ser descuberto pola sombra xigante, xa que se me atopaba non tería nenjunha opción de sair con vida daquel buraco. Sen ainda saber como, ó millor debido ó frío ou ó medo, cain derrotado.

 

Pasado un tempo notei como unhas mans suaves e quentiñas levantábanme no aire e transportábanme cara un vehículo branco, camuflado na paisaxe invernal coa que tanto estaba a sufrir. No transcurso de duas semanas abrín os meus olliños unha soa vez para ver que me atopaba nunha cama no medio dunha habitación pequeniña, con rexas como paredes e unha porta pechada cun candado. Ainda moi debilitado e sen ser consciente de onde me atopaba, deixei caer a miña cabeciña naquela almofada que me estaba a devolver a vida.

 

Pasadas as duas semanas despertoume o ruido do candado que me privaba da liberdade da que fora dono había un mes. Unhas mans, esta vez jrandes, sejidas duns brazos fortes coma robles capaces de esmajar un melón dunha labazada, colléronme cunha delicadeza impropia que me fixo sentir protexido como nunca antes me sentira. Sentín un dedo baixo o meu bico e unha voz que se dirixía a min: "Pero quen foi o fillo de puta que che fixo isto, bonitiño?". Escoitei outra voz que decía: "Por qué non o levamos para casa con nos?".

 Agora atópome no salón da miña nova casa. Teño o corpo quentiño jracias á estufa que puxeron ó carón da miña cama. Tamén cerquiña teño un platiño con leite e un cazo con comida duas veces ó día. E por suposto unha caixiña con area que a miña familia se encarja de limpar cada día. Ademáis puxéronme un colar cun cascabeliño e un carteliño co meu nome: Mico. Aquí non hai charetas coas que quedar apampado, pero tampouco hai escobas que caen no meu lombo ou nenos que a única cousa que saben facer é amarrarme cordas no rabo e rirse de min. Hai cariño e compañía, xusto o que un jatiño lindo coma min necesita para levar unha vida tranquila e feliz.

Chuzame! chuzame -

Comments (3) »

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis