"Xa dende que estaba sentado na mesa tomando o primeiro café do día, o meu corpo intentaba darme sinais de que algo non estaba ben, comse día fora a ser diferente. Procurei non facer moito caso, xa que sabía que o meu corpo equivocárase xa moitas veces no pasado e resultaba ser a miña cachola a que manexaba todo o cotarro facéndome creer e sentir moitas cousas das que non constaba realidade algunha.
Collín o abrigo e abrín a porta da calle. Notábase aínda ese fresco propio da xeada mañanceira, a pesar de ser case as duas da tarde. Acompañada polo fresco apareceu tamén miña nai, ou mellor dito a cara da miña nai. Foi unha sensación ben rara, xa que non me dirixiu palabra algunha, soamente unha fugaz mirada na que puiden observar unha mezcla de alegría e medo que eu, ainda agora no sei porqué, ignorei coma se fose un militante do PP ou un testigo de xehová preparado para contarme as maravillas da sua congregación.
Dirixinme rúa abaixo con intención de comprar o periódico. Polo camiño intentei sen éxito prender un cigarrillo, pero non era quen de facer chisquear o mecheiro. Vin unha figura dirixíndose cara a min rúa arriba. Unha vez ó carón da figura percateime de que era a miña avoa, coa mesma expresión que vira na cara da miña nai media hora antes. Tampouco ela me dirixiu a palabra e nen sequera se parou cando eu lle preguntei se levaba un mecheiro con ela. O peor de todo era que eu non me cuestionaba a situación nen sequera por un pequeno instante. Era todo moi raro.
Cando cheguei á libreria, vin que na cara do señor Ramón tiña a mesma expresión que a miña nai e a miña avoa. Pregunteille tres veces pola edición do Pais, pero non houbo maneira de que me fixera caso algún. Xa un pouco cabreado fun directo ó bar de María, no que tomo o café a diario, e decidín que ía ser alí onde lle botaría unha ollada ó periódico. Ó mesmo tempo que camiñaba cara o bar escoitei un ruido que me recordaba ó zumbar das moscas, pero se cabe máis débil. Ese ruido íbase facendo cada vez máis forte, ata que fun capaz de identificalo: era o ruido que fan os avións.
Dirixín a miña mirada cara o ceo e alí estaba o causante de ese ruido, ou mellor dito causantes. Así, de súpeto, o ceo cubriuse con figuras metálicas en forma de cruceiros que, sen ningún tipo de aviso, comezaron a precipitarse como se fosen follas secas. Eu comecei a dubidar e a mirar ó meu aredor. Todo a xente que alí se atopaba seguía coas suas cousas como se nada raro estivese a pasar alí. Foi peor cando o primeiro páxaro metálico tocou o chan e reventou en mil anacos. Puiden sentir o calor da explosión e os berros da xente. De súpeto todos os demáis avións foron caendo e desfacéndose contra o chan un tras outro, salpicándome sen parar con bolas de lume e trozos de metal fervendo. Ante tal espectáculo era eu o único que estaba nervioso e alterado, xa que a xente seguía ó seu. Sen aviso algún apareceu diante de mín un avión enorme que caía a cámara lenta. Deume tempo a mirar ventanilla por ventanilla e ver centos de caras coa mesma expresión que vira ó sair da casa na cara da miña nai.
Totalmente desorientado comecei a camiñar sen saber moi ben cara onde me dirixía. Detívenme por un instante diante dunha ferretería na que tiñan unha especie de espello no interior. A través do espello puiden ver á xente que pasaba por detrás miña, todos coa mesma expresión na cara, esa mezcla de alegría e medo que me acompañaba dende que saín da casa. O ambiente estaba marcado polo fume dos avións accidentados e con un cheirume a quemado causado polo combustible dos aparatos. Pouco a pouco comecei a verme a min mesmo reflexado no espello: a miña cara, os hombros e o peito, os meus brazos, a cintura e.... nada máis! Non tiña pernas! Non podía ver as miñas extremidades inferiores no espello e, concentrándome no que estaba a ver, tampouco podía sentilas.
Agora comprendía porqué a miña nai non me veu e tampouco a miña avoa, porqué non fun quen de prender lume no meu cigarrillo ou porqué don Ramón non me quixo vender o periódico. Estaba levitando e sen pernas, coma un fantasma: estaba morto"

Mirei o despertador e vin que aínda non eran as duas da madrugada, había excasamente unha hora que comezara a dormir e estaba completamente suado e cunhas ganas de mexar tremendas. Soños coma este téñoos con frecuencia. Se algún día acabo a miña carreira de psicoloxía espero ser capaz de atopar algún tipo de explicación a todo isto, aínda que supoño que o dos avións ten doada explicación.... non son moi amigo destes aparatiños, prefiro máis ben ter o chan cerquiña, por si acaso.
chuzame -