Archive for Politica

18 de Xullo de 1936

pegatina.jpg                                                                                        pegatina.jpg

       Para aljúns habitantes do pais chamado España (noutros tempos unha "grande y libre"), hoxe é un día a celebrar, xa que hai exactamente 71 anos que deu comezo a Guerra Civil española, que ía durar os seus 3 longos anos, e con ela o fin da II República, dando lugar con iso ós anos máis penosos na historia deste pais.

Así pois, naquel día os protagonistas foron os avos dos que hoxe están a criticar o mal que vai o pais dirixido polo incompetente goberno socialista (non din roxos de merda porque ainda lles queda un pouco de educación, pero tempo ó tempo). Tamén estarán de celebración aqueles que, no nome de deus, reclaman o seu dereito e poder para facer o que lles veña en gana e xa de paso ter máis cartos para indemnizar a miles de familias que destrozaron abusando sexualmente dos seus fillos e fillas.

Tamén haberá un pequeno (pero non por iso hai que deixalos olvidados) grupo de persoas que celebren o día de hoxe como o comezo, hai 71 anos, da etapa máis gloriosa do pais, según eles claro. Eses que abren a palma da sua man e alzan o brazo "cara el sol" cantando e añorando ó que foi o seu lider, aquel home de medio metro cheo de odio, que facía o imposible (e máis) por foder (no mal sentido da palabra) á xente que non comuljaba co que el quería impoñer.

Eu son demasiado novo e nacín xusto un ano despois do nacemento da constitución española. Así pois non poido opinar moito sobre a dictadura, pero para iso están os libros. E os libros, e algunha xente que si viviu nesa época, non me contan nada bo sobre esa España "grande y libre", que más ben era pequerrecha e bastante limitada no que a liberdades se refire, ou non se se mira dende o punto de vista do enano cabrón (refírome a Franco, non ó seu parente do bigote que aínda aguantamos nestes días), el era libre para facer o que lle dera a santa gaña.

Polo tanto, hoxe non é un bo día para recordar, xa que España foi atacada e con iso a liberdade das persoas. O pais foi cambiado totalmente, de arriba a abaixo, e ainda hoxe en día estamos a sufrir as consecuencias de ese cambio: clero, monarquía, PP,... Só nos queda manter vivos os recordos (quen os teña) de tempos mellores e a ilusión por un cambio de rumbo, a ilusión de vivir noutro tipo de réxime. A mín dame no peito que eu non vivirei tanto como para velo, non porque non queira senón porque creo que o tema vai para largo.

Saúde e República!

Chuzame! chúzame -

No comment »

Agora choras…

Recordo sempre o refrán que miña avoa soe empregar: "o que non chora, non mama". Isto parece pensar tamén o "señor" Rajoy (si, ese dos "hilitos de plastilina"), que agora dalle por protestar (nada novo en él) e dicir que a Ley Electoral está "caducada y pasada de moda", e todo porque nas últimas eleccións o PP perdeu Galicia e Baleares, aínda sendo a forza política máis votada. Benvido á democracia Mariano! Todos sabemos que perder non justa nadiña, pero ó igual que cando se gaña hai que saber gañar, cando se perde hai que saber perder, e non da-la vara decindo o inxusta que é unha ley, simplemente porque non lle favorece a un mesmo.

Ser o único partido de dereitas dun pais ten unha ventaxa moi grande; a xente de dereitas vaiche dar o seu voto sempre, sen embargo, como hai dous de esquerdas (PSOE e IU), ademáis de que case cada comunidade ten o seu propio partido de esquerdas (BNG, ER, PNV,...) o voto da esquerda está moi pero que moi repartido. Isto é unha gran ventaxa, si señor. Pero tamén ten a sua parte negativa; á hora de pactar para governar... con quen vai pactar o PP se é o único partido na dereita (e cada día máis á dereita, todo hai que dicilo)? Se foran outros tempos pasados, estou seguro que a Santa Sede botaríalles unha man a modo de "por la gracia de dios" e non terían problemas para governar aló donde lles saira dos mismísimos, pero hoxe en día... esa "sagrada" man non é suficiente para eles, entón han de acomodarse ás leis e á democracia, e isto parece que lles está costando demasiado. Busca alternativas, propón aljo diferente, coherente e con un mínimo de sentidiño e para xa de chorar!

 http://www.elpais.com/articulo/espana/Rajoy/propone/reforma/electoral/recuperar/Galicia/Baleares/elpepunac/20070714elpepinac_16/Tes

Chuzame! chúzame -

Comments (2) »

Sego sen entendelo

A verdade e que é duro de roer e de asimilar isto dos sueldos dos políticos. Lendo a edición de hoxe de "El Pais" case me da aljo cando me topei con esta noticia. Ó millor aljún prejúntase: ¿como é que estando en Holanda pode leer este periódico español todos os días?. Bueno, é o bon que ten traballar nunha empresa americana composta por xente de 27 paises diferentes, que cada día temos periódico en 6 ou 7 idiomas diferentes, entre eles o castelán (creo que terei que agardar un pouco a que traijan un periódico galego).

A noticia en cuestión fala dos sueldos dos alcaldes madrileños (que pode ser aplicada tamén ó resto do pais), bueno, non de todos, fala dos máis destacados. Aquí  podedes leer a noticia enteira, pero persoalmente o que máis me chama a atención é que ó parecer existe un "vacío legal" (ou espacio feito a drede) que permite que os alcaldes configuren os seus salarios unha vez acceden ó posto. No artigo vemos que os salarios van dende os 40.000 euros ata os 102.000 (¿¿!!!) por ano. A maioría dos salarios desorbitados son atribuidos ó PP, pero neste caso é o mesmo o partido que sexa, ladrós hainos no PP, no PSOE e ata na Antártida se buscas ben. A cor política importa ben pouco á hora de falar sobre isto, e non resulta curioso que en Madrid a maioría dos "humildes" salarios dos que estamos a falar sexan cobrados por alcaldes do PP, xa que eles gobernan en 116 dos 175 concellos cos que conta a comunidade madrileña (isto si que é increible, ainda che vos hai fachas por ahí endiante!)

Na miña opinión isto é un pouco desfasado, non chego a comprender porque unha persoa cobra semellante cantidade de euros. Entendo que hai traballos nos que a responsabilidade propia da función é maior que noutro tipo de traballos, pero a diferencia de cobrar 12.000 euros ó ano (xeneración mileurista) a cobrar 102.000 .... paréceme abismal. Ó final, a labor desempeñada por un alcalde non é máis importante que a desempeñada por un mestre ou un médico (é máis, eu penso que estas dúas profesións son moito máis importantes para a sociedade), ademáis de ter unha ventaxa que xa nos gostaría a moitos no noso traballo; os alcaldes contan cun equipo detrás que mete medo (inxenieros, arquitectos,... xente preparada vaia) e ó que poden recurrir e botarlle as culpas de todo ante problemas que poidan surxir, limpándose así as mans por completo... iso sí, sen deixar de cobrar.

Se tivésemos outro tipo de réxime democrático  e sen realeza de por medio (eses non son un bó exemplo á hora de falar de salarios... e eses si que non traballan nin pa dios!), ó millor teríamos algunha posibilidade de igualar un pouquiño as cousas e non permitir este tipo de abusos sociais, sen embargo... isto éche o que hai, e ainda que parece haber xente disposta a presentar novas ideas ou reformas... ó final os euros pesan máis que nada neste mundo, e os que están ahí instalados (que ó fin e ó cabo son os que aproban ou non as reformas) non creo que estén pensando en quitarse un céntimo do seu moi "merecido" salario.

Xa sabedes, sede bos.

Chuzame! chúzame -

Comments (4) »

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis