Archive for Politica

O novo Hitler

Despois da fantástica nova que tivemos hai uns días, añadimos unha máis. Á proposta do lider do partido popular referida á creación dun contrato para os extranxeiros que queren traballar en España, temos que sumar unha máis, a creación dun visado por puntos tamén para estas mesmas persoas.

Ó principio pensei que sería algo así coma o carné de conducir por puntos, e a medida que o extranxeiro fora facendo das súas ou deixando as nosas costumes de lado, pois iría perdendo puntos ata quedar en cero e así poder darlle unha boa patada no cu con algunha excusa. Pero polo que leo na noticia, este visado servirá para admitir ou non ós extranxeiros (e que son moitos, macho, e algo hai que facer) dependendo de dous criterios principalmente: 

- O primeiro criterio será o país de orixe da persoa (se é que aínda poderemos calificar ó extranxeiro coma tal), tendo en conta o vínculo histórico deste pais con España (ou preferencias doutro tipo). É dicir, síntocho moito pola xente de Cuba, Bolivia, Venezuela, Brasil, China,... e demáis paises gobernados por roxos de merda. Vosoutros non vos acercaredes a España nin sequera para visitar ós vosos familiares. Supoño tamén que os extranxeiros que veñen dos paises africanos están pois descartados, xa que todos eles (ou a inmensa maioría) son negros, e eses... teñen moi pouco que ver cos españoles, unha raza tan pura e limpa... non hai necesidade algunha de mezclarse con esta xentuza. 

- O segundo criterio será as capacidades do interesado, que terán que adaptarse á economía e ó mercado laboral español. É dicir, os preparados para recoller e limpar a merda dos españoles, para facer as casas dos españoles, as carreteiras e autopistas dos españoles, para servir comidas ós españoles, para carretar ós españoles dun sitio para outro,... Todos aqueles preparados para partirse o lombo por 3 euros á hora e sen rechistar. En España xa hai xefes dabondo. E que non se lles ocurra poñerse enfermos, porque a seguridade social para eles será algo totalmente descoñecido, a ver que español vai emporcarse as mans axudando a un extranxeiro de merda, por suposto que non, ata ahí poderíamos chegar. 

Así pois, todos os extranxeiros que non cumplan estes requisitos, deberán quedarse nos seus paises morrendo de fame, ou ben matarse entre eles, que é moito máis divertido.  Eu penso que tamén deberíamos poñer ó exercito español nas nosas costas, e cada lanchiña desas cheas de negros que asomara a proa, cañonazo limpo e acabouse o conto. Así de paso o exército tería algo de traballo, ademáis de carretar quilos de hachís de norte a sur do pais. 

E coma sempre, un pouco de música para acabar a entrada:

Chuzame! chúzame -

Comments (1) »

Aínda nos queda alegría

Ano 2008, ano de eleccións, de Olimpiadas, de Eurocopa e do meu amijo Juas, por iso do 8 (eu penso que vai a ser o seu ano), da Expo de Zaragoza, de boas intencións, da inflacción, da consolidación do PP na oposición, da decadencia progresiva da Conferencia Episcopal en España,... en fin, ano movido o que se nos presenta.

Tiña pensado escribir unha entrada sobre os obispos, sobre a que teñen liada en España con isto da familia e estas cousas. Ó final decidín que simplemente vou comentalo por encima, porque se me poño a escribir todo o que penso vou acabar dos nervios (peor aínda). Así que unicamente dúas cousiñas ó respeto:

  1. Resúltame extraño que esta xente, precisamente esta panda de fillos de puta, se manifeste para reclamar unha defensa da familia, porque sejún eles, está sendo atacada. Seguen na súa línea de hipocresía, xa que son eles os primeiros, co celibato e esas estupideces, os que non forman familias, os que non se poden casar,... pois amijo, se tan preocupado estás pola familia, fai aljo decente e productivo por defendela. Defender unha opción non significa atacar a tódalas demáis... merda de xente.
  2. Unha mención especial ó obispo de Tenerife, Bernardo Álvarez, que vendo a súa foto xa se intúe a represión sexual que leva encima, pobriño que cara de foder pouco. Este fillo de puta dixo que aljúns menores incitan ó abuso sexual..., claro home, é que a culpa é dos pais que as visten como putas. Se queredes leer a noticia, aquí a deixo.

obispos.jpg

Persoalmente, paréceme difícil de entender que despois de cousas coma estas, manifestacións (na que deixaron caer que a democracia ía desaparecer de seguir así) ou declaracións de pederastas en medios de información públicos, esta xente quede impune, ande libre por ahí coma se non pasara nada. Para mín non che hai moita diferencia entre os fillos de puta de ETA e esta xente, panda de desjraciados: uns matan a tiros e os outros matan con palabras.... pero os dous matan, que é o que conta.

E como digo no título, aínda nos queda alegría... e senón escoitade a canción coa que vos deixo por hoxe. Xa sei que o estilo musical pode non ser do agrado de aljúns, pero non me nejaredes que da moi bon rollo. Pois iso, a pesar de todo... alegría.

Chuzame! chúzame -

Comments (2) »

Jripe e Sinterklaas

Hoxe, 6 de Decembro, estou coa jripe. Debe ser que o meu corpo anda necesitado de virus e cousas desas... ainda así, como son tonto e débome (ou iso penso) ás miñas responsabilidades, fun traballar. E ontes, no traballo, no cal son benquerido (e iso ajradécese moito), tocoume ser o Sinterklaas. Se queredes saber máis sobre este personaxe e o que representa, simplemente facede un click co voso rato enriba do nome e iredes a parar á páxina da wikipedia (que xunto con google e youtube, é o meu deus particular, iso si, ainda non lle rezo) e alí veredes de que vai o asunto.

Pois si, este homiño é unha especie de papa noel en holandés, pero o meu veu dende Xapón e tróuxome catro rejaliños, mirade para ahí que xeneroso!

En España, cando somos nenos,  os maiores soen ameazarnos co home do saco ou "que ven o coco" e disque se eres malo, pero malo dos malos, lévante con eles vai ti a saber onde. Aquí usan ó Sinterklaas este e dinlles ós nenos que os vai levar para España... pois vaia medo que deben ter os nenos (ainda que tal e como están as cousas por alí, eu estaría máis que acolloado)... será por iso que cando medran vanse todos os holandeses de vacacións ó noso pais... e eu que pensaba que era pola festa, os toros, a paella, o sol e a siesta... iluso eu... pois non!, van todos en estampida a ver se hai aljo de verdade nas historias que lles contaban cando eran nenos.

Como dicía, no traballo tocoume facer a labor deste homiño. Iso si, negueime rotundamente a vestirme coma el, que un pode ser sumiso pero non ata este punto.

400px-sinterklaas_2007.jpg

 Tiven que poñer unha especie de pasteliño (cortesía da empresa) en cada unha das duascentas mesas dos meus douscentos compañeiros... en fin, un coñazo... e soportar as bromiñas dos máis jraciosos coa jripe que teño... pois pior ainda, pero menos mal que a telebasura española dalle a un recursos para sair ben parado destas situacións e apostei pola estratexia da Pantoja... si home, esa de "dientes, dientes... que es lo que les jode", total risa máis falsa cunha peseta e tira pa diante co carriño dos pasteliños.

Cambiando de tema un pouco, contarvos que hoxe recibin unha proposta do manager do departamento de Control e Calidade para traballar con eles. Díxome que sabía que eun non tiña experiencia, pero que me quere pola miña boa disposición para aprender, polo meu alto grado de responsabilidade e pola miña seriedade no traballo.. ahí queda iso. Ainda no sei se aceptarei o cambio ou non, pero os piropos sentáronme de maravilla e non sei se será por isto ou pola jripe do carallo pero síntome coma flotando nunha nube. Xa vos manterei informados.

E para rematar por hoxe, un último apunte...

Cada día aléjrome máis de non vivir en España. Paréceme verjonzoso o que pasou o outro día na manifestación que se fixo en Madrid en contra?? de ETA. Eu xa non sei onde carallo vamos a parar, pero isto de facer manifestacións, supostamente para condear o asasinato de duas persoas (guardias civiís, políticos, mariñeiros ou sexadores de polos), e aproveitalas para insultarse uns ós outros (fachas e progres todos ó mesmo tempo e no mesmo saco) paréceme xa o último. Ás veces dame a sensación de que a aljúns non lles apetece que o terrorista deixe de matar, xa que así teñen unha razón máis para berrar aquilo de "socialistas terroristas"... istso de ser fan de mandar á xente ó paredón, asiduo visitante á misa matinal dos dominjos e ointe incondicional dos sermóns que ese tal Federico escupe cada mañá na radio non che debe ser nada bon para a saúde individual, e moito menos para a saúde da sociedade en xeral, xa que parece ser é contaxioso... eu por si acaso ficarei aquí en Holanda unha temporadiña máis.

Chuzame! chúzame -

Comments (4) »

Volvendo á escola

Calquera persoa (humana) con dous dedos de frente sabía que isto ía acabar pasando. Asistimos, con moita incredulidade, a unha reunión de nenos maiores de cuarenta anos. Dijo nenos non pola idade, iso está claro, senón polo seu comportamento. O normal é que cando unha persoa cheja á idade adulta (uns antes ca outros), o neno que todos levamos dentro pase a un sejundo plano, desaparecendo tempadas larjas e aparecendo soamente en momentos específicos, como cando un está a disfrutar "de lo lindo" ou xojando con aljo non propio da sua idade... "é coma un neno" di o adulto de turno. Para estes casos é moi necesario espertar a nosa parte infantil e deixala, por uns intres, guiar o noso comportamento.

Pero claro, se é esta parte infantil a que predomina no comportamento dun adulto pois xa se sabe, mal vamos. Caprichos como "pues ahora ya no quiero más judíos en el mundo, los voy a matar a todos", pataletas tales que "yo tenía que haber ganado las elecciones y no tú (despois de tres anos e pico)" ou delirios tipo "la culpa es siempre tuya, tu siempre mientes, yo nunca" non fan máis que demostrar que os dirixentes políticos, xefes de estado, empresarios importantes,... non se poden permitir o luxo de sacar a pasear ó neno que levan dentro cando lles saia do carallo, e moito menos nun acto público no que están a "representar" a milleiros de cidadáns.

Eu póñome na pel de Zapatero (ainda que non me chista moito) e sinto moita pena e vergoña. Ahí é onde vemos o importante papel que cumpren os mestres nesta sociedade, cando se poñen entre dous nenos e tentan parar a trifulca dunha forma razoable. A Zapatero tocoulle ser o mestre, diande de dous alumnos moi rebeldes (cada un á sua maneira) e tentou calmar os ánimos como mellor sabe el... con talante. E ainda encima chóvenlle hostias por parte do mesmo de sempre, que ó mesmo tempo que bota merda enriba do presidente ajradece ó rey a sua actitude.

Ante esta barbaridade eu prejúntome: ¿como podes defender a aljén que se dirixe a outra persoa mandándoa calar a boca?, é que lle faltou a puntilla de "cojones ya!", tan "tipical spanish". Juan Carlos sacou o neno que leva dentro no momento menos indicado, ese neno que se enfurruña porque non escoita o que quere oir... ¿e este é o xefe de estado que necesita España, o que non ten outro recurso que mandar calar a aljén e abandoar a sala porque non lle justa o que oe? ..... dixera o outro "manda huevos!".

E para máis carallo queixámonos lojo de que no extranxeiro vexan ó español como un ser humán chulo e prepotente (diso poido dar moi boa fe)... pois nada, a sejir nese ritmo, non vaia a ser que nos identifiquen co carácter de Zapatero... xa sabemos que o respeto e a educación fan parecer a un máis tonto do que é, por se xa non fósemos dabondo.

Muy bien Juan Carlos, muy bien!

Chuzame! chúzame -

Comments (6) »

Ata os mismísimos collós!!

Así de claro o dijo. Normalmente, e por educación, son unha persona tranquila que non utiliza o insulto ou as malas formas como medio de expresión. Incluso ó comezar este blog pido boas palabras e respeto ante todo. Pero é que cheja un momento que un pensa que aljén estase a rir de moita xente e o que é peor, de xente que xa non pode responder por si mesma.

Hoxe, 31 de Outubro de 2007, deuse a coñecer a sentencia do tribunal, presidido por Javier Gómez Bermúdez, con respecto ós atentados terroristas acontecidos en Madrid no día 11 de Marzo de 2004. Non vou entrar en valorar dita sentencia (leer dende a páxina 715 para ver a sentencia para cada acusado), xa que iso creo que lle corresponde ós profesionais que levaron a cabo o xuízo. Haberá xente que pense que é excesiva, e habera outra xente (a maior parte, supoño eu) que pensará que a sentencia quédase corta. Eu non sei que pensar exactamente porque o que sei eu sobre dereito non vale nen para distinguir entre falta e delito. Dende logo, a mín gostaríame que todos os declarados responsables (xa sexa de forma directa ou indirecta) do atentado non volveran a ver a luz do sol no que lles queda de vida, pero como xa dixen, non son eu o que decide ese tipo de cousas. Para iso xa está o grupo de profesionais que, dunha forma atinada ou equivocada, dicta sentencia despois de estudiar tódalas probas posibles e tódalas hipótesis presentadas. Incluso perderon o tempo estudiando a dichosa "teoría de la conspiración", que foi secundada dende un principio polo PP, a Asociación de Victimas do Terrorismo e a COPE, entre outros. Pero isto foi ata o pasado luns, cando persoas de peso dos grupos nomeados anteriormente comezaron a desmarcarse decindo que nunca apoiaron dita teoría.

E aquí comeza o meu cabreo. Porque unha cousa é estar de acordo ou non con diferentes procesos, teorías, estudios, ideoloxías,... incluso discrepar a viva voz a cerca de leis ou comportamentos, e outra cousa diferente é dicir un día unha cousa convencido 100% e ó día seguinte negala e baixarse do carro. Isto é unha cualidade característica do principal partido (Puto Partido) da oposición en España: a falsedade. E xa non falamos de que tratan de convencer a posibles votantes, ou de que o asunto vaia coa sua ideoloxía, tratando de ser fieles a si mesmos. Estamos a falar dunha patoloxía da que un día vimos unha comedia titulada "Mentiroso compulsivo", coa que aljúns ríronse sen parar, pero que hoxe en día deixou de ser unha comedia para convertirse en rasgo principal destas persoas, que son reais, de carne e oso (e serrín en vez de neuronas, xa dito sea de paso).

Non se pode permitir isto. E estes cabrós son tan pillos e tan fillos de puta que utilizan todas as artimañas posibles para que naide poida ir en contra deles en caso de que o que din non sexa certo (é dicir, sempre), coñecen moi ben donde está o límite xudicial. Case sempre déixanas caer coma quen non quere a cousa, non dan nomes ou situacións concretas, pero amañan todo para que naide, absolutamente naide, deixe de entender o que queren dicir. E claro, incluso agora, que hai probas de audio e de vídeo (dende o mesmo 11-M) de que esta xente apoiou a teoría de que ETA tiña aljo (ou moito) que ver cos atentados, estes cabrós  din que nunca apoiaron tal teoría... sejirán ó seu, e ainda encima teñen os collós de decir que a sentencia non é xusta.

Pero ata que punto estamos chejando, que aljén pode decir o que lle dea a santa jana provocando un barullo da ostia e enfrentando á xente, simplemente por levarlle a contraria a aljén?? Esta xente xa perdeu o norte hai tempo, xa lles importa unha merda a quen insultan ou a quen molestan, incluso se hai que faltarlle ó respeto ás víctimas de atentados terroristas, pois faise e punto.

Lendo en foros de internet (son consciente de que perdo o tempo, porque ahí soamente se pode leer merda, ainda encima repetida constantemente) como "libertad digital", vemos como aljunha xente (se é que podemos calificar como tal a estas criaturas), alentada por reaccionarios fascistas pertencentes ós grupos nomeados máis arriba nesta entrada, teñen os collós de calificar ó presidente do goberno como traidor e asasino. ¿Pero ata onde carallo vamos a chejar?, porque isto xa non é liberdade de expresión, isto é un ataque sen precedentes á ¿¿democracia?? existente no país. Se deixamos o respeto na casa unha vez que saímos pola porta... ¿que nos queda?.

Agora ó pampón dos collós dalle por soltar a tontería de turno, decindo que non da por cerrada a investijación porque o autor intelectual non foi sentenciado. Pois a ver se te enteras, Marianico (el corto), de que o autor intelectual, o chamado "El Egipcio", pode ser unicamente culpable de pertencer a banda terrorista, porque non hai probas para máis (ainda que todos sabemos que é moi probable que non sexa simplemente un simpatizante máis do terrorismo islámico), e xa foi condeado por iso mesmo en Italia, así que xa non pode ser condeado polo mismo outra vez, paiaso!!!

Non sei vosoutros, pero eu xa estou ata os collós desta xente, das suas mentiras, das suas hipocresías e do seu cinismo, da falta de humanidade e do fedor que desprenden cada vez que abren a boca, da falta de respeto que teñen por todo (xa nin entre eles se respetan) e dos seus escudeiros... de sínCOPE e de pena.

Ala, eu xa me quedo un pouco máis relaxado, perdoade porque esta non é a miña línea habitual, simplemente é o meu espacio.... e se hai xente que ten collós a decir "Zapatero al paredón" ou cousas parecidas en medios de información... ¿por qué eu non poido decir o que realmente penso nun espacio que é meu?. Xa non me vou excusar máis...

Dereita reaccionaria e franquista (Puto Partido, sinCOPE e demáis...), utilizando o mesmo respeto que vosoutros tedes polos demáis, eu dijovos VADE TOMAR POLO CU E DEIXADE DE FODER Á XENTE!!!

Chuzame! chúzame -

Comments (4) »

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis