Archive for Música

O manco de Amsterdam

Pois iso, como vos comentaba na entrada anterior, a miña man esquerda está en folga e pasado mañá vou ó neurólogo (porque din que teño un nervio por ahí escarallado) para ver cal é exactamente a razón desa folga. É por iso que non escribo demasiado nesta entrada e póñovos dúas cousiñas interesantes:

A primeira é unha cousa que sempre me chamou a atención. Máis ou menos sempre tiven claro que en películas como Braveheart, Salvad al soldado Ryan, Troya,... e todas esas, onde soen sair feixes e jabelas de xente matándose entre eles, utilizaban truquiños para poñer 50.000 persoas aínda que en realidade usaban así como 50 actores ou extras. Pois ben, atopei un vídeo no que explican o método que utilizan os "peliculeros" para lograr estes efectos, ahí vos vai.

A segunda cousa é musical. O artista chámase Marco Borsato (o mesmo que cantaba a canción aquela con Lucy Silvas) e a canción "Rood" (que significa vermello en holandés). Este é unha especie de dios musical aquí en Holanda. O concerto que vedes no vídeo é unha clara proba diso, xa que o recinto ten capacidade para 35.000 persoas e el deu 5 concertos nunha semana, enchendo o lugar en cada un deles. Tamén a posta en escea é espectacular, e a banda de música inmellorable, do milloriño. Ó ser en directo, alargaron a canción un pouquiño, así que tede un pouco de paciencia.... a ver se vos gusta.

Espero que a próxima vez que vaia por Galicia non me vexades aparecer cunha coma estas... aínda que ben pensado, as collejas que podedes lamber poden ser de película.

 

 

 

 

Bicos a feixes! 

Chuzame! chuzame -

No comment »

Para ter sempre en conta

 Un clásico de Extremo Duro, para non esquecer nunca.

E outra que nos trae bos recordos, do concerto que deron en Cedeira hai así como 4 anos?? non me recordo ben, pero unha festa pagana sempre é benvida.

Chuzame! chuzame -

No comment »

Aínda nos queda alegría

Ano 2008, ano de eleccións, de Olimpiadas, de Eurocopa e do meu amijo Juas, por iso do 8 (eu penso que vai a ser o seu ano), da Expo de Zaragoza, de boas intencións, da inflacción, da consolidación do PP na oposición, da decadencia progresiva da Conferencia Episcopal en España,... en fin, ano movido o que se nos presenta.

Tiña pensado escribir unha entrada sobre os obispos, sobre a que teñen liada en España con isto da familia e estas cousas. Ó final decidín que simplemente vou comentalo por encima, porque se me poño a escribir todo o que penso vou acabar dos nervios (peor aínda). Así que unicamente dúas cousiñas ó respeto:

  1. Resúltame extraño que esta xente, precisamente esta panda de fillos de puta, se manifeste para reclamar unha defensa da familia, porque sejún eles, está sendo atacada. Seguen na súa línea de hipocresía, xa que son eles os primeiros, co celibato e esas estupideces, os que non forman familias, os que non se poden casar,... pois amijo, se tan preocupado estás pola familia, fai aljo decente e productivo por defendela. Defender unha opción non significa atacar a tódalas demáis... merda de xente.
  2. Unha mención especial ó obispo de Tenerife, Bernardo Álvarez, que vendo a súa foto xa se intúe a represión sexual que leva encima, pobriño que cara de foder pouco. Este fillo de puta dixo que aljúns menores incitan ó abuso sexual..., claro home, é que a culpa é dos pais que as visten como putas. Se queredes leer a noticia, aquí a deixo.

obispos.jpg

Persoalmente, paréceme difícil de entender que despois de cousas coma estas, manifestacións (na que deixaron caer que a democracia ía desaparecer de seguir así) ou declaracións de pederastas en medios de información públicos, esta xente quede impune, ande libre por ahí coma se non pasara nada. Para mín non che hai moita diferencia entre os fillos de puta de ETA e esta xente, panda de desjraciados: uns matan a tiros e os outros matan con palabras.... pero os dous matan, que é o que conta.

E como digo no título, aínda nos queda alegría... e senón escoitade a canción coa que vos deixo por hoxe. Xa sei que o estilo musical pode non ser do agrado de aljúns, pero non me nejaredes que da moi bon rollo. Pois iso, a pesar de todo... alegría.

Chuzame! chuzame -

Comments (2) »

Outro musical

Non sei se xa o conhecedes ou non, pero aqui vai un fragmento do musical Chess (Xadrez para aqueles que din eu-non-tenho-nen-pajolera-do-injles):

Nin que decir tenho que se che justa a musica e o xadrez non podes perderte esta obra, boisima se me pides a minha opinion. Asi para que te fajas unha pequena idea do que na obra se representa, deixovos un pequeninho resumo da mesma:

Trata a complicada historia dun triangulo amoroso entre dous xogadores de xadrez e unha mullerinha, que esta liada cun deles pero cae enamorada do outro, e ainda que os persoaxes non foron creados coa intencion de representar persoas reais, corre o rumor (bastante fiable, por certo) de que os xogadores aqui representados correspondense con Viktor Korchnoi e Bobby Fischer, nada mais e nada menos.

Nota: o video que puxen esta en injles, non sei se habera aljunha version en castelan, pero como se a houbera... eu sejiria apostando pola version orixinal (as putas doblaxes non fan mas que joder a pelicula ou o video).

Chuzame! chuzame -

No comment »

Música de todo tipo

A min é que me da o mesmo que unha "jebichada" que un musical do máis triste e dramático. Jústame todo tipo de música, menos a copla e o flamenco (iso da Isabel Pantoja e todas as suas amijiñas como que me tira un pouquiño para atrás, recórdanme demasiado a esa españa profunda e cañí que lle din aljúns), e para mostra o seguinte:

Na miña opinión, a millor canción de rock española de tódolos tempos, a partir do minuto 3.26.... en fin, iso é tocar a jitarra e o resto de jitarristas son simplemente aprendices

E no outro extremo, o último musical que fun a ver aquí en Amsterdam, esta é a versión injlesa. Xa vos justaría a moitos brincar como brincan os nachos estos, eu quedeime bastante abraiado, porque ó mesmo tempo que dan esos chimpos cantan!! Se lle tedes un poco de cariño ás vosas ingles, non o intentedes na casa

Sede bos!!

Chuzame! chuzame -

Comments (2) »

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis