Os 10 mandamentos do bon traballador
Success is a choice: ten steps to overachieving in business and life
- Build self steam
- Set demanding goals
- Always be positive
- Establish good habits
- Master the art of communication
- Learn from role models
- Thrive on pressure
- Be feriociously persistent
- Learn from adversity
- Survive success
Non, non vos asustedes que isto por ahora segue a ser en galego (ou aljo que se lle parece moito). O que podedes leer en inglés un pouco máis arriba é o que está escrito nun feixe de cuadros repartidos por tódalas oficinas da empresa na que traballo. Para que despois digamos que nas empresas non poñen nada fácil iso de ter éxito, simplemente hai que seguir estes mandamentos. De seguido, para todos aqueles que non entenden o texto en inglés, tradúzcoo ó galego e xa de paso expoño a opinión que teño de cada punto, que non é moi lonxana do que en realidade pasa, ou polo menos pasa na miña empresa (en cursiva a traducción literal e en negriña a miña traducción persoal):
- Construe autoestima - Son o millor ben o sabe dios!: se queres ter éxito no teu traballo non che queda outra que ser o "sabelotodo" da empresa. Este especimen soe estar a todo e non te preocupes porque nunca, nunca che pedirá axuda ou consello, bástase él soiño.
- Crea as tuas propias metas - Ser director como mínimo!: e é que non te podes conformar con menos. ¿Quen quere aspirar a secretario/a podendo ser director/a? De ahí que as baixas por depresión estanse a multiplicar por 10 nos últimos anos; director só pode ser un, amigos, ós demáis tócanos trajar, así que canto antes o asimiles, moito millor e menos disjustos.
- Ser sempre positivo - Di a todo que si! : Xa sabes, de rodillas, a catro patas, tumbado boca arriba ou boca abaixo, pero sempre positivo. Ainda que teñas que limpar a merda dos demáis, ou trajar con tódalas broncas,... positivismo ó canto! Non terás problema ningún, iso si, procura non facer o mesmo na tua vida ou acabarás de monxe ou suicidándote, que para o caso ben sendo o mesmo.
- Establece boas costumes - Tomar 8 cafés e fumar moito! : un café por hora é obligación, e con cada café 2 cigarrillos, así de cada hora terás 15 minutos de descanso, é unha das mellores costumes que podes adoptar. Sempre estarás ocupado facendo algo, e non é ningunha mentira. Estos son os que máis abundan.
- Manexa o arte da comunicación - Non deixes de falar! : aínda que sexa coas paredes. Fala con todo aquel que se mova ou que teña forma de persoa humana e non olvides criticar a diestro e siniestro, é esencial se queres sobrevivir e chejar a ser aljo. Non dudes en pisar ós demáis, iso si, ten que ir acompañado dos mandamentos 1 e 4 para que vaia todo como un quere.
- Toma exemplos e aprende deles - Péjate ó cu do teu xefe! : isto é moi importante se queres chegar ó éxito. Sempre atento ó que faja, como se foses un defensa e o teu entrenador diche que non te despejes de Ronaldinho nin para cajar (con sorte o teu xefe non terá esa dentadura e non correrás tanto perigo). Xa sabes, sempre ó seu carón, combinando este mandamento co número 3. Xa de paso compra unhas rodilleras e coderas, ás veces ves a aljúns cos codos ou as rodillas destrozadas... que vos pensades que é de facer deporte?, ja!
- Prospera ante a presión - Pasa a pelota ó do lado! : ante calquer problema ou posibilidade de problema, corre!! E o que che pille máis cerca, ese é o culpable, sempre! Aínda que estés jrabado nunha cámara de seguridade, sempre haberá aljén a quen botarlle a culpa.
- Sé "ferozmente" persistente - Máis pesado que un drojadicto pedíndoche cartos! : pois iso, os que teñen antecedentes de "yonki" ou aljo parecido téñeno bastante doado. Insiste en sabelo todo, no teu obxetivo, en poñerte de rodillas ou a catro patas, en tomar cafés e fumar ambute, en falar e despotricar, en convertirte en sombra do teu xefe, en botarlle a culpa ós demáis,... Este é o mandamento máis importante, se o segues sen descanso terás o que buscas.
- Aprende da adversidade - Cando vexas as barbas do teu veciño pelar... : pon as túas a remollar! ou senón, coma no mandamento 7, corre!! Isto ven a ser algo así coma desaparecer do mapa cando algo non vai ben, é o único momento no que te terás que despejar do jefe, sé avispado ou serás o blanco das suas iras e todo o teu esforzo será en vano.
- Sobrevive ó éxito - Vai de "guay" : se o consegues, terás que ser como un máis na empresa, ser "colega" dos traballadores, fumar con eles de vez en cando, que non vexan que te crees mellor que eles,... se non estarás só ante o perigo, e de ahí a que veña o seguinte avispado a quitarche o posto... nun abrir e cerrar de ollos!
Se aínda pensas que tendo as mellores notas, teno o mellor currículum e sendo o que mellor resultados obtén na tua empresa chegarás a algo... ánimo, só che quedan como 30 anos de duro traballo e un ano despois de que che dan o posto, a retirarse tocan! Se queres conseguilo máis rápido, segue os 10 mandamentos do bon traballador e ahí estarás ti.
Na miña empresa hai un rapaz de 26 anos que xa é "manager" do departamento técnico, iso si, as rodillas e os codos non lle valen pa ver, ten os pulmós negrísimos e a lingua marrón de tanto café e ódiao todo o mundo. Curiosamente foi el o que me aconsellou seguir os pasos do cuadro este en cuestión (10 mandamentos), e curiosamente eu, estou pejado ó seu cu!!!
Jejeje, é broma! Eu son deses que, aínda tendo duas vidas, nunca chejará a ser xefe ou director. Como moito tocarame a lotería e deixarei de traballar, pero eses mamoneos de xefes e historias raras.... iso para quen o queira, a min pájame e deixame vivir en paz ou como dixera aquela, á que un día tacharon de estreita, "no tengo el coño para pollas de 20 centímetros!".
Sede bos!!
chúzame - 

