Archive for Humor

Maldito zodíaco

"Un cáncer puede ser desde tímido y aburrido hasta brillante y famoso"

 Pois dijo eu que malo será que ninguén se sinta representado entre o inmenso abanico de adxetivos calificativos enmarcados entre os citados nesta fantástica frase. Eu son cáncer e persoalmente non me interesa para nada o tema dos horóscopos e os signos zodiacais, os seus cruces de compatibilidades, a relació nentre a posición da lúa ou de Marte e o estado de ánimo, ou se un canjrexo se leva mellor cun carneiro, cun peixe ou cunha balanza.... (?????)

Pero, con todo o meu respeto, sinto unha curiosidade enorme polas persoas que basan as súas relacións persoais, a súa interacción co resto da sociedade na astroloxía. Se algúns creen en deus e compórtanse en base ó dictado pola igrexa, por exemplo, pois por que outros non poden face-lo mesmo en base ós astros? Unha opción máis.

A min cóstame un pouco imaxinarme o meu estado de ánimo dependendo da posición da lúa, ou se Marte interfire con Xúpiter provocando un tsunami de negativismo na miña existencia, porque Xúpiter sería para min o que o poder é para a igrexa, é dicir o que lle da sentido á miña vida.

O que si xa me parece de coña é que te rexeiten debido ó teu signo zodiacal, xa non cheja que te discriminen por maricón, por nejro, por chino, ou por jordo, agora hasta por nacer nunha fecha que ti nin sequera escolliches. Explícome. Ás veces dame por coñecer xente por internet e chatear un pouco. O 90% das veces non pasa do puro xogo que é o chatear, protexido por unha pantalla e un teclado (moi típico en persoas inseguras ou acomplexadas, que despois á hora da verdade cájanse pola pata pa'baixo). Pero o 10% restante son xente que merece a pena coñecer, ben sexa para tomar un café, para dar un paseo ou para botar un polvo, falando claro. Hai uns días topeime cunha destas persoas que merecen a pena, ou iso parecía. "Falamos" durante uns días, un par de semáns tal vez. Ó final ata tíñamos amañada unha "media-cita" (media-cita é cando non está claro o obxetivo da mesma) para tomar un café e a ver o que pasaba. Pero xusto o día antes, mentras discutíamos o lugar do encontro, soltoume a prejuntiña de marras:

- E ti de que signo eres?

- Pois Cáncer, do 29 de Xuño.

- Mmmmm... Cáncer con descendente Xéminis. Mal asunto.

- (Ahí xa me acojonou) Que queres dicir?

- Pois que non me convence moito iso. Eu son Capricornio e iso quere dicir que teu signo causaría un choque astral que podería danar a miña estabilidade emocional.

- Pero eu teño amijos Capricornio e non temos problema ninjún!

- Xa, pero cos teus amijos non tes relación sexuais, non si?

- Home, non con todos pero con aljunhos si.

- É o mesmo, non podemos coñecernos en persoa. Eu busco aljún Capricornio, Aries ou Virgo, que son os compatibles conmijo.

- E total pa botar un polvo.....? (Aquí fun un pouco brutiño, ben o sei, pero as cousas clariñas, carallo)

Aquí empezou unha discusión estúpida (como todas as levadas a cabo en internet) sobre sexo, astros, ratas, cabras e coellos (que por certo, no horóscopo chino son un coello... xa mo parecía a min!) que non vou reproducir aquí porque aínda teño un pouco de vergoña... por moi pouca que sexa.

Por certo, según algunha páxina sobre este tema (non me parei moito a buscar, a verdade, foi a primeira que atopei), eu, como Cáncer, levaríame estupendamente cos Acuario, Piscis, Tauro, Virgo e o mesmo Cáncer... así que xa sabedes....  ;-)

Hai xente que se aburre moito, mellor lle era coller un libro e intentar leelo.

Chuzame! chuzame -

Comments (5) »

De honestos e demáis

 
Pensemos, por un intre, que a comunicación verbal (ou escrita) de persoas e grupos estivera marcada, principalmente, pola honestidade. É dicir, que todo o mundo dixera o que realmente pensa.... difícil, eh? Bueno, eu conseguín que algúns persoaxes do panorama mundial me prestaran cinco minutiños do seu preciado tempo e fosen honestos no meu blog. E isto foi o que me soltaron sen cortarse un pelo:

- A miña nai: "Neniño, eu quérote moito, pero tes que saber que non eres o máis juapo do mundo."

- O pai dun amijo meu: "Oes, que dijo eu que xa lle vai sendo hora de facer a súa vida, cajondios con 35 anos e aínda sen casar, na casa metido e jodéndonos a vida sexual á súa nai e máis a min."

- Os pais de Madeleine: "Si, matámola nos mesmos, pero a culpa foi toda súa. A moi desjraciada facíanos a vida imposible: todo o santo día coa Play Station ás envoltas e aínda encima non quería comer as lentexas."

- Unha top-model calquera: "Cada vez que veo esos negritos muertos de hambre por la tele me echo a llorar como una loca. ¿Como hacen para estar tan delgaditos? Que envidia me dan!! Es por eso que invierto en ONG's desas, a ver si así descubro su secreto, jopé!"

- Bill Clinton: "Con Mónica Lewinski paseimo de puta madre. A miña muller facíame dano cos dentes! Eu non sei como carallo se presenta a presidenta do pais se nen sequera saber facer unha boa mamada"

- Pedro Zerolo: "Eu quero ser presidente do Goberno. O país ten que ser dirixido por un maricón e facer de Chueca a sede central. Os heterosexuais, eses dexenerados, non se poderían casar, e so poderían facer un fillo. Despois do primeiro fillo, e se é aborto tamén conta, basectomía que te criou, que con isto non se xoja, que xa somos moitos, carallo! E sería obrigado, por suposto, ter malformacións nas muñecas e dúas vértebras de máis para poder así ter un estilo definido á hora de camiñar."

- Rajoy: "Bueno, a verdade é que me casei porque se non o facía Don Manolo botábame do partido, ou o que sería pior, poñíame a facer fotocopias e cafés. Pero aínda teño os meus contactos, ben pajados para que non se vaian da lenjua... a lenjua mellor que a poñan noutro sitio que sei eu... ai que se me hace el coño pepsicola con sólo pensarlo, jijiji!"

- Aznar: "Impórtame unha merda canta xente está morrendo en Iraq pola nosa culpa... se son moros de merda!! ¿A quen lle importan os moros?. O importante é que eu chejei a ter os meus pes sobre a mesma mesa que Bush e Blair. Xa ves, un merdas coma min de Valladolid codeándose cos xefes xefazos do mundo mundial. Penso que eu merezco o premio Nobel, un Oscar, un Goya e tamén o premio Planeta.... faltaría máis!"

- Un cura calquera: "Mecajondios e en tódolos santos. ¿Pero ti pensas que me creo toda esa merda do señor todopoderoso? Se estou aquí é porque cobras sen traballar, todo o mundo che fai as cousas e poder facer o que che saia do carallo. Aínda que ultimamente hai moita xente que se está dando conta do noso engano e xa estou vendo que nos van a joder o chirinjito. Xa me dirás ti a min que mal lles facemos..."

- O teu compañeiro/a sexual: "¿Pero como que é a primeira vez que che pasa? Home non me fodas!! ¿E para isto me perdo eu o partido do Madrí?"

Chuzame! chuzame -

Comments (3) »

De bares, tabernas e tascas varias

Como ben sabedes os que me coñecedes, sempre fun unha persoa curiosa (que non é o mesmo que cotilla, por moito que insistedes) e sempre me chamou a atención o comportamento da xente. A cada sitio que vou ou en cada un dos diferentes ámbitos da miña vida diaria que me atopo, quédome sempre apampando co comportamento dos que me reodean, o que me trae algún que outro problema de vez en cando, xa sexa porque non entendo dito comportamento ou ben porque non estou dacordo co mesmo. Ás veces gostaríame pasar de todo, ir ó meu e que fodan ó resto do mundo, como fan algúns... seguro que non me comería tanto a cachola. Pero o caso é que sonceh así e non hai nada que facerlle.

Debido a que apampo ata coa mosca que arrisca a súa vida camiñando polo borde da miña taza de café (que xa me diredes que chiste lle ten á pobriña arriesgarse desa maneira), xa hai tempo que me veño fixando na clientela dos bares e tabernas, ata chegar á conclusión de que existe unha fauna (e a veces flora, dependendo do número de duchas que tomen ó mes os persoaxes que por estes lares pululan) común cun patrón común (o que eu aquí plantexo, dende o meu punto de vista, claro) que caracteriza o comportamento da xente dentro destes locais:

  •  O que ten presa: entra, toma un café (lévalle dous minutos contados) e vaise. Os demáis nin se enteran da súa presencia. Soamente eu, que estou ahí para estudialo, e a camareira, porque é a que pon o café, nos percatamos da aparición e desaparición deste individuo.
  • O autónomo: este normalmente aparece coa roupa de traballo (maiormente o buzo azul do taller), para dar a entender que, aínda que ande de bar en bar, está traballando. Soen ser os máis serios, os máis cansados porque teñen "moito choio"... pero aínda así tíranse media mañá de bar en bar.
  • O xubilado: é case o mesmo que o que ten presa, coa diferencia que cando se xuntan máis de un, cartas ou dominó de por medio, ármana boa. Se lle tes aprecio á túa dignidade, mantente a lo menos 3 metros lonxe deles. Ó seu lado ti non sabes unha merda... "ti que vas saber, oh!, deixa falar ós vellos que son os que máis saben" é a súa frase favorita.
  • O facha no armario: a súa frase favorita é "eu non son nin de uns nin de outros... pero isto con Franco non pasaba!"
  • O facha fora do armario: non se lle escoita outra cousa que cousas tipo "maricós, puas, nejros, roxos... a eses había que matalos a todos!" (verídico). Tamén soen sair da súa boquiña cousas como "víchedes iso do tornado en Texas?... cajondios, sejuro que é cousa do Zapatero, que che ten moi mala hostia o nacho ese!"
  • O "non sabe, non contesta": tímido en apariencia, soe acoplarse nunha esquina da barra. Pide, paga, bebe, mira a televisión, escoita as trifulcas, ríese,... pero non di nin pío. Parece que asumiu moi ben o refrán que as nais soen dicir sempre... "caladiño estás máis juapo!". Son os que dan máis medo, a saber o que pasa por esas cabeciñas.
  • O importante: normalmente un arquitecto, armador, membro do goberno,... Entra sempre coa cabeza ben alta, unha man no bolsillo do pantalón e na outra as chaves do coche (case sempre un mercedes, bmw,... cunha sinal ben grande coa marca do coche colgando das chaves). Apoiado na barra, soe esperar así coma 20 segundos a que alguén o invite a algo, por algo é o importante. Se isto non pasa, será el mesmo o que se arrime a alguén e diga aquilo de... "que oh, tomámoslle algo?"
  • A rémora do importante: estará sempre atento á entrada do importante no bar, para acercarse a el e pagarlle algo. Se se despista por algún motivo, será o importante mesmo o que lle vaia dar no hombro coa palma da man, recibindo a típica resposta da rémora... "home! estás ahí?, veña, que hoxe pago eu" coma sempre, vaia.
  • O ambidiestro: este persoaxe é caracterizado polo número de palabras referintes ó sexo que saen pola súa boca (diría que 9 de cada 10), e non hai moza que saia do bar sen escoitar algúns dos seus "piropos" tipo... "ai nena, quen tivera a túa idade!"... aínda que ó final, é o típico que tanto lle da almexa como mexillón, en tempos de guerra, todo buraco é bon! (típica excusa usada polos maiores para así identificarse como bisexuales, pero sen dicilo... xa se sabe, ós maricós son enfermos...).
  • O machista: o típico que se sinte o centro de atención aínda sen selo. Por semana soe estar el so, pero no fin de semán é moi probable que o atopes acompañado da súa muller soltando aquilo de... "home!, á muller hai que sacala da casa de vez en cando!"... e a pampona ríelle a gracia aínda encima... en fin...
  • O "supernany": bota o día no bar cos cativos. Iso si, se alguén lle pregunta que como vai todo, el contesta: "ben oh, dando un paseo cos cativos, que tomen un pouco o aire". Da barra ó billar, pasando pola máquina de tabaco e volta á barra, ese é o fantástico paseo dos cativos.... moito millor que ir á praia ou xogar á pelota, onde vai a parar!!!
  • As maruxas: grupiños de mulleres que, ben cedo pola mañá e aproveitando que deixaron ós cativos na escola, adican o tempo que pasan tomando o café a despotricar e criticar a todo dios. Incluso aínda que ti te atopes na mesa do lado (isto tamén é verídico).
  • O cotilla curioso: ou sexa, eu, e moitos máis coma min que non se atreven a aceptalo (non é tan mala a cousa, oh, que cotillas, ó final, sómosche todos, canto antes o asimiles millor para ti)

Se crees que me olvido dalgún especimen pertencente a esta fauna "tabernil", non dudes en correxirme!

Déixovos con esta canción que tamén me da moi bon rollo, da cal descubrín o nome do grupo e o título da canción gracias ó meu amigo Tono

Chuzame! chuzame -

Comments (3) »

Kill that bitch!!

 Non sei se aljén se acordará xa de este programa catalogado por moitos como "basura". Non lles faltaba razón a eses que daban esta definición, aínda que vendo o que hai hoxe en día na televisión española, pois case que poderíamos decir que Crónicas Marcianas era basura pero da "light". Resúltame moi raro (5 anos despois) imaxinarme a min mesmo vendo este tipo de programas... cóstame moito... bendita emijración que me liberou a mente de tales asesinos de neuronas... para matar neuronas mellor apañar unha boa jaita. Como decía un amijo meu "el alcohol es muy listo y sólo te mata las neuronas malas o que ya no funcionan..."... palabra del señor, amén!

O caso que ocupa un lugar na miña cabeciña estos días é a violencia que existe na actualidade. Mires onde mires, leas o que leas ou vaias onde vaias sempre está presente. Nos telediarios, nas revistas, nos periódicos, nos anuncios, no traballo, na casa, na escola,... estou convencido que se levantas unha pedra ou apartas unhos feljos atoparás unhas formijas ou unhas lamachas mazándose a paos... e iso que non teñen conciencia (ou iso din!). A verdade é que a violencia sempre estivo presente ó longo de toda a historia da humanidade, ás veces como medio de supervivencia e outras veces como medio de represión e abuso. É esta última a que predomina hoxe en día: violencia de xénero, paises que atacan a outros, racismo e xenofobia, relixiosa (a pior!),... en fin, que nada nen naide se libra de presenciar ou protajonizar un caso de violencia.

E claro, foi entón cando as galaxias dixeron iso de "se toda cousa que se move anda ás hostias, pois non nos imos quedar nós sen poñer da nosa parte"

1197956169_g_01.jpg

Resulta que unha galaxia atacou a outra cun "chorro de partículas compuesto en su mayor parte por rayos X, radiación gamma e intensos campos magnéticos"... ajárrate os machos! A min perdoádeme a miña ignorancia científica (un que é de letras e a moita honra), pero isto sóname a película das malas, ou polo menos é a sensación que me da ó ler a noticia, dijo eu que redactada así para provocar non se sabe ben o que... xa sabemos canto lles justa a esos do Mundo alterar ó persoal.

E eu, que cada día que pasa son máis escéptico co que leo ou escoito nos medios de comunicación, pois xa me imaxino a un reporteiro entrevistando, alcachofa en man, á galaxia gañadora:

  • Vaia viaxe lle mandaches, mi má! pero se era máis pequena ca ti!

  • (Galaxia, con acento de Texas) Si oh, pero tiña armas de destrucción masiva, que mo dixeron unhas amijas especializadas no tema e que che son ben listas elas.

  • E podes demostras iso?

  • Non, pero da ijual porque xa foi. Veña, vou ver se atopo outra... que me dixeron que por aquí cerquiña anda unha arjallando con non sei que historias nucleares.

Deixando as tonterías a un lado, eu so espero que a nosa galaxia sexa das neutrales, desas que non se meten en líos, porque senón espéranos unha de moito carallo. E espero tamén que a Vía Láctea sexa consciente de que nela habitamos uns cantos millóns de persoas... aínda que a aljúns como Marianito, o Fede, os hipócritas da conferencia episcopal, os intolerantes xenófobos e homófobos,... ben os podían rociar cun pouco de ácido ou escupirlles raios X ou radiación gamma desa (que xa dito de paso, debe de laiar de carallo)... non ía ser moita perda.¨

Ó final resulta que tamén eu son violento... é que non temos remedio ninjún!

Para acabar, un pouco de humor (que grandes estes de gomaespuma!), unha parodia dunha aula calquera nunha cidade calquera. O peor é que na realidade os alumnos non son tan formaliños, incluso cumplen as súas ameazas... vaia desjracia de sociedade.

Boísimo o de "ai, se lo voy a decil a mi helmano el Richal y se va a cagal... ai el cura payo!"

Chuzame! chuzame -

No comment »

Os 10 mandamentos do bon traballador

Success is a choice: ten steps to overachieving in business and life

  1. Build self steam
  2. Set demanding goals
  3. Always be positive
  4. Establish good habits
  5. Master the art of communication
  6. Learn from role models
  7. Thrive on pressure
  8. Be feriociously persistent
  9. Learn from adversity
  10. Survive success

Non, non vos asustedes que isto por ahora segue a ser en galego (ou aljo que se lle parece moito). O que podedes leer en inglés un pouco máis arriba é o que está escrito nun feixe de cuadros repartidos por tódalas oficinas da empresa na que traballo. Para que despois digamos que nas empresas non poñen nada fácil iso de ter éxito, simplemente hai que seguir estes mandamentos. De seguido, para todos aqueles que non entenden o texto en inglés, tradúzcoo ó galego e xa de paso expoño a opinión que teño de cada punto, que non é moi lonxana do que en realidade pasa, ou polo menos pasa na miña empresa (en cursiva a traducción literal e en negriña a miña traducción persoal):

  1. Construe autoestima - Son o millor ben o sabe dios!: se queres ter éxito no teu traballo non che queda outra que ser o "sabelotodo" da empresa. Este especimen soe estar a todo e non te preocupes porque nunca, nunca che pedirá axuda ou consello, bástase él soiño.
  2. Crea as tuas propias metas - Ser director como mínimo!: e é que non te podes conformar con menos. ¿Quen quere aspirar a secretario/a podendo ser director/a? De ahí que as baixas por depresión estanse a multiplicar por 10 nos últimos anos; director só pode ser un, amigos, ós demáis tócanos trajar, así que canto antes o asimiles, moito millor e menos disjustos.
  3. Ser sempre positivo - Di a todo que si! : Xa sabes, de rodillas, a catro patas, tumbado boca arriba ou boca abaixo, pero sempre positivo. Ainda que teñas que limpar a merda dos demáis, ou trajar con tódalas broncas,... positivismo ó canto! Non terás problema ningún, iso si, procura non facer o mesmo na tua vida ou acabarás de monxe ou suicidándote, que para o caso ben sendo o mesmo.
  4. Establece boas costumes - Tomar 8 cafés e fumar moito! : un café por hora é obligación, e con cada café 2 cigarrillos, así de cada hora terás 15 minutos de descanso, é unha das mellores costumes que podes adoptar. Sempre estarás ocupado facendo algo, e non é ningunha mentira. Estos son os que máis abundan.
  5. Manexa o arte da comunicación - Non deixes de falar! : aínda que sexa coas paredes. Fala con todo aquel que se mova ou que teña forma de persoa humana e non olvides criticar a diestro e siniestro, é esencial se queres sobrevivir e chejar a ser aljo. Non dudes en pisar ós demáis, iso si, ten que ir acompañado dos mandamentos 1 e 4 para que vaia todo como un quere.
  6. Toma exemplos e aprende deles - Péjate ó cu do teu xefe! : isto é moi importante se queres chegar ó éxito. Sempre atento ó que faja, como se foses un defensa e o teu entrenador diche que non te despejes de Ronaldinho nin para cajar (con sorte o teu xefe non terá esa dentadura e non correrás tanto perigo). Xa sabes, sempre ó seu carón, combinando este mandamento co número 3. Xa de paso compra unhas rodilleras e coderas, ás veces ves a aljúns cos codos ou as rodillas destrozadas... que vos pensades que é de facer deporte?, ja!
  7. Prospera ante a presión - Pasa a pelota ó do lado! : ante calquer problema ou posibilidade de problema, corre!! E o que che pille máis cerca, ese é o culpable, sempre! Aínda que estés jrabado nunha cámara de seguridade, sempre haberá aljén a quen botarlle a culpa.
  8. Sé "ferozmente" persistente - Máis pesado que un drojadicto pedíndoche cartos! : pois iso, os que teñen antecedentes de "yonki" ou aljo parecido téñeno bastante doado. Insiste en sabelo todo, no teu obxetivo, en poñerte de rodillas ou a catro patas, en tomar cafés e fumar ambute, en falar e despotricar, en convertirte en sombra do teu xefe, en botarlle a culpa ós demáis,... Este é o mandamento máis importante, se o segues sen descanso terás o que buscas.
  9. Aprende da adversidade - Cando vexas as barbas do teu veciño pelar... : pon as túas a remollar! ou senón, coma no mandamento 7, corre!! Isto ven a ser algo así coma desaparecer do mapa cando algo non vai ben, é o único momento no que te terás que despejar do jefe, sé avispado ou serás o blanco das suas iras e todo o teu esforzo será en vano.
  10. Sobrevive ó éxito - Vai de "guay" : se o consegues, terás que ser como un máis na empresa, ser "colega" dos traballadores, fumar con eles de vez en cando, que non vexan que te crees mellor que eles,... se non estarás só ante o perigo, e de ahí a que veña o seguinte avispado a quitarche o posto... nun abrir e cerrar de ollos!

Se aínda pensas que tendo as mellores notas, teno o mellor currículum e sendo o que mellor resultados obtén na tua empresa chegarás a algo... ánimo, só che quedan como 30 anos de duro traballo e un ano despois de que che dan o posto, a retirarse tocan! Se queres conseguilo máis rápido, segue os 10 mandamentos do bon traballador e ahí estarás ti.

Na miña empresa hai un rapaz de 26 anos que xa é "manager" do departamento técnico, iso si, as rodillas e os codos non lle valen pa ver, ten os pulmós negrísimos e a lingua marrón de tanto café e ódiao todo o mundo. Curiosamente foi el o que me aconsellou seguir os pasos do cuadro este en cuestión (10 mandamentos), e curiosamente eu, estou pejado ó seu cu!!! 

Jejeje, é broma! Eu son deses que, aínda tendo duas vidas, nunca chejará a ser xefe ou director. Como moito tocarame a lotería e deixarei de traballar, pero eses mamoneos de xefes e historias raras.... iso para quen o queira, a min pájame e deixame vivir en paz ou como dixera aquela, á que un día tacharon de estreita, "no tengo el coño para pollas de 20 centímetros!".

Sede bos!!

Chuzame! chuzame -

Comments (4) »

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis