Archive for Curiosidades

Miss mundo…. canino??

Se o concurso para persoas xa me parece unha parida, por dicilo dunha forma rápida e clara, xa non quero dicir o que me parece isto. Pero claro, algunha xente gusta destas cousas entón, por que non facelo?, non fan mal a ninguén e se eles disfrutan... pois adiante!

Sen embargo, tamén me parece curioso o criterio que utilizan os xuices deste concurso, xa que o can que gañou o concurso... en fin. Iso si, comparto a opinión dos xuices á hora de seleccinar ó can máis feo do mundo. A dona, unha americana (como non), está contentísima ó parecer, e non é para menos; ter o can máis feo do mundo fíxolle gañar 1000 dólares, e quen sabe se a partir de agora recibirá algunha oferta máis para pasear o seu "can" por ahí adiante.

144_caniche-blanco.jpg

618_perro-feo.jpg

Se mirades ben as fotos podedes deducir vosoutros mesmos cal é o can máis feo do mundo, se se lle pode chamar can, claro, con todos os meus respetos á dona e ó propio can.

Chuzame! chúzame -

No comment »

Efecto Stroop

Isto é un exercicio co que tiven que traballar nunha asignatura de Psicoloxía, máis concretamente "Coñecemento e emoción". É curioso como a nosa mente é capaz de enganarnos; poderíase aplicar moi ben o refrán de "Comes máis polos ollos que pola boca", facendo referencia a que ás veces, o noso cerebro non é capaz de reaccionar e fíase do que os ollos ven, por explicalo dunha forma sinxela.

O xogo consiste en, primeiramente, leer todas as palabras tal e como son, sen fixarse na cor. Terás que medir o tempo que necesitaches para esta tarea. Despois disto, unha vez anotado o teu tempo, pasas a leer o color de cada palabra, non a palabra en si mesma (se te equivocas volve a empezar). Suponse que has de tardar máis tempo en resolver esta segunda tarea que a primeira, se non é así... pois xa che direi cal é o teu problema cando acabe a carreira. :-)

letrascolores1.gif

Chuzame! chúzame -

Comments (3) »

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis