Archive for Curiosidades

De bares, tabernas e tascas varias

Como ben sabedes os que me coñecedes, sempre fun unha persoa curiosa (que non é o mesmo que cotilla, por moito que insistedes) e sempre me chamou a atención o comportamento da xente. A cada sitio que vou ou en cada un dos diferentes ámbitos da miña vida diaria que me atopo, quédome sempre apampando co comportamento dos que me reodean, o que me trae algún que outro problema de vez en cando, xa sexa porque non entendo dito comportamento ou ben porque non estou dacordo co mesmo. Ás veces gostaríame pasar de todo, ir ó meu e que fodan ó resto do mundo, como fan algúns... seguro que non me comería tanto a cachola. Pero o caso é que sonceh así e non hai nada que facerlle.

Debido a que apampo ata coa mosca que arrisca a súa vida camiñando polo borde da miña taza de café (que xa me diredes que chiste lle ten á pobriña arriesgarse desa maneira), xa hai tempo que me veño fixando na clientela dos bares e tabernas, ata chegar á conclusión de que existe unha fauna (e a veces flora, dependendo do número de duchas que tomen ó mes os persoaxes que por estes lares pululan) común cun patrón común (o que eu aquí plantexo, dende o meu punto de vista, claro) que caracteriza o comportamento da xente dentro destes locais:

  •  O que ten presa: entra, toma un café (lévalle dous minutos contados) e vaise. Os demáis nin se enteran da súa presencia. Soamente eu, que estou ahí para estudialo, e a camareira, porque é a que pon o café, nos percatamos da aparición e desaparición deste individuo.
  • O autónomo: este normalmente aparece coa roupa de traballo (maiormente o buzo azul do taller), para dar a entender que, aínda que ande de bar en bar, está traballando. Soen ser os máis serios, os máis cansados porque teñen "moito choio"... pero aínda así tíranse media mañá de bar en bar.
  • O xubilado: é case o mesmo que o que ten presa, coa diferencia que cando se xuntan máis de un, cartas ou dominó de por medio, ármana boa. Se lle tes aprecio á túa dignidade, mantente a lo menos 3 metros lonxe deles. Ó seu lado ti non sabes unha merda... "ti que vas saber, oh!, deixa falar ós vellos que son os que máis saben" é a súa frase favorita.
  • O facha no armario: a súa frase favorita é "eu non son nin de uns nin de outros... pero isto con Franco non pasaba!"
  • O facha fora do armario: non se lle escoita outra cousa que cousas tipo "maricós, puas, nejros, roxos... a eses había que matalos a todos!" (verídico). Tamén soen sair da súa boquiña cousas como "víchedes iso do tornado en Texas?... cajondios, sejuro que é cousa do Zapatero, que che ten moi mala hostia o nacho ese!"
  • O "non sabe, non contesta": tímido en apariencia, soe acoplarse nunha esquina da barra. Pide, paga, bebe, mira a televisión, escoita as trifulcas, ríese,... pero non di nin pío. Parece que asumiu moi ben o refrán que as nais soen dicir sempre... "caladiño estás máis juapo!". Son os que dan máis medo, a saber o que pasa por esas cabeciñas.
  • O importante: normalmente un arquitecto, armador, membro do goberno,... Entra sempre coa cabeza ben alta, unha man no bolsillo do pantalón e na outra as chaves do coche (case sempre un mercedes, bmw,... cunha sinal ben grande coa marca do coche colgando das chaves). Apoiado na barra, soe esperar así coma 20 segundos a que alguén o invite a algo, por algo é o importante. Se isto non pasa, será el mesmo o que se arrime a alguén e diga aquilo de... "que oh, tomámoslle algo?"
  • A rémora do importante: estará sempre atento á entrada do importante no bar, para acercarse a el e pagarlle algo. Se se despista por algún motivo, será o importante mesmo o que lle vaia dar no hombro coa palma da man, recibindo a típica resposta da rémora... "home! estás ahí?, veña, que hoxe pago eu" coma sempre, vaia.
  • O ambidiestro: este persoaxe é caracterizado polo número de palabras referintes ó sexo que saen pola súa boca (diría que 9 de cada 10), e non hai moza que saia do bar sen escoitar algúns dos seus "piropos" tipo... "ai nena, quen tivera a túa idade!"... aínda que ó final, é o típico que tanto lle da almexa como mexillón, en tempos de guerra, todo buraco é bon! (típica excusa usada polos maiores para así identificarse como bisexuales, pero sen dicilo... xa se sabe, ós maricós son enfermos...).
  • O machista: o típico que se sinte o centro de atención aínda sen selo. Por semana soe estar el so, pero no fin de semán é moi probable que o atopes acompañado da súa muller soltando aquilo de... "home!, á muller hai que sacala da casa de vez en cando!"... e a pampona ríelle a gracia aínda encima... en fin...
  • O "supernany": bota o día no bar cos cativos. Iso si, se alguén lle pregunta que como vai todo, el contesta: "ben oh, dando un paseo cos cativos, que tomen un pouco o aire". Da barra ó billar, pasando pola máquina de tabaco e volta á barra, ese é o fantástico paseo dos cativos.... moito millor que ir á praia ou xogar á pelota, onde vai a parar!!!
  • As maruxas: grupiños de mulleres que, ben cedo pola mañá e aproveitando que deixaron ós cativos na escola, adican o tempo que pasan tomando o café a despotricar e criticar a todo dios. Incluso aínda que ti te atopes na mesa do lado (isto tamén é verídico).
  • O cotilla curioso: ou sexa, eu, e moitos máis coma min que non se atreven a aceptalo (non é tan mala a cousa, oh, que cotillas, ó final, sómosche todos, canto antes o asimiles millor para ti)

Se crees que me olvido dalgún especimen pertencente a esta fauna "tabernil", non dudes en correxirme!

Déixovos con esta canción que tamén me da moi bon rollo, da cal descubrín o nome do grupo e o título da canción gracias ó meu amigo Tono

Chuzame! chúzame -

Comments (3) »

Culturas diferentes… persoas diferentes???

Vivindo nun pais extranxeiro tes unha oportunidade única de aprender unha cultura e un idioma novos. Eu son deses que non lle dan a espalda a oportunidades coma esta, pero canto máis coñezo a cultura holandesa e o seu idioma, máis conta me dou de que isto non evita que existan gilipollas como en tódolos sitios. Da ijual a cultura que teñas porque malnacidos e xente rara haina ata na lúa se buscas ben, e se non mirade o caso de Finlandia, do rapaz ese que entrou no instituto e comezou a tiros con todo dios. As culturas finlandesa e norteamericana sonche ben diferentes, sen embarjo os mesmos sucesos ocorren en ámbolos dous paises... cultura?, non, simplemente persoas individuais con problemas de adaptación (e educación, xa dito sexa de paso), o cal non fai que sexan menos responsables dos seus actos.

Para que vexades que iso de que os holandeses son máis relaxados e educados, fríos e sensatos... non é completamente certo, poño a continuación tres casos que me sucederon nesta semana (e ainda esquezo moitos anteriores), que reflexan claramente que a nacionalidade e a cultura non ten nada que ver co comportamento da xente (máis que nada para botar abaixo un pouco os típicos tópicos).

Encontros (con holandeses) na terceira fase:

. Persoaxes: eu e a recepcionista (muller, 47 anos, nejra)

- Eu: Helen, o día 24 teño que coller un avión para España e están anunciando pola tele a peor tormenta de tódolos tempos en Holanda para esas fechas.

- Helen: Pois xa sabes o que tes que facer...

- Eu: que teño que facer?

- Helen: Rezar con máis janas!

- Eu: (con cara de acojone non dijo nada e quédome teso)

- Helen: Claro, eu rezolle tódolos días ó Señor e non me pasa nada malo. O día que me pase será porque non recei o suficiente.

- Eu: (coa mesma cara de acojone e máis teso ca antes)... Ata mañá!!!

. Persoaxes: eu, técnico de ascensor, traballador de "ventas".  Técnico amañando o ascensor e o de ventas que quere subir nel.

- Eu: Rino, non podes usar o ascensor ata dentro de quince minutiños, o nacho está traballando no panel.

- Rino: impórtame unha merda (así mismiño, pero en injlés, "I dont give a shit"), eu teño que ir á oficina.

- Eu: pero se só tes que subir un piso polas escaleiras...

- Técnico: en dez minutos está listo, se o usas ajora teño que resetear todo de novo e volver a empezar.

Rino sube no ascensor e vai ó primeiro piso, o técnico cájase ata na nai do can de Rino pasando por todos os seu familiares (vivos e mortos) e mírame con cara de estar cabreado e eu outra vez con cara de medo.

. Persoaxes: eu, xefe de persoal (afeminado) e traballador do almacén (nejro)

- Eu (ó xefe de persoal): Erwin, pódesme dar un papel que me fai falla para ir ó banco?.

- Erwin (con voz de pito, todo hai que dicilo): sí claro! é este o que necesitas?

- Eu: Si, moitas jracias!

- Traballador de almacén (facendo burla de Erwin): alaaa, "calquera cousa que necesites....", e isto é un home ou unha muller?

- Eu: e ti eres nejro ou déronche volta e volta cando eras neno?

- El: oh! Por que me dis iso?

- Eu: porque sejuro que ti eres dos que te queixas se aljén te chama nejro ou te discrimina pola cor da tua pel, ou non?

- El: pois claro, pero é diferente!

- Eu: manda carallo! (por suposto, no me entendeu)

Non é para tanto, e son situacións que, ainda que poida parecer o contrario, lévoas bastante ben, ou iso intento, máis que nada porque teño que tratar con todo o mundo na empresa, xa sexa nejro, católico radical, un vajonetas ou un homófobo do carallo. Pero a verdade é que a estupidez humana é o peor que existe, prefiro lamber unha patada nos collós (iso si, non o tomedes ó pé da letra, polo voso ben!)

E para facer a entrada ainda máis larja.... aquí vai un vídeo dunha canción que debe ser pola morriña que teño, que se me sáltan as lájrimas e pónseme aljo no estómajo equiparable a un orjasmo cada vez que a escoito... esas jaitas, esos acantilados, esos horizontes,... (en situacións normal a canción e o jrupo non me din jran cousa):

Olliño, a partir do minuto 2 aparecen imaxes da vila!!

Chuzame! chúzame -

Comments (9) »

Os 10 mandamentos do bon traballador

Success is a choice: ten steps to overachieving in business and life

  1. Build self steam
  2. Set demanding goals
  3. Always be positive
  4. Establish good habits
  5. Master the art of communication
  6. Learn from role models
  7. Thrive on pressure
  8. Be feriociously persistent
  9. Learn from adversity
  10. Survive success

Non, non vos asustedes que isto por ahora segue a ser en galego (ou aljo que se lle parece moito). O que podedes leer en inglés un pouco máis arriba é o que está escrito nun feixe de cuadros repartidos por tódalas oficinas da empresa na que traballo. Para que despois digamos que nas empresas non poñen nada fácil iso de ter éxito, simplemente hai que seguir estes mandamentos. De seguido, para todos aqueles que non entenden o texto en inglés, tradúzcoo ó galego e xa de paso expoño a opinión que teño de cada punto, que non é moi lonxana do que en realidade pasa, ou polo menos pasa na miña empresa (en cursiva a traducción literal e en negriña a miña traducción persoal):

  1. Construe autoestima - Son o millor ben o sabe dios!: se queres ter éxito no teu traballo non che queda outra que ser o "sabelotodo" da empresa. Este especimen soe estar a todo e non te preocupes porque nunca, nunca che pedirá axuda ou consello, bástase él soiño.
  2. Crea as tuas propias metas - Ser director como mínimo!: e é que non te podes conformar con menos. ¿Quen quere aspirar a secretario/a podendo ser director/a? De ahí que as baixas por depresión estanse a multiplicar por 10 nos últimos anos; director só pode ser un, amigos, ós demáis tócanos trajar, así que canto antes o asimiles, moito millor e menos disjustos.
  3. Ser sempre positivo - Di a todo que si! : Xa sabes, de rodillas, a catro patas, tumbado boca arriba ou boca abaixo, pero sempre positivo. Ainda que teñas que limpar a merda dos demáis, ou trajar con tódalas broncas,... positivismo ó canto! Non terás problema ningún, iso si, procura non facer o mesmo na tua vida ou acabarás de monxe ou suicidándote, que para o caso ben sendo o mesmo.
  4. Establece boas costumes - Tomar 8 cafés e fumar moito! : un café por hora é obligación, e con cada café 2 cigarrillos, así de cada hora terás 15 minutos de descanso, é unha das mellores costumes que podes adoptar. Sempre estarás ocupado facendo algo, e non é ningunha mentira. Estos son os que máis abundan.
  5. Manexa o arte da comunicación - Non deixes de falar! : aínda que sexa coas paredes. Fala con todo aquel que se mova ou que teña forma de persoa humana e non olvides criticar a diestro e siniestro, é esencial se queres sobrevivir e chejar a ser aljo. Non dudes en pisar ós demáis, iso si, ten que ir acompañado dos mandamentos 1 e 4 para que vaia todo como un quere.
  6. Toma exemplos e aprende deles - Péjate ó cu do teu xefe! : isto é moi importante se queres chegar ó éxito. Sempre atento ó que faja, como se foses un defensa e o teu entrenador diche que non te despejes de Ronaldinho nin para cajar (con sorte o teu xefe non terá esa dentadura e non correrás tanto perigo). Xa sabes, sempre ó seu carón, combinando este mandamento co número 3. Xa de paso compra unhas rodilleras e coderas, ás veces ves a aljúns cos codos ou as rodillas destrozadas... que vos pensades que é de facer deporte?, ja!
  7. Prospera ante a presión - Pasa a pelota ó do lado! : ante calquer problema ou posibilidade de problema, corre!! E o que che pille máis cerca, ese é o culpable, sempre! Aínda que estés jrabado nunha cámara de seguridade, sempre haberá aljén a quen botarlle a culpa.
  8. Sé "ferozmente" persistente - Máis pesado que un drojadicto pedíndoche cartos! : pois iso, os que teñen antecedentes de "yonki" ou aljo parecido téñeno bastante doado. Insiste en sabelo todo, no teu obxetivo, en poñerte de rodillas ou a catro patas, en tomar cafés e fumar ambute, en falar e despotricar, en convertirte en sombra do teu xefe, en botarlle a culpa ós demáis,... Este é o mandamento máis importante, se o segues sen descanso terás o que buscas.
  9. Aprende da adversidade - Cando vexas as barbas do teu veciño pelar... : pon as túas a remollar! ou senón, coma no mandamento 7, corre!! Isto ven a ser algo así coma desaparecer do mapa cando algo non vai ben, é o único momento no que te terás que despejar do jefe, sé avispado ou serás o blanco das suas iras e todo o teu esforzo será en vano.
  10. Sobrevive ó éxito - Vai de "guay" : se o consegues, terás que ser como un máis na empresa, ser "colega" dos traballadores, fumar con eles de vez en cando, que non vexan que te crees mellor que eles,... se non estarás só ante o perigo, e de ahí a que veña o seguinte avispado a quitarche o posto... nun abrir e cerrar de ollos!

Se aínda pensas que tendo as mellores notas, teno o mellor currículum e sendo o que mellor resultados obtén na tua empresa chegarás a algo... ánimo, só che quedan como 30 anos de duro traballo e un ano despois de que che dan o posto, a retirarse tocan! Se queres conseguilo máis rápido, segue os 10 mandamentos do bon traballador e ahí estarás ti.

Na miña empresa hai un rapaz de 26 anos que xa é "manager" do departamento técnico, iso si, as rodillas e os codos non lle valen pa ver, ten os pulmós negrísimos e a lingua marrón de tanto café e ódiao todo o mundo. Curiosamente foi el o que me aconsellou seguir os pasos do cuadro este en cuestión (10 mandamentos), e curiosamente eu, estou pejado ó seu cu!!! 

Jejeje, é broma! Eu son deses que, aínda tendo duas vidas, nunca chejará a ser xefe ou director. Como moito tocarame a lotería e deixarei de traballar, pero eses mamoneos de xefes e historias raras.... iso para quen o queira, a min pájame e deixame vivir en paz ou como dixera aquela, á que un día tacharon de estreita, "no tengo el coño para pollas de 20 centímetros!".

Sede bos!!

Chuzame! chúzame -

Comments (4) »

Lang zal ze leven!

Hola de novo, xa pasou un anaco dende o meu último "post", e iso que prometín que iba a actualizalo polo menos cada semana... se xa mo decía a miña avoa "non prometas nada se non estás seguro de que o podes cumplir". Pero bueno, o caso é que aquí estou de novo.

 Gostaríame primeiro felicitar a María (Duran lela), que hoxe cumpre anos! Non sei se lee isto (ainda non se dignou a escribirme nada aquí), pero intentei chamala por teléfono e non andaba na casa... poño isto aquí para que quede constancia dos meus actos. Felicidades cativa!!

As dúas últimas semanas non foron nada do outro mundo. Traballo, traballo e máis traballo... Ségueme gustando o transporte público holandés e a fauna que o utiliza, e é raro o día no que non haiba aljo interesante co que ficar apanpado por media hora. Pero isto pasa tamén en España, ainda recordo cando tiña que coller o metro en Barcelona... a típica rumana con seis fillos, os negros rapeiros, os latin kings eses, os chilenos tocando a jitarra, os gitanos ocupando 2 vagóns, os executivos fuxindo de todo aquel que poidera estropearlle o traxe ou darlle un cheirume diferente ó de Adolfo Dominguez (ou pijada parecida), e o grupiño de amas de casa comentando a novela ou o que non sei quen do programa da Ana Rosa dixera sobre non sei quen máis do programa da outra cotilla,...

A única diferencia é o idioma utilizado, nun caso o castelán e os seus derivados (véxase castelán-catalán, castelán-rumano, castelán-fino, castelán-cañí,....) e no outro caso o holandés e os seus derivados (holandés-inglés, holandés-francés, holandés-marroquí, holandés-min,... esta última é a miña versión do holandés, que pa o burro que son non está mal).

Debido ó meu traballo, utilizo o castelán, o inglés e o holandés. Co castelán teño algún que outro problema, porque case que todos os meus compañeiros españois son de madrid.... e eses falan o castelán-madrileño e ás veces cóstanos un mundo entendernos "ke pasha vajhka", en fin.... aló eles! Ainda que teño unha compañeira que é de Viveiro!! e coñece Cedeira!! tócate a pera! Iso sí, leva aquí oito anos e olvidouselle por completo o galego... revireille a cara dunha lavazada! non me dijades que non o merece! parva!!

O meu inglés é bastante aceptable, non me crea ningún problema... bueno, case. Á xente do Reino Unido ainda me costa un pouco seguilos... é que falan... como se pos a un grupiño de catro rapazas da vila (por exemplo, as lelas) a falar ó mesmo tempo e intentas saber de que carallo están falando... non che hai por donde empezar! Reméxome bastante ben neste idioma, incluso a semana pasada tiven que preparar un "meeting" (ou reunión para os incultos) de tres días para 30 persoas e foi todo de maravilla, incluso me aplaudiron e todo o último día; joder, o primeiro aplauso que me dan na vida, tiven que esperar 28 anos!! despois de todo o que fixen por este mundo... desajradecidos!!!

O holandés xa me costa un pouco máis... Despois de pasar nove meses nun curso de seis horas á semana (é peor que parir, diso estou sejuro!!), tiven o tempo suficiente para aprender a gramática e aljo de vocabulario... todo orjulloso eu co meu diploma. Iso sí, entender non entendía nin papa! E claro, hai moita diferencia do holandés oficial ó holandes que falan na calle, e o mesmo pasa cos demáis idiomas. Por exemplo, teño un compañeiro holandés que me dixo que fala o castelán... e eu prejunteille "estás de curro hasta las orejas, no?", o nacho puxo cara de estar escoitando chino e díxome "eso no es español", claro que non home, é a versión moderna do chino mandarín fusionado cun dialecto do sur de Nixeria, non te jode! E é que para dicir o mesmo, pódense usar diferentes palabras, e iso pasa en todos os idiomas.

A pesar de todo Holanda é un pais que me justa, no que me sinto cómodo e integrado, iso sí, recorres o país de norte a sur e de este a oeste en dúas horas (como se queres ir de Cedeira a Vigo, ou de Fisterra a Pedrafita), e é un pais plano, non hai montañas, tampouco hai mariscos nen richinis borrachos nos bares, e é que tampouco hai bares, nen nacionalistas, nen independentistas, por haber non hai siquiera ríos (chámanlles canales e a xente pesca neles, ou fai que pesca), non hai rumanos (e iso que Holanda quédalles máis cerca que España, será que o idioma é máis difícil) e tampouco gitanos, tampouco hai bo viño (pero teñen a fábrica da Heineken), e os campos están cheos de tulipanes... nas fotos e postais, porque eu non vin nin un!!! e non, aquí non bebo e ó oculista fun o mes pasado e todo está no seu sitio.

Isto estame quedando moi largo e total para non decir nada, simplemente para que vos quededes tranquilos xa que así sabedes que aínda estou vivo.

Bicos a todo o que lea isto, con ou sen lenjua, ti elixes!

Ata a próxima! (que será pronto)

Chuzame! chúzame -

No comment »

Pa que vos de unha voltiña…

img_0710_formaat-wijzigen.JPG

Para aqueles que non me coñezan, isto pareceralles unha foto normal doutro pintamonas calquera coma min.

Para os que me coñezan, sei que nestes intres estades a pejar brincos na silla coa cara de Arale, coa jotiña de sudor na sien e querendo berrar pero non podendo debido á saturación de CO2 que teñen as vosas células. Ou quizais estades movendo a cabeza dun lado para outro e pensando que non teño sentidiño ninjún. Sexa o que sexa que estades a pensar, reflexádeo aquí con un comentario, gostaríame saber o que pensades...

 Tiña pensado escribir outra clase de post, así que esta semana que entra subirei o post que tiña pensado subir antes de poñer este.

Vémonos!

Chuzame! chúzame -

Comments (12) »

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis