Archive for Actualidade

Percepción

"Habilidade para detectar estructuras e acontecementos no medio ambiente". Esta é a definición de percepción dende o punto de vista psicolóxico. Pero claro, esta habilidade depende fundamentalmente de cada persoa, da súa educación, da súa ideoloxía, do seu entorno persoal, traballo, amigos,... Así, o mesmo acontecemento pode ser percibido de mil formas diferentes.

O que eu percibo hoxe, o día despois das eleccións, é unha sensación extraña, entre pena e decepción. Non importa o que pase en catro anos, se a economía vai ben ou mal, se a xente ten máis dereitos ou polo contrario máis deberes, da o mesmo se nos relacionamos con Cuba ou con EE.UU en política exterior, se vamos a tardar 30 ou 40 anos en pagar a hipoteca da casa... O peixe será pescado, limpado, troceado e distribuido polos dous de sempre. E eu xa estou un pouco ata os collós de ver sempre o mesmo. Aínda así, como din que hai que saber perder, ajacho as orellas e a seguir vivindo. Ás veces pensa un que pouco a pouco, pasiño a pasiño, pódense mellorar as cousas, ou polo menos cambialas un pouquiño. Definitivamente, hai cousas que nunca cambiarán. O que se leva hoxe en día é a personalidade "xa-te-chamarei-un-día-destes-e-falamos-aínda-que-xa-sabes-que-non-volverás-a-saber-de-min". Pero bueno, dixera o Churchill aquel :"El éxito es aprender a ir de fracaso en fracaso sin desesperarse". O malo é saber cantos fracasos fan falla, porque xa levamos uns cantos...

Unha cousiña para que teñades unha idea do nivel de percepción e atención que tedes. Se estades interesados e se vos apetece, facede un click no seguinte enlace e poderedes saber un pouco máis sobre vosoutros. Se percibides realmente o que pasa no voso entorno, ou polo contrario facedes unha selección inconsciente e percibides o que vos interesa. Xa me contaredes.

http://www.oviedo.es/personales/comecoco/ilusiones%20opticas/prueba%20de%20atencion.htm

Y sin embargo...

Chuzame! chúzame -

Comments (2) »

Reflexión

Ontes a mediodía estaba escoitando a Ser, por non variar, e de repente deron a noticia do asasinato de Isaías Carrasco. Xa hai que ser fillo de puta. Despois da tristeza e a repulsa que sentín, sentín a curiosidade de saber se alguén utilizaría este atentado con intereses políticos. Parece ser que non, que todo o mundo está dacordo en loitar e condear o atentado. Claro que non me atrevín a poñer a Cope (sempre que o fago póñome de moi mala hostia, e tampouco é plan, que reflexionar de mala hostia condiciona a un de mala maneira), e non quero nin saber o que alí comentaban.

Pero así reflexionando, deume por facer un pouco de memoría, de recuperar sucesos non moi lonxanos no tempo. E acordeime da tregua que fixo ETA no 1998, co bigotitos como presidente do goberno... recordades??:

Os contactos que aquel persoaxe, actuando como presidente do goberno, mantiu co "Movimiento vasco"...

... e a xenerosidade que estaba disposto a aplicar cos terroristas se éstes deixaban as armas...

... e por onde carallo andaban os da falange por aquel entonces, que tanto protestaron porque Zapatero fixo o mesmo???

Que dito xa sexa de paso, eu prefiro atoparme con oitocentas santa compañas, esas compostas de espíritus que te collen para vagar sen rumbo durante o resto da túa vida polos montes galegos, que tampouco pinta tan mal o asunto (é que temos unhos montes...), a ter que cruzarme con un destes falanxistas pola calle. Xa hai que ser lameconas. E a puta asociación esa que disque defende a dignidade das víctimas, onde carallo estaba por aquel entonces??

E aquí paro, que me acabo de levantar e aínda non mexei! Eu xa me quedo tranquilo, xa fixen uso da xornada de reflexión, a pesar de ser aínda as 11 da mañá. Vou ó supermercado que os jatos están famentos (isto de ter jatos é peor que ter fillos!!!) e como non lles deamos aljo de comer nas próximas dúas horas, sacarán as súas uñas ben afiladas e non pararán ata sacarme os ollos, aínda que para ver o que hai que ver...

Déixovos cunha canción apropiada para os tempos que corren... Saúde e República!!

 

Chuzame! chúzame -

Comments (3) »

Democracia

 Xa vou vendo un pouco a luz ó final do túnel, aínda que non sen problemas. Aínda estou na casa, e aínda non poido calzarme nen sequera un calcetín, pero a cousa vai a millor. O sábado pasado tiven unha pequena infección a ferida. Bueno, non foi exactamente pequena, xa que tiven que volver ó hospital a que lle botaran unha ollada. Xa sabedes que me fixeran un furado no trozo de uña que me quedou san. Pois esta vez, como primeiro paso para curar a infección, metéronme unha agulliña por ese furado e estiveron remexendo un bo rato ata sacar toda a merda que tiña alí acumulada. Outro saco de lájrimas. O segundo paso para curar a infección é darlle unha boa limpeza e cuidar ben a ferida. E niso estou. Se todo vai ben, o luns que ven serei capaz de poñer algún calzado e así recuperar a miña vida, que xa estou ata os collós de estar na casa.

Polo menos, este parón momentáneo na miña vida colleume en época de eleccións e ando todo o día coa radio (cadena Ser, of course) posta para seguir a actualidade electoral en España. Xa, un pouco masoca si que son, pero eche o que hai. Que si eu prometo isto, que si os outros menten coma putas, que si ti dixeches "digo" e agora dis "diego",... a mesma merda de sempre, e aínda encima este ano cos mesmos protagonistas que hai catro anos, coa diferencia dos dous debates que houbo este ano. Debates totalmente estúpidos, ó meu parecer e que sacan a relucir o dualismo característico español: ou é blanco ou nejro, ou eres do Madrid ou do Barça, ou católico ou ateo, ou roxo ou facha, ou viño ou cervexa, ou votas ó PSOE ou votas ó PP,... pois merda!! porque eu voto IU. E claro, non son o único, aínda que poida parecer que si. Ah, pero claro, os de IU xa tiveron o seu debate a 7! no que non se entendeu unha merda!  E isto é democracia???

A misma democracia que usan os obispos para elexir ó seu xefe xefazo. Como se non soubéramos todos xa que na Conferencia Episcopal está todo moi ben planeado e moi ben amañado, preparados para facer o que sexa necesario dependendo dos ventos políticos que mandan no país. Non  che son tontos eses e saben de sobra que o PP non vai gobernar, polo menos nos vindeiros catro anos (e esperemos que nos vindeiros catro séculos tampouco), polo que o fillo de puta Rouco Varela (por que será que os fillos de puta máis jrandes da historia española son todos galegos... Franco, Fraga, Rouco Varela, Rajoy?) sale de novo elexido xefe desta panda, para dar caña ós roxos de merda. Aquí unha foto do fillo de puta para que teñades pesadelos.

Eu xa votei, antes que vosoutros por suposto. Agora mesmo o meu voto estará esperando nalgún recuncho da oficina de correos da Coruña, esperando a ser aberto para darlle un empuxonciño ó Llamazares, a ver se sube un pouquiño. Eu espero que a participación sexa elevada, así que espero tamén que vaiades todos a votar o domingo que ven.

E se non tes pensado votar... pois polo menos salta!!

Chuzame! chúzame -

Comments (5) »

Sen media uña

No estado de invalidez temporal no que me atopo vénseme á cabeza a mesma pregunta unha e outra vez: "Que carallo fajo?" Despois de dous días xa non me apetece leer máis, xojar no ordenador, mirar porno en internet ou ver televisión. Afortunadamente, a miña vida sexual non se resintiu, xa so  me faltaría iso!! E todo por culpa dunha fodida uña. Parece que non están ahí, pero cando che faltan... nin te imaxinas o que as botas de menos.

Así pois, déuseme por facer unha lista de tódalas cousas que por culpa da ausencia do 70% da uña do dedo gordo do meu pé esquerdo non poido facer, ou que me costa un mundo levar a cabo:

- Por suposto, non poido andar con normalidade. Se paso máis de 10 minutos de pé, comezo a sentir o pulso non dedo e a ter moito dolor.

 - Non poido poñerme a catro patas (sen comentarios).

- Non poido dormir co pé esquerdo debaixo das mantas. Teño que ter o pé ó aire toda a noite, e fai frío.

- Non poido poñerme de puntillas. Todos os que tíñades a ilusión de verme cun "tutú" facendo danza vades ter que esperar unha tempada.

- Non poido poñer nengún tipo de calzado, nen sequera un calcetín, polo que non poido sair á calle.

- Non poido tentar bater o record do mundo dos 100 metros lisos, xa que non poido correr. Tíñao tan cerquiña...

- Para ducharme teño que poñer unha bolsa no pé esquerdo. Arriesgar a vida cada día, xa que iso resbala na ducha que da justo. Levesgevaarlijk!!! (dixeran os holandeses)

- Teño que cambiar a venda cada día, e iso doe moito.

- Pero o pior de todo é que non me poido pintar as uñas dos pés, unha mágoa!

E todo iso por culpa dunha puta uña E aínda encima teño que encherme a pastillas. Tres pastillas para o dolor cada día, unha pastilla pola mañá para protexer o estómago e tres pastillas de fibra para evitar o estreñimento que producen as pastillas contra o dolor. Pois xa me jodería, ademáis de estar coxo andar tamén estreñido. E para máis carallo, os compañeiros que empuxaron a mesa nin sequera se interesaron por mín. Tampouco me sorprende demasiado, a verdade.

Aínda así tento que a miña sonrisa non desapareza da miña cara. Dende aquí, moitas jracias a María e a Tono, que cos seus emails e comentarios alégranme bastante estos días. Bicos jrandes para os dous!!!

Outra das cousas que me mantén o bon humor vivo é "San Youtube", e se non mirade que ben o pasa este jato:

E por suposto, a música. Déixovos cun vídeo de Danza Invisible, grupo que deu un concerto na vila hai xa uns anos e que superou as espectativas que tíñamos para aquela noite. "Sabor de amooooooor, todo me sabe a Bics!"

Chuzame! chúzame -

Comments (3) »

O coxo de Amsterdam

Tiña pensado escribir un pouco sobre o debate de ontes entre o señor Talante e o señor Reproche, aínda que non o vin pero deume tempo a leer sobre o que se dixeron o un ó outro. Xa tiña aljunha idea, pero os acontecementos de hoxe cambian o conto un pouco.

Ontes a medio día fun ó hospital a facer a proba especial que determinaba que tipo de lesión teño na muñeca. Puxéronme unhas pejatinas e uns ferros nos dedos e, cunha especie de enchufe conectado a unha máquina, fóronme dando calambrazos. Ó primeiro resultaba ata gracioso, unhas cóxegas que daban incluso aljo de justo. Pero a medida que iban subindo a intensidade dos calambrazos, este justiño deu paso a un dolor de carallo. Ó final resulta que teño un nervio aljo mazado e a solución pasa por descanso e fisioterapia. Saín do hospital coa sensación de que non podía haber aljo máis doloroso que o que me acababan de facer.

Ata hoxe pola mañá.

A pesar do consello do médico de darlle descanso á miña man por unha semaniña, hoxe fun traballar. Xa sabedes que teño a empatía moi alta (pior ca unha enfermidade) e ó estar a miña xefa de vacacións pois sentiríame mal deixando á miña compañeira soa esta semana. Pois debín facerlle caso ó médico.

Esta mañá tiven un accidente laboral. Do máis estúpido e do máis doloroso que existe. Prefiro cen calambrazos nos collós, así de claro. Estabamos a mover un despacho, unha mesa bastante pesada que en lugar de catro patas, ten dúas, de metal e ben anchas. Pois alguén decidiu parar para falar con un compañeiro, e ó mesmo tempo fíxome parar a mín, porque é case imposible mover unha mesa destas por un mesmo, a non ser que sexas o meu amijo Moi. Do mesmo modo que parou sen avisar, empuxou sen avisar pedíndolle axuda ó compañeiro co que estaba a falar. A mín non me deu tempo nin de berrar. Cando me quixen dar conta tiña a pata de metal da mesa enriba do meu dedo gordo do pé esquerdo. Doeume a máis non poder. Pero o peor foi cando saquei o zapato e vin como o meu calcetín blanco ía collendo unha cor vermella moi sospeitosa. Saqueino como puiden (sen recrearme) e, ó ver o panorama, tívenme que sentar. A uña do meu dedo decidiu, como se fora unha kosovar, separarse da carne sen previo aviso. Tiña case que toda a uña enrolada sobre si mesma. Non podedes imaxinarvos o que doe iso. Non creo que exista nada peor. As lágrimas caíasenme dos ollos e eu non estaba chorando. Así que volta ó hospital.

Unha vez alí, despois de esperar unha hora larja, o médico cortou todo o pedazo de uña separado da carne. Ahí botei unhas lágrimas máis. E cando xa pensaba que estaba todo sufrido, chejou outro nacho cunha especie de taladro tamaño "minipimer último modelo". Sen anestesia, porque dixo que anestesialo sería máis doloroso aínda, comezou a facer un furado na pequena parte que me quedaba de uña, para que o sangue non quede estancada debaixo da uña e así baixe a hinchazón e o dolor). Poido xurar pola miña nai, pola miña avoa e pola Casa Vella enteira que foi case insoportable e de repente sentín unhas janas doentes de empezar a boleas na cabeza do médico, que me quedaba á altura perfecta para a miña perna dereita. E a sensación, ademáis do dolor, que se sente cando lle furan a un unha uña e sinte a pequena broca tocando carne é aljo que non poido explicar. Nese momento pensei en decirlle ó médico: "Oes, mátame xa porque xa non aturo máis"

Pois agora teño para catro días co pé en alto, unha semana sen usar ningún tipo de calzado e tres semanas de andar amodiño.

Comezo a pensar, aínda que non creo moito nestas cousas, que alguén me botou un mal de ollo deses, porque isto non é normal. Xa estou temblando pensando que será o próximo. Necesito mimiños!!!!

Alguén se apunta a unha queimada para escorrentar ó mal de ollo??

 

Chuzame! chúzame -

Comments (4) »

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis