Archive for Actualidade

Hoxe cumplo anos…

... e dentro de un ratiño voume para a miña nova casa a seguir lixando, pintando, barnizando,... pero mentras tanto, déixovos un pastel para que todos os que entredes aquí collades un anaco e celebredes os meu 29 anos conmigo. Saúdos e saude!!

 

 

Chuzame! chuzame -

Comments (7) »

Presentación en sociedade

Xa mo decía sempre a miña avoa... "neno, ti o que tes que facer é buscar unha boa rapaza e casarte para toda a vida". Pobriña, o que non sabía a miña avoa (agora xa o sabe porque non é tonta, bueno, por iso e porque non para ata que se entera das cousas) é que eu salín atravesadiño de todo, pobriño eu, será por iso entón que acabarei como mínimo queimándome os collós na casa do mismo Satanás. Pero ó final acabei facéndolle caso á miña avoa, se é que as jodidas sonche ben listas... se non é por A, é por B.

E así pois, ós lectores do meu blog, ou sexa vosoutros, D'agolada, Zeltia, Marelúa, María, anónimos que non deixan comentarios e pouco máis (incluso a ti, que chejaches ó meu blog buscando "nenos espidos" no google, mecajonacona que te deu, así che de un infarto, collas catro canceres e pilles o Sida 15 veces a lo menos, desjraciado!!). A todos vosoutros preséntovos á miña compañeira polo resto dos meus días, á que non me deixará so nin por un sejundo, á que terei que preguntar se poido ir aló ou acolá, coa que me irei de vacacións, á que terei que manter, darlle de comer, traballar para ela, cuidala como dios manda, serlle fiel, na saúde e na enfermedade, ata que a miña morte nos separe. A que non me perdoará que cheje tarde, que teña un despiste e non me acorde de que segue ahí, pejadiña a min como se dunha carracha ajochada na pelaxe dalgunha entreperna se tratara. A ela, á que terei que aprender a querer máis que a min mesmo (o cal non é moi difícil) e a que me dará máis de un disjusto....

Aquí vai unha foto dela... a que é juapiña???

Así é, unhas chaves. As chaves da miña casa nova aquí en Holanda. Son bonitas, eh? O malo e que veñen acompañadas dun 3 e 5 ceros de nada. Pois iso, que estas chaves, xunto cuns papeliños de nada, unhas firmiñas e comisións de aquí e acolá, representan á compañeira da que vos falaba.... Señora Hipoteca. Pois si, e aínda encima ven xusto no día do meu cumpleanos, o 29 deste mes (toma indirecta para quen non o sabía!!). Aínda así, a pesar de todo o que supoñe a miña nova amiguiña, estou contento. Iso si, xa me apuntei a terapia de jrupo para que os improvistos que me poida traer a tipa esta non me pillen en brajas.

Déixovos cunha canción dun grupo catalán, Pau, que significa Paz en catalán, pero tamén Pablo, o meu nome. Sempre me gustou esta canción porque me vexo totalmente identificado na letra, iso si, se queredes saber porqué xa sabedes, a aprender catalán como Aznar na intimidade!! :-)

Chuzame! chuzame -

Comments (7) »

Discriminación

Iba a soltar unha parrafada das miñas a favor da asignatura esa de "Educación para a Cidadanía" e en contra dos fillos de puta da Conferencia Episcopal, pero paso. Non quero repetirme e tampouco quero que vos cansedes de leer sempre o mesmo. Así que deixo dous vídeos que falan por si mesmos. Se tódolos pais foran como o do vídeo.... que ben iría o mundo, carallo!!! (a asignatura esta primeiro había que ofrecerlla ós pais... que hai por ahí cada un que asusta!!)

Parte 1

Parte 2

*Edito esta entrada: estou ata os juevos deste puto servidor...se non podedes ver os vídeos, como me pasa a min, facede un clic enriba de cada vídeo onde pon "view this video on youtube" e mándavos directos ó vídeo na páxina de youtube. Que paciencia con blogaliza....

Chuzame! chuzame -

No comment »

Maldito zodíaco

"Un cáncer puede ser desde tímido y aburrido hasta brillante y famoso"

 Pois dijo eu que malo será que ninguén se sinta representado entre o inmenso abanico de adxetivos calificativos enmarcados entre os citados nesta fantástica frase. Eu son cáncer e persoalmente non me interesa para nada o tema dos horóscopos e os signos zodiacais, os seus cruces de compatibilidades, a relació nentre a posición da lúa ou de Marte e o estado de ánimo, ou se un canjrexo se leva mellor cun carneiro, cun peixe ou cunha balanza.... (?????)

Pero, con todo o meu respeto, sinto unha curiosidade enorme polas persoas que basan as súas relacións persoais, a súa interacción co resto da sociedade na astroloxía. Se algúns creen en deus e compórtanse en base ó dictado pola igrexa, por exemplo, pois por que outros non poden face-lo mesmo en base ós astros? Unha opción máis.

A min cóstame un pouco imaxinarme o meu estado de ánimo dependendo da posición da lúa, ou se Marte interfire con Xúpiter provocando un tsunami de negativismo na miña existencia, porque Xúpiter sería para min o que o poder é para a igrexa, é dicir o que lle da sentido á miña vida.

O que si xa me parece de coña é que te rexeiten debido ó teu signo zodiacal, xa non cheja que te discriminen por maricón, por nejro, por chino, ou por jordo, agora hasta por nacer nunha fecha que ti nin sequera escolliches. Explícome. Ás veces dame por coñecer xente por internet e chatear un pouco. O 90% das veces non pasa do puro xogo que é o chatear, protexido por unha pantalla e un teclado (moi típico en persoas inseguras ou acomplexadas, que despois á hora da verdade cájanse pola pata pa'baixo). Pero o 10% restante son xente que merece a pena coñecer, ben sexa para tomar un café, para dar un paseo ou para botar un polvo, falando claro. Hai uns días topeime cunha destas persoas que merecen a pena, ou iso parecía. "Falamos" durante uns días, un par de semáns tal vez. Ó final ata tíñamos amañada unha "media-cita" (media-cita é cando non está claro o obxetivo da mesma) para tomar un café e a ver o que pasaba. Pero xusto o día antes, mentras discutíamos o lugar do encontro, soltoume a prejuntiña de marras:

- E ti de que signo eres?

- Pois Cáncer, do 29 de Xuño.

- Mmmmm... Cáncer con descendente Xéminis. Mal asunto.

- (Ahí xa me acojonou) Que queres dicir?

- Pois que non me convence moito iso. Eu son Capricornio e iso quere dicir que teu signo causaría un choque astral que podería danar a miña estabilidade emocional.

- Pero eu teño amijos Capricornio e non temos problema ninjún!

- Xa, pero cos teus amijos non tes relación sexuais, non si?

- Home, non con todos pero con aljunhos si.

- É o mesmo, non podemos coñecernos en persoa. Eu busco aljún Capricornio, Aries ou Virgo, que son os compatibles conmijo.

- E total pa botar un polvo.....? (Aquí fun un pouco brutiño, ben o sei, pero as cousas clariñas, carallo)

Aquí empezou unha discusión estúpida (como todas as levadas a cabo en internet) sobre sexo, astros, ratas, cabras e coellos (que por certo, no horóscopo chino son un coello... xa mo parecía a min!) que non vou reproducir aquí porque aínda teño un pouco de vergoña... por moi pouca que sexa.

Por certo, según algunha páxina sobre este tema (non me parei moito a buscar, a verdade, foi a primeira que atopei), eu, como Cáncer, levaríame estupendamente cos Acuario, Piscis, Tauro, Virgo e o mesmo Cáncer... así que xa sabedes....  ;-)

Hai xente que se aburre moito, mellor lle era coller un libro e intentar leelo.

Chuzame! chuzame -

Comments (5) »

Ay pena penita penaaaaaaa

Como ese tiburón desdentado que de repente vese rodeado por un feixe de pirañas máis famentas que de costume.

Como unha araña macho perseguida e acosada por un grupiño de amijas da Viuda Negra que horas antes fecundara e da que, milagrosamente, conseguira escapar.

Como un buitre coas alas magulladas so capaz de dar chimpos, contando os minutos que faltan para convertirse na seguinte peza de carroña que servirá de alimento para os membros da súa mesma especie.

Así debe de sentirse Mariano "eso no me cabe!" Rajoy nestes días. E moito pior que se sentirá!. Agora que o Lara ese decidiu darse de baixa do seu partido  parece que todo o mundo ten vía libre para decir o que lle pete, coa única intención de derrocar ó seu lider. Incluso o enano cabrón do bijote, quen a jolpe de dedo máxico situou a Rajoy no máis alto anos atrás, está agora apuntando noutra dirección, sinalando á súa seguinte marioneta... será Esperanza "que nivelazo tengo" Aguirre ou polo contrario María "camionera" San Gil? Xa se verá.

O caso é que todo o mundo se está cebando co pobre do Mariano. E os que non se ceban, como Gallardón, pois son os típicos lamecús que esperan o momento idóneo para deixar caer o brazo na espalda do emperador a modo de puñalada e ocupar así o tan ansiado trono. O que non entendo moi ben é o interés de Don Manuel "non usedes condón" Fraga en defender a Rajoy. Supoño que será por ser os dous galegos (por desjracia) e, a pesar do sangue puro e libre característico dos bos patriotas que corre polas súas venas, aínda lles queda aljo de galeguidade (posiblemente camuflada en forma de hemorroide) que fai que se defendan mutuamente. Pobriños.

E a min que o "home" xa me está dando pena e todo. Pois si, como o leedes, aínda que pareza raro e utópico, Rajoy dame pena. Xa sabedes de sobra que a miña empatía xógame ás veces malas pasadas, como é o caso. Sempre sentín pena polo parrulo feo, pola típica ovella nejra, pola nena gordiña e con gafas da que todos se mofaban, polo neno que sempre levaba a mesma roupa á escola e soamente por iso recibía a súa ración diaria de hostias e insultos varios,... incluso chorei aquela vez que soñei que lle metían catro tiros a un tal Rouco... bueno, isto último é mentira, non chorei!!

Pero Rajoy... él dame pena. Mellor lle era dimitir e deixar esa casa de putas e carroñeiros que é o PP. Aínda que ben pensado e por moita pena que me de o homiño, sabemos de sobra que cada un ten o que se merece, que a cada porco lle chega o seu San Martiño, que o que sembra ventos recolle tempestades e que o que come demasiados nabos acaba atrajantándose.

Así pois, Mariano, recuperando unhas famosas palabras que tanto furor causaron no seu momento, dende o meu humilde e antirelixioso espacio eu digo... jódete, Mariano, JÓDETE!

Chuzame! chuzame -

Comments (1) »

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis