Presentación en sociedade

Xa mo decía sempre a miña avoa... "neno, ti o que tes que facer é buscar unha boa rapaza e casarte para toda a vida". Pobriña, o que non sabía a miña avoa (agora xa o sabe porque non é tonta, bueno, por iso e porque non para ata que se entera das cousas) é que eu salín atravesadiño de todo, pobriño eu, será por iso entón que acabarei como mínimo queimándome os collós na casa do mismo Satanás. Pero ó final acabei facéndolle caso á miña avoa, se é que as jodidas sonche ben listas... se non é por A, é por B.

E así pois, ós lectores do meu blog, ou sexa vosoutros, D'agolada, Zeltia, Marelúa, María, anónimos que non deixan comentarios e pouco máis (incluso a ti, que chejaches ó meu blog buscando "nenos espidos" no google, mecajonacona que te deu, así che de un infarto, collas catro canceres e pilles o Sida 15 veces a lo menos, desjraciado!!). A todos vosoutros preséntovos á miña compañeira polo resto dos meus días, á que non me deixará so nin por un sejundo, á que terei que preguntar se poido ir aló ou acolá, coa que me irei de vacacións, á que terei que manter, darlle de comer, traballar para ela, cuidala como dios manda, serlle fiel, na saúde e na enfermedade, ata que a miña morte nos separe. A que non me perdoará que cheje tarde, que teña un despiste e non me acorde de que segue ahí, pejadiña a min como se dunha carracha ajochada na pelaxe dalgunha entreperna se tratara. A ela, á que terei que aprender a querer máis que a min mesmo (o cal non é moi difícil) e a que me dará máis de un disjusto....

Aquí vai unha foto dela... a que é juapiña???

Así é, unhas chaves. As chaves da miña casa nova aquí en Holanda. Son bonitas, eh? O malo e que veñen acompañadas dun 3 e 5 ceros de nada. Pois iso, que estas chaves, xunto cuns papeliños de nada, unhas firmiñas e comisións de aquí e acolá, representan á compañeira da que vos falaba.... Señora Hipoteca. Pois si, e aínda encima ven xusto no día do meu cumpleanos, o 29 deste mes (toma indirecta para quen non o sabía!!). Aínda así, a pesar de todo o que supoñe a miña nova amiguiña, estou contento. Iso si, xa me apuntei a terapia de jrupo para que os improvistos que me poida traer a tipa esta non me pillen en brajas.

Déixovos cunha canción dun grupo catalán, Pau, que significa Paz en catalán, pero tamén Pablo, o meu nome. Sempre me gustou esta canción porque me vexo totalmente identificado na letra, iso si, se queredes saber porqué xa sabedes, a aprender catalán como Aznar na intimidade!! :-)

Chuzame! chúzame -
del.icio.us this!

7 Responses so far »

  1. 1

    Mar e Lúa said,

    xuño 15, 2008 @ 11:25 pm

    Ai, Pabliño! Como me gustaba esa canción!

    E por certo, noraboa pola túa nova casa!! :D Eu polo momento confórmome con vivir de aluguer. Dentro de dúas semanas cámbiome de piso, e teño unhas ganas que non vexas… Xa imaxino como debes estar ti de emocionado!

    Pois nada, que disfrutes da casa por moitos anos e sufras a hipoteca por moi poucos :)

    Unha aperta!

  2. 2

    oquetencutenmedo said,

    xuño 16, 2008 @ 12:15 am

    moi guapiñas as “sleutels” si señor….

    Eu sempre me pregunto.. con quen falara Aznar en catalá na intimidade?

    a cancion moi guapa tamen, e xa sabes, demà a tornar a començar… encara que sigui dilluns

    bikos e parabens

  3. 3

    María said,

    xuño 16, 2008 @ 12:57 pm

    Enhorabuena!!!!!!!!
    Ya lo decía mi primo…Una hipoteca une más que el matrimonio!!!!!!!!!!

    Iré a esa casa en cuanto pueda!! Yo también quiero porbar esos platos que hace el Dick!!!!!Jeje.

    Bicos a feixes!!!!!!!!!ABUR!!

  4. 4

    dagolada said,

    xuño 16, 2008 @ 6:48 pm

    Jajaja, moi boa a definición de hipoteca, non quero nin pensar como estarán os prezos dos pisos en Holanda, iso si que é unha carga para toda a vida e cun divorcio moi complicado, aínda che saía mellor casarte jeje. Un saúdo

  5. 5

    Pablo (dende o traballo) said,

    xuño 17, 2008 @ 11:42 am

    Mar e Lua, a cancion descubrina na miña etapa de tres anos en Barcelona e aqui segue. Mais que emocionado estou dos nervios, pero levase ben! Animo coa tua mudanza!!

    Oquetencu, aledome de verte de novo por aqui! Falas holandes tamen?? Dilluns o diumenges, no importa res, nosaltres tenim que comenzar sempre (no tinc la c tancada en aquest teclado!) Petonets!!

    Maria, as hipotecas tamen desfan matrimonios!! A que esperas para vir? O caldo xa esta no lume… non e galego, pero holandes tamen esta rico!

    Dagolada, os prezos dos pisos por aqui andan ben altos… pero os sueldos tamen. E a diferencia con España, aqui esta todo bastante caro, pero temos bos sueldos.

    Graciñas a todos!

  6. 6

    maray said,

    xuño 17, 2008 @ 5:28 pm

    minha avó dizia que “quem casa, quer casa”. assim, uma vez que a casa já tens…só resta mesmo casar! Não tens outra alternativa!!
    Quanto à hipoteca, só pra te consolar, a da minha casa levou 15 anos. Quando acabei de pagar, já tinha dois filhos….

  7. 7

    Pablo said,

    xuño 17, 2008 @ 7:54 pm

    Maray, eu teño 28 anos (case 29) e “so” me quedan 30 para pagar toda a hipoteca… nadiña, nun abrir e pechar de ollos, verás ti!!

Comment RSS · TrackBack URI

Say your words

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis