Destape

O outro día soñei con xente espida.

Parecía que Zara non invadira nunca as nosas vidas e o señor Amancio era un máis nas listas do paro. Os chinos deixaran de facer copias baratas das marcas punteiras do mercado textil... precisamente porque estas marcas non existían. Non había modelos anoréxicas porque non tiñan roupa que anunciar nos seus corpos-obxeto, e as profesións de sastre e costureira non tiñan futuro nengún. Incluso os xogadores de fútbol adicábanse xusto a iso, a darlle patadicas a un balón en vez de posar cun taparabos para as revistas de moda. Revistas que, a falta de roupas coas que enganar á xente, cubrían as súas páxinas con anuncios de praias e cidades nas que a xente ía con roupa. Incluso Iker Jimenez lle adicou un mes enteiro a estes lugares no seu projrama de sucesos para-anormais.

Os hospitais enchíanse de xente traumatizada por ver a Carmen Sevilla e ó Parada ese espidos na televisión. Todo parecía natural, pero aínda había certas cousas que non tiñan lugar na mente humán e as imaxes destes dous en pelota picada era unha desas cousas. A pornografía ocupaba o 90% da parrilla televisiva e os programas con xente vestida eran codificados ou pasábanos polo canal dixital. Aquí vos deixo unha proba en forma de foto da programación naqueles tempos, creo que se chamaba aljo así como "Dónde estás, gayolón?", e non fai falla que explique as normas do concurso porque creo que é bastante obvio, non si?

Interviu, a famosa revista, sacaba exclusivas tipo "Presentamos a Yola Berrocal con roupa!!", da que venderon 20 millóns de exemplares. Os meses das rebaixas pasaron a mellor vida e a economía do país recuperouse un 30%. Todos sabíamos por fin toda a verdade sobre o presidente.... era roncollo. Isto causou un gran impacto no seu momento: "un presidente do goberno roncollo?, non pode ser!!". Aínda que máis tarde demostrouse que iso non é inconveniente para dirixir un país, tirando así por terra a teoría feminista que defende que o home pensa exclusivamente coa entreperna. Se así fose teríamos un presidente discapacitado, tanto física como mentalmente.

Houbo un momento histórico no cal aínda había xente que usaba roupa; chamábanlles os desviados. Todo iso acabou no momento en que o movemento anárquico-nudista (MAN) impuxo a súa lei e exterminou a tódolos dexenerados que se atrevían a usar roupa, botándoos do planeta, enterrándoos en fosas comúns ou mazándoos a pedradas ata matalos. Calculouse nese momento que a poboación mundial reduciuse nun 15% e 10 millóns de toneladas de roupa foron queimadas. Dende aquela, os animaliños seguían a conservar as súas peles e especies como as focas xa non estaban en perigo de extinción.

As empresas Nike e Adidas entraron en bancarrota e os nenos asiáticos voltaron a disfrutar da súa infancia. Boris Izaguirre xa non podría da-la nota baixándose os pantalóns e tampouco presumir de micropene, xa todo o mundo sabía que el non era o único. Os monasterios e as igrexas estaban saturados de xente, coñecidos como "os últimos dexenerados". Recluíranse voluntariamente en pequenas celdas individuais, hermeticamente pechadas, situadas no interior destes edificios, co único obxetivo de non cometer o pecado mortal que supoñía para eles a visión dun corpo espido.

De súpeto desperteime e a miña nai estaba loitando coas miñas mans que tentaban sen éxito destrozar uns calzoncillos. "Pero que carallo fas, oh!", dixo miña nai mentras me quitaba os calzoncillos das mans. "Ti toleaches ou que?, e vístete, porco!". Volvín á realidade, e, aínda sen asear e morto de sono, abrín a porta do armario, percatándome de que necesito uns pantalóns novos, unha chaqueta, tres camisetas e un par de zapatos... e por suposto uns calzoncillos.

Merda!

Chuzame! chúzame -
del.icio.us this!

3 Responses so far »

  1. 1

    dagolada said,

    xuño 6, 2008 @ 10:39 pm

    Buff, casi prefiro que sigamos con roupa, a imaxe de Carmen Sevilla espida, revolveume o estómago, claro que sempre tería as súas vantaxen como ben aprobeita o tipo da foto. Unha aperta

  2. 2

    Mar e Lúa said,

    xuño 17, 2008 @ 1:00 am

    Parece que nesta sociedade temos medo do noso propio corpo. Dáse a paradoxa de que temos que ser corpos Danone de cara ós demais, pero logo temos medo de disfrutar do iogur. Eu teño a teoría de que a maioría da xente non sabe como e cando tocar ó resto. ¿Ti non te sentes incómodo cando te toca algunha persoa que acabas de coñecer? A min polo menos pásame iso.

    A ver se entendemos dunha vez que o corpo humán é o máis natural do mundo, e xa que o temos, ¡que carallo!… ¡Aproveitémolo! ¿Non si?

    Moi dicertido o post ;)

  3. 3

    Pablo said,

    xuño 17, 2008 @ 7:46 pm

    Dagolada, ti serías un dos que colapsaría os hospitais debido a esa imaxe… non sería tan dramático home!

    Marelúa, totalmente dacordo contijo. Pódenche dicir, os que me coñecen ben, que non vou moito cos corpos Danonde, máis ben póñenme os kilos de máis… e moito! :-) (E é por iso polo que son considerado raro… pero é o que hai, e o que non ande ajusto, a mamala, así de claro)

Comment RSS · TrackBack URI

Say your words

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis