Ay pena penita penaaaaaaa
Como ese tiburón desdentado que de repente vese rodeado por un feixe de pirañas máis famentas que de costume.
Como unha araña macho perseguida e acosada por un grupiño de amijas da Viuda Negra que horas antes fecundara e da que, milagrosamente, conseguira escapar.
Como un buitre coas alas magulladas so capaz de dar chimpos, contando os minutos que faltan para convertirse na seguinte peza de carroña que servirá de alimento para os membros da súa mesma especie.
Así debe de sentirse Mariano "eso no me cabe!" Rajoy nestes días. E moito pior que se sentirá!. Agora que o Lara ese decidiu darse de baixa do seu partido parece que todo o mundo ten vía libre para decir o que lle pete, coa única intención de derrocar ó seu lider. Incluso o enano cabrón do bijote, quen a jolpe de dedo máxico situou a Rajoy no máis alto anos atrás, está agora apuntando noutra dirección, sinalando á súa seguinte marioneta... será Esperanza "que nivelazo tengo" Aguirre ou polo contrario María "camionera" San Gil? Xa se verá.
O caso é que todo o mundo se está cebando co pobre do Mariano. E os que non se ceban, como Gallardón, pois son os típicos lamecús que esperan o momento idóneo para deixar caer o brazo na espalda do emperador a modo de puñalada e ocupar así o tan ansiado trono. O que non entendo moi ben é o interés de Don Manuel "non usedes condón" Fraga en defender a Rajoy. Supoño que será por ser os dous galegos (por desjracia) e, a pesar do sangue puro e libre característico dos bos patriotas que corre polas súas venas, aínda lles queda aljo de galeguidade (posiblemente camuflada en forma de hemorroide) que fai que se defendan mutuamente. Pobriños.
E a min que o "home" xa me está dando pena e todo. Pois si, como o leedes, aínda que pareza raro e utópico, Rajoy dame pena. Xa sabedes de sobra que a miña empatía xógame ás veces malas pasadas, como é o caso. Sempre sentín pena polo parrulo feo, pola típica ovella nejra, pola nena gordiña e con gafas da que todos se mofaban, polo neno que sempre levaba a mesma roupa á escola e soamente por iso recibía a súa ración diaria de hostias e insultos varios,... incluso chorei aquela vez que soñei que lle metían catro tiros a un tal Rouco... bueno, isto último é mentira, non chorei!!
Pero Rajoy... él dame pena. Mellor lle era dimitir e deixar esa casa de putas e carroñeiros que é o PP. Aínda que ben pensado e por moita pena que me de o homiño, sabemos de sobra que cada un ten o que se merece, que a cada porco lle chega o seu San Martiño, que o que sembra ventos recolle tempestades e que o que come demasiados nabos acaba atrajantándose.
Así pois, Mariano, recuperando unhas famosas palabras que tanto furor causaron no seu momento, dende o meu humilde e antirelixioso espacio eu digo... jódete, Mariano, JÓDETE!
chúzame - 

Mar e Lúa said,
maio 27, 2008 @ 3:00 pm
Ai, esa empatía túa… A min pena non é que me dea, agora, que tampouco me alegro por el… Xa sabes o que din: outros virán que bo te farán.
Case me dá medo quen o pode facer bo.
Apertas!