Meme: Passion Quilt

Pois é a primeira vez que me chega unha cousa destas ó meu blog. O "culpable" é Jon Kepa que me invita a facer o seguinte:

  • Postear unha imaxe ou facer/tomar/crear unha propia que capture o que máis TE APASIONE que sexa aprendido.
  • Darlle á imaxe un breve título
  • Titular o post “Meme: Passion Quilt”
  • Enlazar esta entrada
  • Incluir enlaces a 5 ou máis maestros ou persoas que transmiten coñecemento.

E aquí vai a miña:

"Las manos hacia arriba, las manos hacia abajo y como los gorilas... uh, uh, uh!!"

* Aqui deberia de ir unha foto na que aparecen curas e membros do exercito levantando a man dereita apuntando cara o ceo, pero gracias a esta merda de servidor xa non poido nen sequera ponher fotos, videos,... nadinha! Agora estou no traballo e tampouco poido ponher acentos... Rouco deixame en paz xaaaaaa!

Pois iso, que o que me gustaría que fose aprendido e recordado de vez en cando é que a disciplina e os ideais levados a extremos son perxudiciais para a paz e a convivencia do ser humán. E a relixión e o exército son, dende o meu punto de vista, claros exemplos de radicalismo ideolóxico que delimita claramente a liberdade de expresión tanto de persoas como de grupos sociais. E claro está que isto debería ser ensinado xeneración tras xeneración... senón xa se ve o que pasa con nenos malcriados, xa temos exemplos de sobra: Rouco Varela, Jimenez Losantos, Aznar, Bush, Fidel Castro, ... e un largo etc...

Gostaríame ver as fotos que elixen os seguintes amigos (claro está que se non apetece ou un non gusta de estas cousas, pois non me vou enfadar... ó millor mándovos un mal de ollo dende a distancia... pero enfadarme, nunca!):

Mar e Lúa

Ninsesabe

Zeltia

Tono7

Dagolada

Chuzame! chúzame -
del.icio.us this!

4 Responses so far »

  1. 1

    Mar e Lúa said,

    maio 22, 2008 @ 12:53 am

    Uiiiii! Eu para estas cousas son máis galega que o licor café! Son super indecisa! Será un pracer continuar co meme, pero iso si, dame uns cantos días para pensar que poñer.

    A ver se o entendo ben: é algo que nos gustaría que o mundo aprendese, ¿non?

    Ando xa a pensar no post jajaja. Por certo, moita razón leva o teu. Graciñas por acordarte de min!

    Unha aperta ;)

  2. 2

    Zeltia said,

    maio 22, 2008 @ 12:36 pm

    el enlace de tu imagen no me lleva… :-0
    y en el blog al que enlazas no veo el meme.
    hoy no es mi dia.
    no estoy segura de haber entendido lo que hay que hacer, pabliño, porque “o dos maestros ou persoas que transmiten coñecemento” pois, así en xeral, non coñezo ningunha ;-) pero baixando ó particular, de todos podemos aprender algo.
    Vou bulir a facelo, que despois isto extendese coma a pólvora e xa non queda blog ningún a quén colgarlle o meme :-)

  3. 3

    zeltia said,

    maio 22, 2008 @ 1:41 pm

    meme: edredón de pasión (serie endogamia)…

    Cuando disfrutas de la vida no necesitas pensar mucho, cuando no lo haces, filosofas.

    Antiguo cementerio en el camposanto de una iglesia, en la provincia de Lugo
    Este post es un meme que me pasó pablo desde su blog&n…

  4. 4

    Pablo said,

    maio 22, 2008 @ 10:01 pm

    Mar e Lúa, toma o teu tempo muller, e é tal e como dis, unha foto que represente algo que che gustaría que fose aprendido polos demáis.

    Zeltia, o da foto e o link foron erros meus, pero xa está correxido… bueno, o da foto máis ou menos. E o conto consiste en elexir unha foto que represente algo que ti pensas que debería ser ensinado, e é ahí cando todos expresamos un pedazico de coñecemento, facendo, por un instante, de mestres (aínda que eu non me considero mestre nin moito menos, máis ben alumno de por vida). Pero bueno, xa vin o teu e vale ben!! :-)

    Bicos ás dúas!

Comment RSS · TrackBack URI

Say your words

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis