Sequía

"Están llamando, están llamando a tu celulaaaaaaaaaar" brrrr, brrrr, brrrrr (vibrador... do móvil, enténdese!)

Merda, o móvil! Sempre me pasa o mesmo e no pior momento o aparatiño este decide tocarme o carallo. Aljún día farei como o Brad Pitt na película aquela e collerei unha bolsiña cun par de calzoncillos limpos e ireime para o Tibet, a ver se xa de paso poño un pouco de orde por alí, que hai que ver como se poñen os monxes estes e total porque un dictador fillo de puta lles faja a vida imposible... E é que a xente xa se queixa por todo hoxe en día.

- "Diga?"- dixen eu contestando máis desjanado que unha operadora do sercicio de atención ó cliente de telefónica.

- "Pablo?... coño, por fin!"

- "Non me fodas oh!!!!"- aquela voz era moi familiar, e non me producía orjasmos precisamente.

- "Home, xa che dixen a última vez que non eras o meu tipo, así que non insistas"

- "Pero como é que tes o meu número do móvil?"

- "Non sexas inocente. Por ter teño ata o teu ADN e todo o que eu queira. Pero isto de chamarte ó móvil sáeme moito máis barato que as aparicións estelares ás que vos teño tan mal acostumados"

- "Bueno, polo menos non teño que verche a cara"- respondín eu ó mesmo tempo que me deixaba caer no sofá resignado e cabreado porque o Rouco estábame a tocar os collós de novo.

- "Oes, xa todo o mundo sabe o feo que son. Non é necesario que mo repitas cada vez que falamos. Ademáis, non te chamo para iso."

- "E que é o que queres esta vez? Porque xa sabes de sobra que prefiro ir ó inferno antes que ter nada que ver con vós"

- "Pois que actualices o blog, que xa está ben, non? Non é que me juste o teu blog, pero dasnos publicidade e xa sabes o dito "Que falen de ti, ben ou mal pero que falen de ti"

- "Vaia, o que me faltaba"

- "Ademáis, déronche dous premios e ti nen sequera reaccionaches"

- "Ison non é cousa túa, non me toques o nabo. Xa ajradecín tanto a D'agolada como Jon Kepa os seus premios"

- "Aínda así tes que ser máis educado e xeneroso cos demáis"

- "Oes, estouche dicindo que non me toques o nabo. Mira quen fala de xenerosidade. Sóache de aljo o nome de Magdalena Rouco Hernández? Porque ela podería falar da túa xenerosidade durante anos. Ti que tanto falas da familia e que tanto defendes o modelo de familia cristiana... xa hai que ser hipócrita Rouquiño!!"

- "Non sexas demagogo. Esa muler está tola, e xa deixou de ser a miña sobriña hai tempo. Por que me ía eu a preocupar por ela se é pobre? Que gaño eu?"

- "Será iso entón. Sempre pensei que non vos interesa acabar coa pobreza no mundo porque é a vosa principal fonte de ingresos. Aproveitádesvos moito da pobreza e da incultura da xente. Vaille tocar o nabo a outro"

- "Ti que saberás se eres un descarrilado, ignorante e radical. E para xa de utilizar a palabra nabo, parece que estás obsesionado"

- "Prefiro estar obsesionado con aljo que sei que existe, que vexo cada día e co que non fajo nengún tipo de nejocio (por agora, todo se andará)"

- "Xa vexo. Eres un porco pervertido que intenta convencer á xente para que se afasten do camiño de asfalto e ben feitiño marcado polo noso señor e vaian por camiños de barro cheos de orxías, violencia e rebeldía. Estarás contento!"

- "E ben orjulloso que me sinto de ser así. Polo menos non fajo mal a naide, e non roubo e non minto. Mira, vouche propoñer aljo"

- "Ilumíname!"

- "Enterácheste da igrexa que apareceu nun pantano en Barcelona debido á sequía?"

- "Si, outra obra do noso señor todopoderoso"

- "O que ti dijas! Por que non colles a todo o teu rebaño e instaládevos alí, meditando, depilándovos as injles ou facéndovos a pedicura uns ós outros? E mentras, tódolos demáis rezaremos, aínda que nos coste un mundo, para que o pantano se encha de novo e vos leve dunha vez por todas ó voso ceo tan alabado e desexado"

- "Aínda tes mala hostia, oh!"

- "Eu? Pois depende como o mires. Pero escoita, así para acabar vouche poñer un vídeo no que aparecen moitas persoas lixeiras de roupa e con pensamentos impuros, guiados por unha música inventada polo diaño. Aínda que creo que non te sorprenderá... a saber o que tes ti no disco duro do teu ordenador. Millor prefiro non saber... deixade en paz ós nenos, carallo!!!!!!!!"

- "Pi....... pi....... pi..... pi.... pi...."

- "A mamala nazi fillo de puta!, e disfruta un pouco da vida, amarjado!"

Hola a todos de novo!!!  :-)

Chuzame! chúzame -
del.icio.us this!

4 Responses so far »

  1. 1

    dagolada said,

    maio 18, 2008 @ 8:43 pm

    Tes razón tiñan que morrer todos afogados, non lles gusta tanto ese ceo que prometen pois que vaian o caso e que sejuro que ian para o inferno, Rouco de primeiro. A min se me pilla Rouco o móvil, si que marcho para o Tibet, como mínimo jeje. Un saúdo.

  2. 2

    Jon Kepa said,

    maio 18, 2008 @ 10:40 pm

    Te he dejado un meme en mi blog.

    Saude.

  3. 3

    Mar e Lúa said,

    maio 21, 2008 @ 12:01 am

    Pablo!!

  4. 4

    Mar e Lúa said,

    maio 21, 2008 @ 12:05 am

    Ai, que non sei que me pasou antes! Íache dicir que me alegro moito de que esteas de volta, pero creo que lle din a algún boton antes de poder seguir escribindo! Jajaja, aínda ando medio traumatizada, non sei se polo intento de roubo que sufrín ou pola sobriña de Rouco.
    Ese home acabará pedíndolle ó Benedicto que lle poña liña directa contigo! Vai con coidadiño!

Comment RSS · TrackBack URI

Say your words

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis