Pan paniscus
Non, por moito que o parezca isto no é unha nova marca de pan de molde. É o que eu quero ser de maior (se chejo aló). É o nome que recibe un tipo de chimpancé, máis comunmente coñecido como bonobo. E, en caso de que eu non cheje a ser maior nunca, decidín que me vou reencarnar nestas cousas con ese nome mezcla entre ministro socialista e transporte público.
Así pois, tras 28 anos (case 29), decidínme a creer na reencarnación, pero soamente se poido elexir a cousa ou animal do que cobrarei forma unha vez morto. Se non é así, pois paso moito de reencarnarme, porque estou sejuro que se son outros os que elixen por min (e serán probablemente os que manexan o cotarro e poseen a maior casa de putas xamáis creada, é dicir a igrexa católica), farían que me reencarnase no pior do pior de todo; nun perezoso, nunha ameba ou, o que sería matarme outra vez despois de morto, nun facha simpatizante do Opus Dei.
Pero se poido elexir, serei un pan paniscus deses. É máis, penso que todos deberíamos ser como estes animaliños, a cousa iría bastante mellor.
O bonobo separouse do seu primo o chimpancé e deixou a un lado o seu carácter máis violento. E unha vida sen violencia pois ten que prestar moito, non tanto como afeitarlle o bijote a Aznar con auja fevendo, coma quen despelexa un pito despois de morto, pero case. Ademáis, o bonobo é máis intelixente que o chimpancé, e iso sería xa a hostia vamos! Eu, reencarnado nun ser non violento e intelixente... o ser perfecto polo que tódalas sojras e sojros matarían.
Pero o mellor de todo, o que máis me justa dos bonobos estes, seres listos a máis non poder, é o seu comportamento, polo que sento pura envexa. Estes pequenos bichos basan o seu comportamento no sexo... apártate Roco Sifredi que veñen os bonobos!! Nada de andar a hostias ou pasar uns dos outros, non, a foder que se acaba o mundo! E así debería ser entre humáns tamén! Se se atopan dous bonobos polo monte adiante, collendo setas ou fumando ás ajachadas, o saúdo a utilizar será unha actividade sexual: xa sexa unha mamadiña, un cunilingus deses ou un rápido mete-e-saca. Non estou de coña, que conste!!

Estes cabronazos utilizan o sexo para todo: como saúdo, para a resolución de conflictos, como reconciliación ou como moeda de cambio por outros favores. Non me dijades que non son espabilados!! E non so iso, senón que ademáis non teñen escrúpulos e dalles o mesmo mexillón que ameixa, nin se fixan no xénero nin na idade dos seus compañeiros sexuais. Soamente se cortan un pouco, sejún os expertos, á hora de manter relacións entre nais e fillos, o que me parece moi lóxico e civilizado (aprende ser humán!!). Machos con machos, hembras con hembras, vamos que nin o mismísimo Calígula nos seus mellores anos. E xa é o máximo a celebración que levan a cabo cando atopan unha nova fonte de comida: orxía que te criou! ¿Imaxinádesvos ós membros da OTAN, da UE ou calquer outra organización celebrando desta maneira a consecución dun acordo común? Pois eu pajaría por velo!!! EStaría moito millor montar unha orxía e non lanzarse bombas nos ollos uns ós outros. Vamos, que eu prefiro correrme ben ajusto que matar millóns de civiles inocentes... lástima que Bush e compañía non pensen o mesmo.

Para saber máis sobre os bonobos estes podedes facer un clic no link da Wikipedia que puxen ó principio desta entrada, e veredes que todo o que dijo non é ninjunha mentira. Eu, mentras tanto, sejirei informándome a ver onde se hai que apuntar para reencarnarse nun bicho destes.
Oxalá todos fóramos "Pan paniscuses" destes, o mundo iría moito millor, andaríamos un pouco máis escocidos pero que carallo!! todo ten un prezo!!!
chuzame - 

d´agolada said,
Abril 16, 2008 @ 1:45 am
Bueno, con esa vida quen quere esperar á reencarnación, eu quero ir meter xa, onde hai que firmar? Os bonobos estes si que saben como facer as cousas, se aprenderamos… A imaxe de Bush and Company celebrando un acordo fodendo fixo que me descojonara…, teranlle que pedir consello a Bill Clinton como se fai unha boa mamada, aínda que co liado que anda ó millor teno algo esquecido, jeje. Saúdos.
Mar e Lúa said,
Abril 17, 2008 @ 12:28 pm
Uiiii! Eu tamén me apunto, ¿eh? Cando saibades como se fai para apuntarse non vos esquezades de avisarme!
Ou aínda mellor, ¿por que non creamos unha comunidade bonobo nalgún monte galego? Jajajaja.
Eu tamén pedirei ser bonobo na miña próxima vida
Pablo said,
Abril 20, 2008 @ 5:23 pm
Pois xa me informarei un pouco máis e xa vos avisarei. O que pasa é que sendo soamente tres non creo que vaiamos moi lonxe…
Saúdos!