Reflexión

Ontes a mediodía estaba escoitando a Ser, por non variar, e de repente deron a noticia do asasinato de Isaías Carrasco. Xa hai que ser fillo de puta. Despois da tristeza e a repulsa que sentín, sentín a curiosidade de saber se alguén utilizaría este atentado con intereses políticos. Parece ser que non, que todo o mundo está dacordo en loitar e condear o atentado. Claro que non me atrevín a poñer a Cope (sempre que o fago póñome de moi mala hostia, e tampouco é plan, que reflexionar de mala hostia condiciona a un de mala maneira), e non quero nin saber o que alí comentaban.
Pero así reflexionando, deume por facer un pouco de memoría, de recuperar sucesos non moi lonxanos no tempo. E acordeime da tregua que fixo ETA no 1998, co bigotitos como presidente do goberno... recordades??:
Os contactos que aquel persoaxe, actuando como presidente do goberno, mantiu co "Movimiento vasco"...
... e a xenerosidade que estaba disposto a aplicar cos terroristas se éstes deixaban as armas...
... e por onde carallo andaban os da falange por aquel entonces, que tanto protestaron porque Zapatero fixo o mesmo???
Que dito xa sexa de paso, eu prefiro atoparme con oitocentas santa compañas, esas compostas de espíritus que te collen para vagar sen rumbo durante o resto da túa vida polos montes galegos, que tampouco pinta tan mal o asunto (é que temos unhos montes...), a ter que cruzarme con un destes falanxistas pola calle. Xa hai que ser lameconas. E a puta asociación esa que disque defende a dignidade das víctimas, onde carallo estaba por aquel entonces??
E aquí paro, que me acabo de levantar e aínda non mexei! Eu xa me quedo tranquilo, xa fixen uso da xornada de reflexión, a pesar de ser aínda as 11 da mañá. Vou ó supermercado que os jatos están famentos (isto de ter jatos é peor que ter fillos!!!) e como non lles deamos aljo de comer nas próximas dúas horas, sacarán as súas uñas ben afiladas e non pararán ata sacarme os ollos, aínda que para ver o que hai que ver...
Déixovos cunha canción apropiada para os tempos que corren... Saúde e República!!
chúzame - 

