Jaque…
Chove sobre mollado.... Outra vez. Aínda hoxe, despois de máis de medio século de vida ás súas espaldas, A. non é capaz de enfrentarse ós seus sentimentos. Os mesmos sentimentos dos que fuxe dende aquela tarde que se atopou co seu mellor amigo, a soas, os dous frente a frente, silencio,... pero escampou.
Para A. nunca foi doado, pero dunha forma ou doutra sempre conseguiu o que se propuxo; deixar a un lado a súa conciencia, o seu salvaxismo oculto, a súa imaxinación, e crear unha familia: casarse e ter fillos, como sempre dicía a súa avoa.
Ó longo da súa vida sempre se mollou, sempre chovía cando a súa mente cobraba vida e dispoñía como a ela realmente lle gustaba. Pero ó final, sempre escampaba.
A. sofre demasiado as choivas que veñen e van. Sabe que nunca poderá desfacerse delas... e sabe tamén que, aló no fondo da súa alma, non quere perdelas, forman parte da súa vida, da súa personalidade... é o que lle axuda a fuxir da realidade, e pensar por uns intres "que pasaría se...?".
A. nunca probou a mollarse por completo, sempre esperou a que escampase para así seguir construindo o seu camiño, e, resgardado baixo aquelas acolledoras galerías, facer coma se a choiva fose invisible.

Déixate levar A., camiña baixo a choiva e deixate levar. Ó final dese día, cando chegue, xa na túa casa collerás unha toalla e secaras todo o teu corpo satisfeito, mirando á choiva que tanto medo che poñía, sentíndote relaxado, aliviado, como novo,...
Non esperes a que escampe A., e da o mate, te-lo moi doado.
chuzame - 

dagolada said,
Abril 1, 2008 @ 11:58 pm
Esta ben a historia, moi realista, mola. Aínda que me gustan maís as entradas máis divertidas, penso que se che dan mellor xDD. Saúdos e grazas por pasarte polo meu blog. Xao
Pablo said,
Abril 2, 2008 @ 9:25 am
A min tamen me gustan mais as entradas divertidas, pero o animo floxea de vez en cando e pasa o que pasa… atento a seguinte entrada
(teclado anglosaxon, non acentos)
Mar e Lúa said,
Abril 2, 2008 @ 1:15 pm
Coñezo a alguén que está nunha situación semellante… Seguro que non é polos mesmos motivos, pero a sensación debe ser parecida…
E claro que as entradas divertidas son máis divertidas, como o seu propio nome indica… Pero de cando en cando tamén hai que botalo todo fóra, ¿non si?
Moito ánimo e unha aperta moi forte!
Zeltia said,
Abril 3, 2008 @ 5:57 pm
Pois hai un refrán que lle vai ben: o de nadar e gardar a roupa.
quen nada e garda a roupa á vez, acostuma non ir moi de frente, e tornar a auga cara ó seu rego.
Tamén hai unha palabra que define a tua historia: cobardía.
Pódeselle botar literatura, pero… o que eu che digo.
Tampouco é que iso sea malo, só é humano. E a historia de case todos, ó fin.
Zeltia said,
Abril 3, 2008 @ 6:00 pm
Refírome a historia que contas, claro, non a tí mesmo, of course, non vaiamos tela agora
arredemo.
Pablo said,
Abril 3, 2008 @ 9:26 pm
Mar e Lúa, non é un caso meu, pero si é un caso que coñezo, é unha forma de animar a esa persoa dende este o meu recuncho. Como di Zeltia, é a historia de case todo o mundo, dun ou doutro xeito, e como ben remata ela… cobardía, pura e dura. Graciñas pola aperta, outra forte para ti!
Zeltia, xa sei que te refires á historia, aínda así, que seipas que tes vía libre para expresar o que realmente pensas, non son dos que censuran ou se cabrean por escoitar opinións diferentes
arredemo que non quero tela con naide 