O avó dun neno tonto
Acórdome ben cando aparecía o rei nas noticias da noite e el, alí sentado co seu vaso de mosto que lle pasaba ben polo viño que lle prohibiran anos atrás, soltaba aquilo de "xa está ahí o borracho coa rana ó seu carón". Aínda hoxe en día non sei porqué lle chamaba así á muller do rei; penso que sería por non dicir cousas máis fortes por estar eu diante.
Eu, que por aquel entón tiña oito anos, sentíame na jloria cada noite cando, despois de cear e antes de que me "collera Pedro Chosco", ía á casa dos meus avós a darlles o bico de boas noites e aproveitaba para escoitar ó señor Arturo rirse de canto can aparecia na tele. Era o típico home de 66 anos que xa estaba de volta de todo. Emigrou a Suiza na súa xuventude e iso conta como unha boa experiencia, no para estar de volta de todo pero si para saber o que costa partirse o lombo para sacar á parenta e ós fillos adiante. Reíame moito cando se refería a Gorvachov como "o da cajada da paloma" ou cando lle chamaba ladrón a Felipe Gonzalez. Odiaba a Franco a máis non poder e á dereita reaccionaria do PP, pero tampouco lle tiña moit aprecio ós socialistas. Claro que eun non entendía nin papa do que significaba facha ou roxo. Eu limitábame a sentarme na cadeira ó seu carón e sentirme como nunha nube cada vez que soltaba algunha das súas, mirándome de esgallo cunha sorisa pícara e chiscándome un ollo. Eu era o máis feliz do mundo neses intres.
Aquela noite meu irmán, de catro aniños e cuns rizos de ouro que lle costaban disjustos na escola, decidiu acompañarme na miña visita diaria á casa dos meus avós. Eu era un rapaciño moi tranquiliño e educado, pero cando o meu irmán asomaba o fuciño e estábamos os dous xuntos xa podía temblar o mundo, non había cousa pior. Acórdome que eu dicíalle ó meu irmán que era como supermán, que podía voar. El, o moi cabrón, poñía cara de paspán e animábame a facerlle unha demostración:
- Pois se é verdade que podes voar, sube ó sofá e voa.
O meu avó, que estaba a todo, viume a intención e, mentras eu ía pouco a pouco collendo posicións, dicíame con toda a calma do mundo:
- Neno, baixa de ahí que te vas a partir a crisma.
Eu, que estaba convencido que podía voar e tamén facer a onda vital que facía Songoku tódalas tardes na galega, prepareime concienzudamente avisando ó meu irmán para que se puxera diante de min e collerme en caso de que os meus poderes fallaran.
- "Eu cóllote, non te preocupes", dixo abrindo os brazos e mirando á miña avoa, que viña a fume de carozo a baixarme do sofá a zapatillazo limpo (miña avoa non se andaba con tonterías, e coa zapatilla na man daba xenio ver como poñía firme a todo dios).
- Apura, saltaaaaaaaaaa!
E así fixen. Saltei coma nunca, brazos en cruz e cabeza ben alta. Recordo que por un instante pensei que estaba voando, ata que sentín un forte golpe na cara e un corto silencio no que soamente escoitaba os latidos do meu corazón. Acertei a ver á miña ávoa desfacéndose da zapatilla, chamándolle as pestes ó meu irmán, que corría coma un desjraciado, e levantándome por un brazo decíndome:
- Ajora vai xunta a túa nai e cóntalle o que pasou.
Eu choraba desjanado, no pola dor do jolpe, senón porque o meu avó estábase a rir de min dicíndome que me faltaba un dente. Un dos meus primeiros dentes, despois dos de leite, partiuse pola mitade e facíame parecer máis tonto do que xa era.
Despois de pasarme media vida nos dentistas, aínda hoxe en día meu irmán rise de min cada vez que pode e miña nai, toda rencorosa ela, recórdame cantos cartos lle costou o meu dichoso dente.
Pregúntome que me diría o meu avó... Xa hai máis de 12 anos que está esperando por min non inferno para sentarme de novo ó seu carón, co seu vaso de mosto e chiscándome un ollo mentras bota pestes contra aljún calquera que se poña por diante.
Aposto un juevo e parte da miña próstata a que o jato do seguinte vídeo tamén pasou media vida no dentista.
chúzame - 

dagolada said,
marzo 26, 2008 @ 6:53 pm
Os irmáns pequenos sempre se apañan para facernos algunha putada ós irmáns maiores, que cabróns son. Aínda se che nota o do dente? jeje .saúdos
María said,
marzo 26, 2008 @ 7:05 pm
Jajajaja. Eu quixen facelo mesmo disfrazada de superman pero a miña tía non me deixou!!!!
Este Pabilito….
Pablo said,
marzo 29, 2008 @ 12:09 pm
Dagolada, se vas ós meus arquivos, penso que en septembro, teño unha foto miña por alí posta, verás como hai unha pequena diferencia nun dente con respecto ós demáis. Saúdos!
María, ti eres unha cativa… como é que te disfrazaches de supermán? aínda hai xente rara polo mundo adiante….
dagolada said,
marzo 29, 2008 @ 9:05 pm
si que se nota algo, nos dentes dianteiros, non lembro o seu nome non? dende logo con ese pelo se me dis que es galego non o creo jeje, que lle botaches para que che quedase tan rubio? saúdos
Relixion? non, gracias, prefiro pensar » 20 anos said,
xuño 20, 2008 @ 10:13 pm
[...] nunca se daba por vencido no seu afán de asesinarme, iso si, facendo ver que fora un accidente, xa o intentara un había un ano. A pesar de ter so 5 anos e o pelo rubiño coma o dun anxo, meu irmán, guiado polo demo que o [...]