Fálalles de “eso”

Aínda o recordo como se fora ontes e xa pasaron polo menos 16 anos (mecajo no paso do tempo e mecajo tamén na madurez, xa de paso).

Por aquel entón tería eu 12 anos, xa me empezaba a sair o bijote e aljún que outro pelo nos juevos (podería dicir entreperna, pero aínda non chejei a ese nivel de finura extrema). Eran as festas do meu pobo e esa noite ía ser a primeira que saía eu so, sen os meus pais, que decidiran darme duascentas pesetas e deixarme ceive por unhas horas.

Pero claro, ti dalle eses cartos a un neno e mándao xunta os coches de choque, o tiro ó pichón,.. e cousas polo estilo. Non lle duran nin media hora. E así foi, as duascentas pesetas duráronme no bolsillo menos tempo do que pasa Boris Izaguirre dentro dun armario, a non ser que o armario en cuestión sexa de Adolfo Domínguez e teña dentro vinte "machas anabolizadas" amantes dos micropenes. Así pois, despois de media hora e sen cartos, decidín volver para á casa, na festa xa non pintaba nada. Cando cheguei, vin a luz da cociña encendida e tentei a porta, porque supuxen que os meus pais estarían despertos vendo a televisión. Pero a porta non abriu. Dispúxenme a coller as miñas chaves e escoitei, de súpeto, unhos ruidos na cociña. Como se alguén se vise sorprendido pola situación e estivese a recollerse para facer ver que alí non pasara nada. Pero eu fun máis rápido coas miñas mans (daquela era experto en traballos manuais, e aínda o son, todo hai que dicilo) e abrí a porta. Deume tempo xusto para ver á miña nai a fume de carozo escaleiras arriba e ó meu pai, apoiado na porta e medio encorvado, tentando disimular o bulto que se lle vía un pouco máis abaixo do omblijo, xa me entendedes:

- Si que chejas cedo, neniño, non había naide da festa?

- Si oh, pero acabei os cartos e aburríame.

Estou sejuro que o meu pai, neses intres, xurou para si mesmo: "Cajondios, se o sei douche mil pesos".

Ó día seguinte miña nai non se atrevía a mirarme á cara e, tanto ela coma o meu pai, andaban medio nerviosos sen saber ben que facer ou que dicir. Pregunteilles se estiveran a foder a noite anterior (así como o leedes, eu xa por aquel entón non me calaba nadiña e era un pouco directo de máis), pero a resposta era sempre a mesma: "Que carallo dis, oh? Ti que saberás diso!".

Máis adiante, meus pais tentaron sempre de falarnos e darnos información sobre o sexo, pero a educación á que estiveron expostos na súa infancia pesáballes moito e dificultáballes a tarea máis do normal.

Dende o meu humilde punto de vista, un sistema educativo eficaz ha de ter unha boa dose de educación sexual (a poder ser con moita práctica :-) ) polo ben de todos.

Se non estades dacordo, mirade o seguinte vídeo a ver se cambiades de opinión. É a decisión que toma un neno despois de que os seus pais lle dixeran que non lle ían falar de sexo ata que fose maior de idade... moito esperar, pensou el:

Chuzame! chúzame -
del.icio.us this!

6 Responses so far »

  1. 1

    Sinblancaporelmundo said,

    marzo 17, 2008 @ 4:41 am

    ¿Crees que el catalán es una puta mierda?

    http://sinblancaporelmundo.wordpress.com/2008/03/16/el-catala-es-una-puta-merda/

  2. 2

    Sinblancaporelmundo said,

    marzo 17, 2008 @ 1:24 pm

    Gustoume moito a túa historia. Eu tamén pillei ao meu pai coméndolle as tetas á miña nai. A miña nai deume un bofetón da vergoña que tiña. O meu pai estaba tan nervioso que co pene erecto ía dun lugar a outro da habitación buscando os calzóns.

    Desde entón sabiamos que estaban facendo algo porque cando chegabamos, o a porta de casa estaba pechada por dentro ou non nos habería ninguén.

  3. 3

    paideleo said,

    marzo 24, 2008 @ 11:04 am

    Supoño que aprenderían desa e déronche máis cartos ou che quitaron as chaves.
    Mui bo o a duración de Boris nun almario.

  4. 4

    diana said,

    marzo 24, 2008 @ 8:50 pm

    pao!!!!!!!!!!
    como parece que no vas a contestar al email que te mande hace un par de semanas, me paso por akí para saludarte.
    que tal todo?
    supongo que muy bien, eso espero desde luego.
    Ultimamente no se de ti, ni siquiera por tu madre, pues ya hace que no la veo, pero supongo que tu tampoco sabras mucho de nosotros.
    ESo es porque no hay gran cosa que contar.
    Hoy no me puedo explayar, pues en 5 minutos cierran la biblioteca, pero espero tu contestación por email.

    bikiños!!!!

  5. 5

    Pablo said,

    marzo 25, 2008 @ 9:27 pm

    Paideleo, optaron pola sejunda opción, deixarme sen chaves!

    Diana, o meu email chéjache mañá, prometido queda, máis bicos!!

    Sei que David tamén puxera un comentario por aquí, pero teño que dicir que, debido a blogaliza.org, tanto unha entrada que fixen o día 19 coma un par de comentarios fóronse tomar polo cú, a saber onde andarán. Perdoade as molestias.

  6. 6

    Zeltia said,

    marzo 26, 2008 @ 9:21 pm

    pois a min nunca me pasou nada de iso. Meus pais xa eran vellos cando me tiveron, e pasaban o tempo a berrar, asi que penso que non follarían moito!. Pero en cambio, cando tiña 8 anos, un mozo de vintetantos, meteume mau baixa a saia decindome que nena mais bonitiña e boa era…
    asi que as leccions de sexo chegan dunha maneira ou outra.
    ah i a cousa non chegou a maiores porque tiña louza na man e co susto e a sorpresa caiume toda, fixo un estruendo de tazas e pratos rotos, e veu o resto da familia ver que pasaba… e ¡conteillo a miña nai! que, por suposto, creeume. Miña nai non follaría moito, (qu de feito chegou un dia en que mo confirmou verbalmente en confidencias de mulleres) pero da vida sabíache un montón

Comment RSS · TrackBack URI

Say your words

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis