Visita inesperada
Estaba eu na cama, disfrutando daquel peito que me volvía tolo e que me guiaba ó orjasmo supremo cando de repente, sen previo aviso, a habitación cubríase cun fume branco acompañado por unha musiquiña de órgano de igrexa vella. Ó mesmo tempo podía distinguir unha sombra que descendía lentamente mentras a habitación se ía convertindo nunha especie de altar dourado cheo de velas e pequenas figuriñas de madeira. A miña cama quedabame xa moi lonxe e apenas podía distinguir aquela silueta provocadora con cara de "a igrexa ata na sopa... fillos de puta!", que estaba a ser engullida polo espesor do dichoso fume branco, que xa dito sexa de paso cheiraba a vello que botaba para atrás.
Cando os meus ollos se afixeron á nova situación, non me faltou tempo para coller papel e boli e acomodarme naquela vella cadeira situada nun curruncho, xusto no lugar perfecto para non perder detalle. Tiña ante os meus ollos ó todopoderoso Rouco Varela, e eu non ía deixar escapar a oportunidade de facerlle unhas preguntas:
-Eu: Istooooo.... é vostede moito máis feo en persoa.
- R.V.: Xa, bueno, non pretenderás que tendo a cara de Brad Pitt ou George Clooney asuste á xente do mesmo modo que o fago coa miña cara. Cada un ten as súas ferramentas de traballo.
- Eu: Bueno, visto así... A todo isto, que carallo fai na miña habitación?
- R.V.: Veño a facerche un lavado de cerebro.
- Eu: Joder, non vos chejou con facerllo á miña avoa?
- R.V.: Os vellos xa non van durar moito, e ela ten 84 anos. Agora hai que ir a polos máis novos.
- Eu: Refírese obxetando contra "Educación para la ciudadanía" ou máis ben fodendo nenos?
- R.V.: Bueno, esas son outras vías de captación. A ti ofrézoche a salvación eterna.
- Eu: ¿Por que a min?
- R.V.: Porque eres rubio, ollos azuis,...
- Eu: Para o carro! Prefiro meter o nabo nunha caixa chea de ortijas antes que rozarlle un pelo a vostede.
- R.V.: Non vou por ahí, oh! Que ti xa eres moi vello para o meu justo.
- Eu: ......
- R.V.: Ti eres bon mozo, e no fondo queres o perdón divino.
- Eu: ¿Refíreste ó mesmo perdón divino que aplicades con pederastas, fascistas e demás fauna semellante?
- R.V.: Si, ese mesmo.
- Eu: Pois eu paso, non o quero.
- R.V.: Tamén che poido ofrecer un posto no rectorado da universidade de Navarra e unha familia postiza libre de pecado coa que encubrir a túa verdadeira vida.
- Eu: E tamén un saco de cartos, supoño.
- R.V.: Pois claro, todo o que queiras.
- Eu: ¿Pero non se supón que enriquecerse sen límites a expensas de bens comúns é un dos novos pecados capitais?
- R.V.: ¿Pero ti es parvo, neno? Xa sabes que nosoutros somos a palabra de deus e tamén nosoutros decidimos quen está libre de pecado e quen non.
- Eu: Iso xa mo imaxinaba eu, por iso rexeito a túa oferta, prefiro antes arder no inferno.
- R.V.: Pois alí irás, xunto con tódolos roxos de merda deste pais tan antidemocrático. E tamén alí atoparaste cos catro roxos ateos que leen o teu blogue.
- Eu: Polo menos poderei seguir co blogue...
- R.V.: Xa vexo que eres imposible e además estasme tocando o carallo. Déixote, pero non quedas libre de pecado. E que seipas que o pixama que levas está pasado de moda e non che peja nadiña coas túas zapatillas.
- Eu: Hala, que vaia ben!
- R.V.: Ah, case me olvidaba. Son 10.000 euros, podes pajar con tarxeta (tes desconto se é de Banesto) ou ben a plazos cun 25% de intereses, que por suposto irán destinados a algunhas das miles de misións que temos repartidas polo mundo adiante, que nos serven para encher as nosas arcas, istooo.... para axudar ós máis necesitados.
- Eu: Pero bueno, aínda encima teño que pajarche?
- R.V.: E lojo! Pensas que amiña aparición estelar é jratis ou que?
- EU: Vosoutros non parades de timar á xente incluso nos soños, macho.
- R.V.: Amigo, o te aclimatas o te aclimueres.
- Eu: Amén!!
chuzame - 

Zeltia said,
Marzo 13, 2008 @ 8:42 pm
jajaja, a tí pásache con rouco varela coma a ninsesabe con rajoy
asbeirasdoarnego said,
Marzo 13, 2008 @ 11:03 pm
bonito blog, está moi gracioso, e o fondo está moi orixinal. oe ten cuidado cos orjasmos, non vaias ter un orjasmo democrático, jeje… acabote de descubrir a través dun amigo, se queres visitalo meu blog, xa sabes www.asbeirasdoarnego.blogspot.com espero a túa visita.
María said,
Marzo 13, 2008 @ 11:06 pm
JAJAJAJA!! É-lo millor Pabilito!!
Bicos a feixes!!
Mar e Lúa said,
Marzo 14, 2008 @ 4:19 pm
Vaia pesadelo!! Rouco de preto e só para ti… Queres dicir que eu tamén vou ir ó inferno??? :O Espero que polo menos teñan wifi alí…
Por certo, moi boa a frase esa de “o te aclimatas o te aclimueres” jajaja!
Espero que xa esteas mellor do do pé. Unha aperta!
Pablo said,
Marzo 14, 2008 @ 10:48 pm
Zeltia, non sei se lle pasa a ninsesabe, pero ás veces, eu métome medo a min mesmo
Asbeirasdoarnego, pois os orjasmos democráticos non me chistan moito, así pactados e debatidos… prefiro aljo que me sorprenda. Graciñas pola visita, tomo nota do teu blogue.
María, unha jabela de bicos para ti!!
Mar e Lúa, a frase non é miña, pero ven que nin pintada para o conto. Ti ó inferno de cabeza, que se os católicos queren fuxir de el tan desesperadamente, dijo eu que non estará tan mal!! O pé vai indo pouco a pouco, polo menos xa poido traballar (nunca pensei que diría isto). Máis apertas!
david said,
Marzo 16, 2008 @ 6:56 pm
Tío es un crak escribindo, falo moi ben. Grazas pola visita, por certo estou contigo, os orjasmos democráticos pa Pedro Zerolo a min dame os físicos jeje. Ala vémonos no inferno, resulta que eu tamén son un roxo de merda e non vou cambiar así que ata logo.
Pablo said,
Marzo 17, 2008 @ 9:40 pm
David, estiven a romperme a cabeza co teu blogue, para deixarte un comentario, pero non fun capaz. Sonche un pouco cortiño con aljunhas cousas, que lle vou facer
Dime que teño que ter unha conta en google ou aljo así, e non teño.
Co teu permiso, póño o teu blogue na miña lista de ligazóns, paréceche?