Percepción

"Habilidade para detectar estructuras e acontecementos no medio ambiente". Esta é a definición de percepción dende o punto de vista psicolóxico. Pero claro, esta habilidade depende fundamentalmente de cada persoa, da súa educación, da súa ideoloxía, do seu entorno persoal, traballo, amigos,... Así, o mesmo acontecemento pode ser percibido de mil formas diferentes.

O que eu percibo hoxe, o día despois das eleccións, é unha sensación extraña, entre pena e decepción. Non importa o que pase en catro anos, se a economía vai ben ou mal, se a xente ten máis dereitos ou polo contrario máis deberes, da o mesmo se nos relacionamos con Cuba ou con EE.UU en política exterior, se vamos a tardar 30 ou 40 anos en pagar a hipoteca da casa... O peixe será pescado, limpado, troceado e distribuido polos dous de sempre. E eu xa estou un pouco ata os collós de ver sempre o mesmo. Aínda así, como din que hai que saber perder, ajacho as orellas e a seguir vivindo. Ás veces pensa un que pouco a pouco, pasiño a pasiño, pódense mellorar as cousas, ou polo menos cambialas un pouquiño. Definitivamente, hai cousas que nunca cambiarán. O que se leva hoxe en día é a personalidade "xa-te-chamarei-un-día-destes-e-falamos-aínda-que-xa-sabes-que-non-volverás-a-saber-de-min". Pero bueno, dixera o Churchill aquel :"El éxito es aprender a ir de fracaso en fracaso sin desesperarse". O malo é saber cantos fracasos fan falla, porque xa levamos uns cantos...

Unha cousiña para que teñades unha idea do nivel de percepción e atención que tedes. Se estades interesados e se vos apetece, facede un click no seguinte enlace e poderedes saber un pouco máis sobre vosoutros. Se percibides realmente o que pasa no voso entorno, ou polo contrario facedes unha selección inconsciente e percibides o que vos interesa. Xa me contaredes.

http://www.oviedo.es/personales/comecoco/ilusiones%20opticas/prueba%20de%20atencion.htm

Y sin embargo...

Chuzame! chúzame -
del.icio.us this!

2 Responses so far »

  1. 1

    david said,

    marzo 13, 2008 @ 8:30 pm

    Eu tamén estou a favor de pensar, abaixo as relixións. Viva os estados laicos. Saúdos dende d´Agolada. Visítame se queres escribindo isto: http://www.dagolada.blogspot.com

  2. 2

    david said,

    marzo 13, 2008 @ 8:37 pm

    Eu tamén prefiro pensar a que pensen por min. Se queres visitar o meu blog teclea o seguinte: http://www.dagolada.blogspot.com

Comment RSS · TrackBack URI

Say your words

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis