Reflexión

Ontes a mediodía estaba escoitando a Ser, por non variar, e de repente deron a noticia do asasinato de Isaías Carrasco. Xa hai que ser fillo de puta. Despois da tristeza e a repulsa que sentín, sentín a curiosidade de saber se alguén utilizaría este atentado con intereses políticos. Parece ser que non, que todo o mundo está dacordo en loitar e condear o atentado. Claro que non me atrevín a poñer a Cope (sempre que o fago póñome de moi mala hostia, e tampouco é plan, que reflexionar de mala hostia condiciona a un de mala maneira), e non quero nin saber o que alí comentaban.

Pero así reflexionando, deume por facer un pouco de memoría, de recuperar sucesos non moi lonxanos no tempo. E acordeime da tregua que fixo ETA no 1998, co bigotitos como presidente do goberno... recordades??:

Os contactos que aquel persoaxe, actuando como presidente do goberno, mantiu co "Movimiento vasco"...

... e a xenerosidade que estaba disposto a aplicar cos terroristas se éstes deixaban as armas...

... e por onde carallo andaban os da falange por aquel entonces, que tanto protestaron porque Zapatero fixo o mesmo???

Que dito xa sexa de paso, eu prefiro atoparme con oitocentas santa compañas, esas compostas de espíritus que te collen para vagar sen rumbo durante o resto da túa vida polos montes galegos, que tampouco pinta tan mal o asunto (é que temos unhos montes...), a ter que cruzarme con un destes falanxistas pola calle. Xa hai que ser lameconas. E a puta asociación esa que disque defende a dignidade das víctimas, onde carallo estaba por aquel entonces??

E aquí paro, que me acabo de levantar e aínda non mexei! Eu xa me quedo tranquilo, xa fixen uso da xornada de reflexión, a pesar de ser aínda as 11 da mañá. Vou ó supermercado que os jatos están famentos (isto de ter jatos é peor que ter fillos!!!) e como non lles deamos aljo de comer nas próximas dúas horas, sacarán as súas uñas ben afiladas e non pararán ata sacarme os ollos, aínda que para ver o que hai que ver...

Déixovos cunha canción apropiada para os tempos que corren... Saúde e República!!

 

Chuzame! chúzame -
del.icio.us this!

3 Responses so far »

  1. 1

    Zeltia said,

    marzo 8, 2008 @ 8:58 pm

    Ainda que son de natural pesimista, tiña por ben pensar que se non se atopaba unha saída a esto da ETA era porque os do goberno (os de calquera goberno dos que tivemos) eran uns cobardes que non negociaban con ETA porque “a sociedade” botaríaselle enriiba deles, ou por intolerantes, ou por crerse que eran os únicos que posuían a verdade, ou por tódalas cousas xuntas e máis que non teño ganas de poñer coma se fosen contas do rosario (da aurora). E cada vez que ouía falar na tele, “jamás negociaremos con ETA” poñíanseme os pelos de punta, e pensaba “esto non se acaba porque non queren, venlle moi ben ter un inimigo tan feo, porque se quixeran, negociarían” e pensaba mira o IRa etc., pero onte… onte por fín fíxoseme a luz: ninguén quere rematar, e ETA a que menos, ou polo menos os dirixentes ejecutivos de ETA. (¿Qué ian facer eles despois?) non queren resolver “o problema”. para nada. E por iso lle botan leña o lume cando hai un buratiño de esperanza, cando xa moitísima xente por fin está concienciada de que a única salida posible é o dialogo (menos os de sempre, claro)… e van eles… e fan isto.
    Pena.

  2. 2

    Pablo said,

    marzo 8, 2008 @ 9:30 pm

    Hoxe falaba cun amigo vasco que vive en Luxemburgo xa te podes imaxinar porqué (o seu pai tivo problemas con ETA e son unha das moitas familias que tiveron que sair do País Vasco pola mesma razón). Dicíame el que cando pasan estas cousas, pensa que ás veces sería mellor comezar a tiros con eles tamén, porque nos pobos pequenos vascos, como en tódolos pobos, todos se coñecen e saben de que pé coxea cada un. Di que, por sorte, esta idea vaiselle ós poucos minutos e recupera o sentido. Dime tamén que hai moito medo neses pequenos pobos e o diálogo non existe, xa que, como tema tabú que é, corres o risco de levar un balazo na nuca, como xa tantas veces vimos. Ahí están como os roxos con Franco, pero neste caso, Franco é de extrema esquerda.
    Estou dacordo contigo… unha pena.

  3. 3

    paideleo said,

    marzo 8, 2008 @ 9:57 pm

    O da ETA é un problema ao que non lle miro solución e non sei como acabará o conto. Espero que acabe co fin da violencia e que haxa paz e convivencia que unhas ideas non valen a vida dunha persoa.
    Bueno, un saúdo e graciñas pola visita e a ver se te repós da uña. Eu perdín unha dunha man entre unhas pedras traballando hai anos e sei o que doe.

Comment RSS · TrackBack URI

Say your words

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis