Democracia

 Xa vou vendo un pouco a luz ó final do túnel, aínda que non sen problemas. Aínda estou na casa, e aínda non poido calzarme nen sequera un calcetín, pero a cousa vai a millor. O sábado pasado tiven unha pequena infección a ferida. Bueno, non foi exactamente pequena, xa que tiven que volver ó hospital a que lle botaran unha ollada. Xa sabedes que me fixeran un furado no trozo de uña que me quedou san. Pois esta vez, como primeiro paso para curar a infección, metéronme unha agulliña por ese furado e estiveron remexendo un bo rato ata sacar toda a merda que tiña alí acumulada. Outro saco de lájrimas. O segundo paso para curar a infección é darlle unha boa limpeza e cuidar ben a ferida. E niso estou. Se todo vai ben, o luns que ven serei capaz de poñer algún calzado e así recuperar a miña vida, que xa estou ata os collós de estar na casa.

Polo menos, este parón momentáneo na miña vida colleume en época de eleccións e ando todo o día coa radio (cadena Ser, of course) posta para seguir a actualidade electoral en España. Xa, un pouco masoca si que son, pero eche o que hai. Que si eu prometo isto, que si os outros menten coma putas, que si ti dixeches "digo" e agora dis "diego",... a mesma merda de sempre, e aínda encima este ano cos mesmos protagonistas que hai catro anos, coa diferencia dos dous debates que houbo este ano. Debates totalmente estúpidos, ó meu parecer e que sacan a relucir o dualismo característico español: ou é blanco ou nejro, ou eres do Madrid ou do Barça, ou católico ou ateo, ou roxo ou facha, ou viño ou cervexa, ou votas ó PSOE ou votas ó PP,... pois merda!! porque eu voto IU. E claro, non son o único, aínda que poida parecer que si. Ah, pero claro, os de IU xa tiveron o seu debate a 7! no que non se entendeu unha merda!  E isto é democracia???

A misma democracia que usan os obispos para elexir ó seu xefe xefazo. Como se non soubéramos todos xa que na Conferencia Episcopal está todo moi ben planeado e moi ben amañado, preparados para facer o que sexa necesario dependendo dos ventos políticos que mandan no país. Non  che son tontos eses e saben de sobra que o PP non vai gobernar, polo menos nos vindeiros catro anos (e esperemos que nos vindeiros catro séculos tampouco), polo que o fillo de puta Rouco Varela (por que será que os fillos de puta máis jrandes da historia española son todos galegos... Franco, Fraga, Rouco Varela, Rajoy?) sale de novo elexido xefe desta panda, para dar caña ós roxos de merda. Aquí unha foto do fillo de puta para que teñades pesadelos.

Eu xa votei, antes que vosoutros por suposto. Agora mesmo o meu voto estará esperando nalgún recuncho da oficina de correos da Coruña, esperando a ser aberto para darlle un empuxonciño ó Llamazares, a ver se sube un pouquiño. Eu espero que a participación sexa elevada, así que espero tamén que vaiades todos a votar o domingo que ven.

E se non tes pensado votar... pois polo menos salta!!

Chuzame! chúzame -
del.icio.us this!

5 Responses so far »

  1. 1

    María said,

    marzo 7, 2008 @ 2:17 pm

    Viste la noticia de esta semana en la que decían que la Iglesia invierte en una empresa que distribuye Viagra y anticonceptivos??? No me acuerdo del nombre de la empresa ni nada, solo sé que tuvieron pérdidas!! Que se jodan!!!
    Ánimo Pabilito!!!
    Bicos a feixes!ABUR!

  2. 2

    María said,

    marzo 7, 2008 @ 2:18 pm

    Los que tuvieron pérdidas fueron los curas!!!

  3. 3

    Pablo said,

    marzo 7, 2008 @ 2:45 pm

    Por suposto que tiveron pérdidas… pero de aceite, coma sempre. :-)

    Máis bicos!!

  4. 4

    Mar e Lúa said,

    marzo 8, 2008 @ 1:20 am

    Gustoume moitísimo o teu blogue :) Estiven lendo varios posts e aínda botei unhas boas gargalladas. Está ben tomarse a vida con tanto humor, mesmo cando non é o mellor momento…
    Espero que axiña te recuperes do teu accidente laboral e que non haxa que furgar máis na ferida (iso vai polos médicos, ¡que noxo e que dor, mimadriña!). Recupérate prontiño e moito ánimo!!

    Por certo, un segredo… Eu fun o outro ‘voto emigrante’ para IU!! Jajaja

    Unha aperta e gracias pola visitiña!

  5. 5

    Pablo said,

    marzo 8, 2008 @ 12:18 pm

    Hola Mar (e Lúa)! Outra roxa máis!! :-) Eres sempre benvida, que o seipas. Xa de paso, co teu permiso, poño o teu blogue na lista das miñas ligazóns!

    Unha aperta!

Comment RSS · TrackBack URI

Say your words

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis