Sen media uña
No estado de invalidez temporal no que me atopo vénseme á cabeza a mesma pregunta unha e outra vez: "Que carallo fajo?" Despois de dous días xa non me apetece leer máis, xojar no ordenador, mirar porno en internet ou ver televisión. Afortunadamente, a miña vida sexual non se resintiu, xa so me faltaría iso!! E todo por culpa dunha fodida uña. Parece que non están ahí, pero cando che faltan... nin te imaxinas o que as botas de menos.
Así pois, déuseme por facer unha lista de tódalas cousas que por culpa da ausencia do 70% da uña do dedo gordo do meu pé esquerdo non poido facer, ou que me costa un mundo levar a cabo:
- Por suposto, non poido andar con normalidade. Se paso máis de 10 minutos de pé, comezo a sentir o pulso non dedo e a ter moito dolor.
- Non poido poñerme a catro patas (sen comentarios).
- Non poido dormir co pé esquerdo debaixo das mantas. Teño que ter o pé ó aire toda a noite, e fai frío.
- Non poido poñerme de puntillas. Todos os que tíñades a ilusión de verme cun "tutú" facendo danza vades ter que esperar unha tempada.
- Non poido poñer nengún tipo de calzado, nen sequera un calcetín, polo que non poido sair á calle.
- Non poido tentar bater o record do mundo dos 100 metros lisos, xa que non poido correr. Tíñao tan cerquiña...
- Para ducharme teño que poñer unha bolsa no pé esquerdo. Arriesgar a vida cada día, xa que iso resbala na ducha que da justo. Levesgevaarlijk!!! (dixeran os holandeses)
- Teño que cambiar a venda cada día, e iso doe moito.
- Pero o pior de todo é que non me poido pintar as uñas dos pés, unha mágoa!
E todo iso por culpa dunha puta uña E aínda encima teño que encherme a pastillas. Tres pastillas para o dolor cada día, unha pastilla pola mañá para protexer o estómago e tres pastillas de fibra para evitar o estreñimento que producen as pastillas contra o dolor. Pois xa me jodería, ademáis de estar coxo andar tamén estreñido. E para máis carallo, os compañeiros que empuxaron a mesa nin sequera se interesaron por mín. Tampouco me sorprende demasiado, a verdade.
Aínda así tento que a miña sonrisa non desapareza da miña cara. Dende aquí, moitas jracias a María e a Tono, que cos seus emails e comentarios alégranme bastante estos días. Bicos jrandes para os dous!!!
Outra das cousas que me mantén o bon humor vivo é "San Youtube", e se non mirade que ben o pasa este jato:
E por suposto, a música. Déixovos cun vídeo de Danza Invisible, grupo que deu un concerto na vila hai xa uns anos e que superou as espectativas que tíñamos para aquela noite. "Sabor de amooooooor, todo me sabe a Bics!"
chúzame - 

María said,
febreiro 29, 2008 @ 3:31 pm
“Cantad Sabor de amor hijos de puta!!!!!!”Jajajaja.
Pao, ¿por qué necesitas ponerte a cuatro patas?Jeje. Es un buen momento para probar otras posturas,no?
Ánimo cativo!!!!
Bicos a feixes!!ABUR!!
María said,
febreiro 29, 2008 @ 3:38 pm
Cosas que puedes hacer con la uña jodida:
-Cocinar platos nuevos
-Calcetar
-Ordenar tus álbumes de fotos
-Organizar un viaje para cuando te recuperes (por ejemplo, Galicia)
-Estudiar
-Leer
-Ver películas
-Jugar al ajedrez
-Pensar en las reformas de la casa
-Pensar en la decoración de la casa
-Ponerte mechas rubias de nuevo
-Hacer manualidades(no seas mente sucia!!!!)
Pablo said,
marzo 2, 2008 @ 1:17 pm
Cocinar? calcetar? decoración? mechas?… con 28 anos e xa me queres convertir nunha maruxa?? o que hai que leer por non estar cejo!
O das manualidades cádrame máis