Resaca
Supoño que xa todos andaredes coa resaca amorosa deixada polo famoso San Valentín, e cuns kilos de máis polos bombóns que vos regalaron ou co olfato fodido despois da avalancha de flores pola que tivéchedes que pasar ontes. Pois xa foi, agora a ver se somos capaces de facer o mesmo tódolos días do ano. Ó millor é unha excusa perfecta, con iso de que o amor anda de por medio, para desafogar a entreperna, polo menos unha vez ó ano, ó carón da parella, amante, ou o que sexa. Pois ala, a seguir desafogándose o resto do ano que disque é o milloriño para o corazón, e se non que llo digan ós da foto que vedes aquí.

Buscando cousas estúpidas pola infinita rede de internet, atopei esta páxina. Está en inglés, pero usando un traductor ben podedes botarlle unha ollada. Ou senón leer o resto de esta entrada, que como son moi boa xente (si si, aínda non matei nen roubei, así que son boa xente) fixen unha tradución das cousas máis curiosas que alí atopei. Están relacionadas con leies estúpidas que existen en diferentes países, e aquí vos deixo unha recopilación das mesmas:
A maior parte delas veñen dos Estados Unidos, ese país tan poderoso e libertino:
- En Nova York, pódente multar se estás a ligar na calle, ou tamén podes ter unha sentencia a morte se saltas desde un edificio (dan por seguro que sobrevivirás á caída)
- En Texas é ilegas disparar a un búfalo desde o segundo piso dun hotel (desde o primeiro ou o terceiro non tes problema ningún). Tamén aquí é ilegal ter máis de 6 consoladores (sí, esas cousas que serven a algunha xente para autocomplacerse), dijo eu que con un ou dous vas sobrado.
- En Utah é ilegal detonar calquer tipo de arma nuclear (pois vaia putada para os que viven alí, eu mañá mesmo vou detonar a bomba atómica que fabriquei no desván). Tamén aquí é ilegal non beber leite (e se non che gusta, pous dous cuncos, como co caldo) e ó mesmo tempo é ilegal causar unha catástrofe (?????).
- En New Jersey é ilegal levar chaleco antibalas cando estás cometendo un asasinato.
- En Massachusetts está prohibido roncar a non ser que teñas todas as ventás cerradas. Os taxistas teñen prohibido ter sexo nos asentos dianteiros do taxi mentras están de servicio.
- En Virginia é ilegar ter relacións sexuais se non estás casado (é dicir, a maioría de nós a tomar polo cu á carcel). Ó mesmo tempo neste estado americano non podes ter sexo oral ou anal.
- En Dakota do Sur é ilegal tumbarse e quedarse dormido nunha factoría de queixos. (??)
Pero tamén temos leies estúpidas no resto dos países, non atopei nengunha de España, pero habelas, como as meigas, hailas seguro.
- En Israel non podes ir en bici se non tes licencia para facelo. E tamén se se che ocorre ter un porco e crialo en terras israelís, tes que saber que cho van a matar, está prohibido. Sen deixar os animales, tes que saber tamén que está prohibido levar osos á praia, hai que joderse.
- En Noruega non podes esterilizar ó teu can ou gato.
- En Francia é ilegar besarse no tren. Tamén os gabachos consideran que é o mesmo ter un cenicero que unha arma letal.
- En Inglaterra non podes colgar unha cama pola ventana (e eu que tiña pensado ir alí porque é o meu pasatempos favorito). Tamén está prohibido para as mulleres comer chocolate en reunións públicas. E o peor de todo é que os nenos menores de 10 anos non teñen permitido ver maniquíes espidos!!
- En Suíza non se pode poñer a roupa a secar os domingos. E tampouco podes lavar o coche ese día. É ilegal tirar da cadea do water despois das 10 da noite. Se olvidas as chaves do teu coche no seu interior e o coche está aberto, serás castigado pola lei.
- En Grecia tódolos xogos electrónicos están prohibidos.
- En Australia a idade mínima permitida para os heterosexuales para ter relacións sexuais é 16 anos (polo que os homosexuais teñen vía libre). Ata non hai moito era legal ter unha ametralladora, pero era ilegal ser homosexual (mellor matar a alguén e non enculalo, faltaría máis!)
- En Italia é ilegal practicar a profesión de charlatán (agora sei porqué Leo Bassi se foi para España). Tamén os homes poden ser arrestados por levar falda.
- En Alemania é ilegar poseer unha máscara, e as almofadas son consideradas como armas letais.
Ó fin e ó cabo, España non está tan mal no que a leis se refire, outra cousa é o que fan os xuices e a xustiza, ese é outro conto.

chúzame - 
