O novo Hitler
Despois da fantástica nova que tivemos hai uns días, añadimos unha máis. Á proposta do lider do partido popular referida á creación dun contrato para os extranxeiros que queren traballar en España, temos que sumar unha máis, a creación dun visado por puntos tamén para estas mesmas persoas.
Ó principio pensei que sería algo así coma o carné de conducir por puntos, e a medida que o extranxeiro fora facendo das súas ou deixando as nosas costumes de lado, pois iría perdendo puntos ata quedar en cero e así poder darlle unha boa patada no cu con algunha excusa. Pero polo que leo na noticia, este visado servirá para admitir ou non ós extranxeiros (e que son moitos, macho, e algo hai que facer) dependendo de dous criterios principalmente:
- O primeiro criterio será o país de orixe da persoa (se é que aínda poderemos calificar ó extranxeiro coma tal), tendo en conta o vínculo histórico deste pais con España (ou preferencias doutro tipo). É dicir, síntocho moito pola xente de Cuba, Bolivia, Venezuela, Brasil, China,... e demáis paises gobernados por roxos de merda. Vosoutros non vos acercaredes a España nin sequera para visitar ós vosos familiares. Supoño tamén que os extranxeiros que veñen dos paises africanos están pois descartados, xa que todos eles (ou a inmensa maioría) son negros, e eses... teñen moi pouco que ver cos españoles, unha raza tan pura e limpa... non hai necesidade algunha de mezclarse con esta xentuza.
- O segundo criterio será as capacidades do interesado, que terán que adaptarse á economía e ó mercado laboral español. É dicir, os preparados para recoller e limpar a merda dos españoles, para facer as casas dos españoles, as carreteiras e autopistas dos españoles, para servir comidas ós españoles, para carretar ós españoles dun sitio para outro,... Todos aqueles preparados para partirse o lombo por 3 euros á hora e sen rechistar. En España xa hai xefes dabondo. E que non se lles ocurra poñerse enfermos, porque a seguridade social para eles será algo totalmente descoñecido, a ver que español vai emporcarse as mans axudando a un extranxeiro de merda, por suposto que non, ata ahí poderíamos chegar.
Así pois, todos os extranxeiros que non cumplan estes requisitos, deberán quedarse nos seus paises morrendo de fame, ou ben matarse entre eles, que é moito máis divertido. Eu penso que tamén deberíamos poñer ó exercito español nas nosas costas, e cada lanchiña desas cheas de negros que asomara a proa, cañonazo limpo e acabouse o conto. Así de paso o exército tería algo de traballo, ademáis de carretar quilos de hachís de norte a sur do pais.

E coma sempre, un pouco de música para acabar a entrada:
chúzame - 

Ninsesabe said,
febreiro 15, 2008 @ 12:48 am
A Mariano xa lle empezan a chamar Rocky Mariano, e ó PP, o partido da Viagra, pola súa ansia por endurecer todo.
A dereita eche así, non hai que darlle voltas.