O manco de Amsterdam

Pois iso, como vos comentaba na entrada anterior, a miña man esquerda está en folga e pasado mañá vou ó neurólogo (porque din que teño un nervio por ahí escarallado) para ver cal é exactamente a razón desa folga. É por iso que non escribo demasiado nesta entrada e póñovos dúas cousiñas interesantes:

A primeira é unha cousa que sempre me chamou a atención. Máis ou menos sempre tiven claro que en películas como Braveheart, Salvad al soldado Ryan, Troya,... e todas esas, onde soen sair feixes e jabelas de xente matándose entre eles, utilizaban truquiños para poñer 50.000 persoas aínda que en realidade usaban así como 50 actores ou extras. Pois ben, atopei un vídeo no que explican o método que utilizan os "peliculeros" para lograr estes efectos, ahí vos vai.

A segunda cousa é musical. O artista chámase Marco Borsato (o mesmo que cantaba a canción aquela con Lucy Silvas) e a canción "Rood" (que significa vermello en holandés). Este é unha especie de dios musical aquí en Holanda. O concerto que vedes no vídeo é unha clara proba diso, xa que o recinto ten capacidade para 35.000 persoas e el deu 5 concertos nunha semana, enchendo o lugar en cada un deles. Tamén a posta en escea é espectacular, e a banda de música inmellorable, do milloriño. Ó ser en directo, alargaron a canción un pouquiño, así que tede un pouco de paciencia.... a ver se vos gusta.

Espero que a próxima vez que vaia por Galicia non me vexades aparecer cunha coma estas... aínda que ben pensado, as collejas que podedes lamber poden ser de película.

 

 

 

 

Bicos a feixes! 

Chuzame! chúzame -
del.icio.us this!

Say your words

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis