Archive for Febreiro, 2008

Sen media uña

No estado de invalidez temporal no que me atopo vénseme á cabeza a mesma pregunta unha e outra vez: "Que carallo fajo?" Despois de dous días xa non me apetece leer máis, xojar no ordenador, mirar porno en internet ou ver televisión. Afortunadamente, a miña vida sexual non se resintiu, xa so  me faltaría iso!! E todo por culpa dunha fodida uña. Parece que non están ahí, pero cando che faltan... nin te imaxinas o que as botas de menos.

Así pois, déuseme por facer unha lista de tódalas cousas que por culpa da ausencia do 70% da uña do dedo gordo do meu pé esquerdo non poido facer, ou que me costa un mundo levar a cabo:

- Por suposto, non poido andar con normalidade. Se paso máis de 10 minutos de pé, comezo a sentir o pulso non dedo e a ter moito dolor.

 - Non poido poñerme a catro patas (sen comentarios).

- Non poido dormir co pé esquerdo debaixo das mantas. Teño que ter o pé ó aire toda a noite, e fai frío.

- Non poido poñerme de puntillas. Todos os que tíñades a ilusión de verme cun "tutú" facendo danza vades ter que esperar unha tempada.

- Non poido poñer nengún tipo de calzado, nen sequera un calcetín, polo que non poido sair á calle.

- Non poido tentar bater o record do mundo dos 100 metros lisos, xa que non poido correr. Tíñao tan cerquiña...

- Para ducharme teño que poñer unha bolsa no pé esquerdo. Arriesgar a vida cada día, xa que iso resbala na ducha que da justo. Levesgevaarlijk!!! (dixeran os holandeses)

- Teño que cambiar a venda cada día, e iso doe moito.

- Pero o pior de todo é que non me poido pintar as uñas dos pés, unha mágoa!

E todo iso por culpa dunha puta uña E aínda encima teño que encherme a pastillas. Tres pastillas para o dolor cada día, unha pastilla pola mañá para protexer o estómago e tres pastillas de fibra para evitar o estreñimento que producen as pastillas contra o dolor. Pois xa me jodería, ademáis de estar coxo andar tamén estreñido. E para máis carallo, os compañeiros que empuxaron a mesa nin sequera se interesaron por mín. Tampouco me sorprende demasiado, a verdade.

Aínda así tento que a miña sonrisa non desapareza da miña cara. Dende aquí, moitas jracias a María e a Tono, que cos seus emails e comentarios alégranme bastante estos días. Bicos jrandes para os dous!!!

Outra das cousas que me mantén o bon humor vivo é "San Youtube", e se non mirade que ben o pasa este jato:

E por suposto, a música. Déixovos cun vídeo de Danza Invisible, grupo que deu un concerto na vila hai xa uns anos e que superou as espectativas que tíñamos para aquela noite. "Sabor de amooooooor, todo me sabe a Bics!"

Chuzame! chuzame -

Comments (3) »

O coxo de Amsterdam

Tiña pensado escribir un pouco sobre o debate de ontes entre o señor Talante e o señor Reproche, aínda que non o vin pero deume tempo a leer sobre o que se dixeron o un ó outro. Xa tiña aljunha idea, pero os acontecementos de hoxe cambian o conto un pouco.

Ontes a medio día fun ó hospital a facer a proba especial que determinaba que tipo de lesión teño na muñeca. Puxéronme unhas pejatinas e uns ferros nos dedos e, cunha especie de enchufe conectado a unha máquina, fóronme dando calambrazos. Ó primeiro resultaba ata gracioso, unhas cóxegas que daban incluso aljo de justo. Pero a medida que iban subindo a intensidade dos calambrazos, este justiño deu paso a un dolor de carallo. Ó final resulta que teño un nervio aljo mazado e a solución pasa por descanso e fisioterapia. Saín do hospital coa sensación de que non podía haber aljo máis doloroso que o que me acababan de facer.

Ata hoxe pola mañá.

A pesar do consello do médico de darlle descanso á miña man por unha semaniña, hoxe fun traballar. Xa sabedes que teño a empatía moi alta (pior ca unha enfermidade) e ó estar a miña xefa de vacacións pois sentiríame mal deixando á miña compañeira soa esta semana. Pois debín facerlle caso ó médico.

Esta mañá tiven un accidente laboral. Do máis estúpido e do máis doloroso que existe. Prefiro cen calambrazos nos collós, así de claro. Estabamos a mover un despacho, unha mesa bastante pesada que en lugar de catro patas, ten dúas, de metal e ben anchas. Pois alguén decidiu parar para falar con un compañeiro, e ó mesmo tempo fíxome parar a mín, porque é case imposible mover unha mesa destas por un mesmo, a non ser que sexas o meu amijo Moi. Do mesmo modo que parou sen avisar, empuxou sen avisar pedíndolle axuda ó compañeiro co que estaba a falar. A mín non me deu tempo nin de berrar. Cando me quixen dar conta tiña a pata de metal da mesa enriba do meu dedo gordo do pé esquerdo. Doeume a máis non poder. Pero o peor foi cando saquei o zapato e vin como o meu calcetín blanco ía collendo unha cor vermella moi sospeitosa. Saqueino como puiden (sen recrearme) e, ó ver o panorama, tívenme que sentar. A uña do meu dedo decidiu, como se fora unha kosovar, separarse da carne sen previo aviso. Tiña case que toda a uña enrolada sobre si mesma. Non podedes imaxinarvos o que doe iso. Non creo que exista nada peor. As lágrimas caíasenme dos ollos e eu non estaba chorando. Así que volta ó hospital.

Unha vez alí, despois de esperar unha hora larja, o médico cortou todo o pedazo de uña separado da carne. Ahí botei unhas lágrimas máis. E cando xa pensaba que estaba todo sufrido, chejou outro nacho cunha especie de taladro tamaño "minipimer último modelo". Sen anestesia, porque dixo que anestesialo sería máis doloroso aínda, comezou a facer un furado na pequena parte que me quedaba de uña, para que o sangue non quede estancada debaixo da uña e así baixe a hinchazón e o dolor). Poido xurar pola miña nai, pola miña avoa e pola Casa Vella enteira que foi case insoportable e de repente sentín unhas janas doentes de empezar a boleas na cabeza do médico, que me quedaba á altura perfecta para a miña perna dereita. E a sensación, ademáis do dolor, que se sente cando lle furan a un unha uña e sinte a pequena broca tocando carne é aljo que non poido explicar. Nese momento pensei en decirlle ó médico: "Oes, mátame xa porque xa non aturo máis"

Pois agora teño para catro días co pé en alto, unha semana sen usar ningún tipo de calzado e tres semanas de andar amodiño.

Comezo a pensar, aínda que non creo moito nestas cousas, que alguén me botou un mal de ollo deses, porque isto non é normal. Xa estou temblando pensando que será o próximo. Necesito mimiños!!!!

Alguén se apunta a unha queimada para escorrentar ó mal de ollo??

 

Chuzame! chuzame -

Comments (4) »

Herencias da igrexa (parte 3)

De ignorancia está o mundo cheo e non queda outra que aprender a vivir con ela. O que non debemos permitir é que dita ignorancia sexa usada por certos sectores, coma por exemplo cargos públicos, coma quen está sentado no seu sofá e fai e desfai ó seu gusto.

Alégrome moitísimo ó ler a noticia que publica hoxe "El País".

Fernando Ferrín Calamita foi apartado temporalmente do seu posto de traballo (xuíz nada menos) por levar as súas creenzas ó xulgado obstaculizando así un proceso totalmente legal. O caso é que este "home" non estaba pola labor de aceptar o proceso de adopción que unha parella de lesbianas estaba reclamando, proceso que é completamente legal e que en condicións normal non leva máis dun mes arranxalo. Sen embargo, gracias a este fillo de puta, as mulleriñas estas tiveron que esperar nada menos que dous anos, non se sabe ben se polo pensamento conservador do espabilado ou polo seu alto nivel de virus relixioso atopado no seu sangue.

Xa estamos outra vez dando preferencia ós intereses individuais sobre os intereses colectivos, ás leis da secta á que un pertence sobre as leis de todo un país supostamente democrático, constitucional e aconfesional (aínda que a estes relixioso, estas palabras debenlles soar a chino polo menos).

Así pois, a parella de mulleres conseguiu a inhabilitación deste xuíz por medio dunha querella admitida a trámite o pasado día 5, despois de dous anos loitando polos seus dereitos agotando tódolos recursos legais ó seu alcance.

O tal Fernando deféndese como é típico na mentalidade desta xente: "una víctima de una campaña de hostigamiento, acoso y derribo". Claaaaaaro, animaliño, se vosoutros sodes sempre as víctimas. Fernandito negou a custodia dos fillos a unha muller que vivía coa súa compañeira sentimental (moza, parella ou como carallo a queirades identificar) alegando que a condición homosexual perxudica ós fillos, afirmando que o ambiente homosexual aumenta sensiblemente o risco de que os fillos tamén sexan homosexuais. Entonces, seguindo esa regla de tres, espero que alguén tan espábilado como este persoaxe poida explicarme como carallo é posible que dunha parella heterosexual, home e muller, que da ós seus fillos o ambiente idóneo para ser criados, pode sair un fillo/a homosexual (porque digo eu que dalgún sitio salirán, ou)? Supoño eu, que non son relixioso e polo tanto son un ignorante para eles, que aquí falaríamos de enfermidade innata e no suposto das mulleriñas, de vicio adquirido...

Cambiando un pouquiño de tema, sempre fun partidario da queima de igrexas, aínda que nunca o fixen (non por que me faltasen as gañas, senón porque non me considero unha persoa violenta e aínda me queda algún pouquiño de respeto incluso por aqueles que non me respetan a mín). Aquí, ós holandeses, ocorríuselles unha cousa parecida, aínda que non tan violenta. Decidiron poñer un mínimo de persoas captadas pola secta necesarias para manter a igrexa aberta. Se non chegan a este número mínimo, as igrexas pasan a ser centros sociais para uso público, xa que resulta moi caro manter estos edificios tan grandes para que vaian catro persoas a comerlle o nabo ó cura (perdóame abueliña, que sei que ti eres unha delas).

Así pois, xa hai unha lista de 500 igrexas preparadas para ser "queimadas". Teño a esperanza de que pase o mesmo en España, que polo menos, xa que queimalas é un pouco salvaxe, as igrexas pasen a ser centros sociais sen sengún tipo de pensamento ou doctrina coa que comerlle o coco ás persoas que nalgún momento das súas vidas necesitan unha axudiña extra. Isto dame pé para falar das tácticas de captación da igrexia, aproveitándose de persoas enfermas, incultas, deprimidas, impotentes,... pero isto será na cuarta entrega, FILLOS DE PUTA!

Este vídeo non o poño pola música, máis ben chámame a atención o nejrico... vaia nacho! Unha vez soñei que era campeón olímpico na modadilade de "suelo" de ximnasia artística, e a verdade é que me quedo flipado (e cunha envidia doente) cada vez que vexo algo así.

Chuzame! chuzame -

No comment »

Resaca

Supoño que xa todos andaredes coa resaca amorosa deixada polo famoso San Valentín, e cuns kilos de máis polos bombóns que vos regalaron ou co olfato fodido despois da avalancha de flores pola que tivéchedes que pasar ontes. Pois xa foi, agora a ver se somos capaces de facer o mesmo tódolos días do ano. Ó millor é unha excusa perfecta, con iso de que o amor anda de por medio, para desafogar a entreperna, polo menos unha vez ó ano, ó carón da parella, amante, ou o que sexa. Pois ala, a seguir desafogándose o resto do ano que disque é o milloriño para o corazón, e se non que llo digan ós da foto que vedes aquí.

Buscando cousas estúpidas pola infinita rede de internet, atopei esta páxina. Está en inglés, pero usando un traductor ben podedes botarlle unha ollada. Ou senón leer o resto de esta entrada, que como son moi boa xente (si si, aínda non matei nen roubei, así que son boa xente) fixen unha tradución das cousas máis curiosas que alí atopei. Están relacionadas con leies estúpidas que existen en diferentes países, e aquí vos deixo unha recopilación das mesmas:

A maior parte delas veñen dos Estados Unidos, ese país tan poderoso e libertino:

- En Nova York, pódente multar se estás a ligar na calle, ou tamén podes ter unha sentencia a morte se saltas desde un edificio (dan por seguro que sobrevivirás á caída)

- En Texas é ilegas disparar a un búfalo desde o segundo piso dun hotel (desde o primeiro ou o terceiro non tes problema ningún). Tamén aquí é ilegal ter máis de 6 consoladores (sí, esas cousas que serven a algunha xente para autocomplacerse), dijo eu que con un ou dous vas sobrado.

- En Utah é ilegal detonar calquer tipo de arma nuclear (pois vaia putada para os que viven alí, eu mañá mesmo vou detonar a bomba atómica que fabriquei no desván). Tamén aquí é ilegal non beber leite (e se non che gusta, pous dous cuncos, como co caldo) e ó mesmo tempo é ilegal causar unha catástrofe (?????).

- En New Jersey é ilegal levar chaleco antibalas cando estás cometendo un asasinato.

- En Massachusetts está prohibido roncar a non ser que teñas todas as ventás cerradas. Os taxistas teñen prohibido ter sexo nos asentos dianteiros do taxi mentras están de servicio.

- En Virginia é ilegar ter relacións sexuais se non estás casado (é dicir, a maioría de nós a tomar polo cu á carcel). Ó mesmo tempo neste estado americano non podes ter sexo oral ou anal.

- En Dakota do Sur é ilegal tumbarse e quedarse dormido nunha factoría de queixos. (??)

Pero tamén temos leies estúpidas no resto dos países, non atopei nengunha de España, pero habelas, como as meigas, hailas seguro.

- En Israel non podes ir en bici se non tes licencia para facelo. E tamén se se che ocorre ter un porco e crialo en terras israelís, tes que saber que cho van a matar, está prohibido. Sen deixar os animales, tes que saber tamén que está prohibido levar osos á praia, hai que joderse.

- En Noruega non podes esterilizar ó teu can ou gato.

- En Francia é ilegar besarse no tren. Tamén os gabachos consideran que é o mesmo ter un cenicero que unha arma letal.

- En Inglaterra non podes colgar unha cama pola ventana (e eu que tiña pensado ir alí porque é o meu pasatempos favorito). Tamén está prohibido para as mulleres comer chocolate en reunións públicas. E o peor de todo é que os nenos menores de 10 anos non teñen permitido ver maniquíes espidos!!

- En Suíza non se pode poñer a roupa a secar os domingos. E tampouco podes lavar o coche ese día. É ilegal tirar da cadea do water despois das 10 da noite. Se olvidas as chaves do teu coche no seu interior e o coche está aberto, serás castigado pola lei.

- En Grecia tódolos xogos electrónicos están prohibidos.

- En Australia a idade mínima permitida para os heterosexuales para ter relacións sexuais é 16 anos (polo que os homosexuais teñen vía libre). Ata non hai moito era legal ter unha ametralladora, pero era ilegal ser homosexual (mellor matar a alguén e non enculalo, faltaría máis!)

- En Italia é ilegal practicar a profesión de charlatán (agora sei porqué Leo Bassi se foi para España). Tamén os homes poden ser arrestados por levar falda.

- En Alemania é ilegar poseer unha máscara, e as almofadas son consideradas como armas letais.

Ó fin e ó cabo, España non está tan mal no que a leis se refire, outra cousa é o que fan os xuices e a xustiza, ese é outro conto.

Chuzame! chuzame -

No comment »

O novo Hitler

Despois da fantástica nova que tivemos hai uns días, añadimos unha máis. Á proposta do lider do partido popular referida á creación dun contrato para os extranxeiros que queren traballar en España, temos que sumar unha máis, a creación dun visado por puntos tamén para estas mesmas persoas.

Ó principio pensei que sería algo así coma o carné de conducir por puntos, e a medida que o extranxeiro fora facendo das súas ou deixando as nosas costumes de lado, pois iría perdendo puntos ata quedar en cero e así poder darlle unha boa patada no cu con algunha excusa. Pero polo que leo na noticia, este visado servirá para admitir ou non ós extranxeiros (e que son moitos, macho, e algo hai que facer) dependendo de dous criterios principalmente: 

- O primeiro criterio será o país de orixe da persoa (se é que aínda poderemos calificar ó extranxeiro coma tal), tendo en conta o vínculo histórico deste pais con España (ou preferencias doutro tipo). É dicir, síntocho moito pola xente de Cuba, Bolivia, Venezuela, Brasil, China,... e demáis paises gobernados por roxos de merda. Vosoutros non vos acercaredes a España nin sequera para visitar ós vosos familiares. Supoño tamén que os extranxeiros que veñen dos paises africanos están pois descartados, xa que todos eles (ou a inmensa maioría) son negros, e eses... teñen moi pouco que ver cos españoles, unha raza tan pura e limpa... non hai necesidade algunha de mezclarse con esta xentuza. 

- O segundo criterio será as capacidades do interesado, que terán que adaptarse á economía e ó mercado laboral español. É dicir, os preparados para recoller e limpar a merda dos españoles, para facer as casas dos españoles, as carreteiras e autopistas dos españoles, para servir comidas ós españoles, para carretar ós españoles dun sitio para outro,... Todos aqueles preparados para partirse o lombo por 3 euros á hora e sen rechistar. En España xa hai xefes dabondo. E que non se lles ocurra poñerse enfermos, porque a seguridade social para eles será algo totalmente descoñecido, a ver que español vai emporcarse as mans axudando a un extranxeiro de merda, por suposto que non, ata ahí poderíamos chegar. 

Así pois, todos os extranxeiros que non cumplan estes requisitos, deberán quedarse nos seus paises morrendo de fame, ou ben matarse entre eles, que é moito máis divertido.  Eu penso que tamén deberíamos poñer ó exercito español nas nosas costas, e cada lanchiña desas cheas de negros que asomara a proa, cañonazo limpo e acabouse o conto. Así de paso o exército tería algo de traballo, ademáis de carretar quilos de hachís de norte a sur do pais. 

E coma sempre, un pouco de música para acabar a entrada:

Chuzame! chuzame -

Comments (1) »

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis