Hand-job

Aló vai xa o mes de Xaneiro... isto vai demasiado rápido para o meu gusto. Cando nos deamos conta estamos xa cobrando a pensión, tempo ó tempo (nunca millor dito).

Dame na cachola que pasarei unha semaniña na casa (se non son dúas), así que estarei máis a miúdo por aquí. A causante da miña "semana blanca" a finais de Xaneiro ou principios de Febreiro é a miña muñeca. Non esa gorda e vella que vive conmigo que algúns xa coñecedes (menos mal que non entende papa do que escribo, senón xa me vexo jodéndome a outra man autocomplacéndome). Refírome á articulación, á miña muñeca esquerda. Hai xa quince días que, así sen querer, deixei caer unha caixiña de dez quilos sobre a miña man, cando esta se atopaba apoiada de canto na mesa. Doeume de carallo, e non é por ser un mixiricas, porque estas cousas doen. E eu, que a pesar do cambio do ano sego sendo tonto para según que cousas, pois non fun ó médico. Durante estes quince días non parou de doerme; non poido pacer xiros coa man, non poido apoiarme nela, non poido coller peso, non poido abrir portas,... e cada día que pasa vai a pior. Se hai algún doutor na sala pido, por favor, un diagnóstico. Se non é así, dame que o xoves vou ir ó médico. ¿E por que o xoves e non mañá?... pois porque son tonto. ¿E por que son tonto?... explícome.

A miña xefa ten libre hoxe e máis mañá, polo que estou eu no meu edificio e a miña compañeira no outro. Non quero poñerme de baixa e que quede ela soa para os dous edificios, é moito choio. Pero o asunto é que elas colleron libre todo o Nadal, polo que eu estiven so para os dous edificios durante unha semana e uns días. Así pois, son tonto. Penso que o meu nivel de empatía está moi elevado, debería baixalo un pouco e subir o de egoismo, que para estes casos ven moi ben.

Teño novas sobre esa oferta que recibín do departamento de calidade para traballar con eles. Non era nada mala, a verdade: 200 euros máis, entrar ás 9 (agora entro ás 7) e sair ás 5 (agora saio ás 4.30) e algunhas cousiñas máis que soaban ben. Pero o que me botou para atrais é o traballo en si. Non sei se son capaz de pasar 8 horas cada día diante do ordenador respondendo emails e verificando a calidade dos productos. Polo tanto quédome onde estou, aínda máis contento se cadra porque a miña xefa case me pediu de rodillas que non cambiase de departamento, o que fai que un servidor se sinta valorado no seu posto de traballo, e iso non vale 200 euros, vale moito máis.

O fin de semana pasado fun ó cien. Non me gusta moito, son máis de dvd na casiña, en boa compañía e libre para berrar, rir, chorar ou pasar a maiores se a cousa se pon tonta. Pero aínda así necesito ir ó cine unha vez ó ano para seguir convencido de que todo segue igual e segue sen gustarme. Fumos ver "Cloverfield", ou se preferides "Monstruoso" (vaia merdad de título que lle puxeron en castelán, sempre me preguntei quen carallo será o espabilado que fai a traducción dos títulos). Creo que en España se estrena este venres. A min decepcionoume bastante, ó millor porque fun coas espectativas ben altas despois de ver o trailer. Pero se vos gustou "Gozilla" e "El proyecto de la bruja de Blair", pois esta é a película perfecta para vosoutros. Un detalliño de nada... está rodada con videocámara de man... se realmente eres fan das imaxes ben encuadradas e claras... non vaias a ver a película e afórrate a entrada. Déixovos co trailer:

P.D. O cine en Amsterdam "so" custa 9 euros a entrada... ladrós do carallo, e despois queixanse da piratería, anda e que vos fodan, en especial a Alejandro Sanz e Ramoncín... por que non vades rirvos da puta que vos pareu????

Chuzame! chúzame -
del.icio.us this!

3 Responses so far »

  1. 1

    ...... said,

    febreiro 6, 2008 @ 7:54 pm

    Mixiricas!!!!!!

  2. 2

    Pablo said,

    febreiro 9, 2008 @ 12:09 pm

    Non seir porqué pero xa me esperaba a túa resposta…. Mari :-)

  3. 3

    ...... said,

    febreiro 11, 2008 @ 4:26 pm

    De Mari nada!!

Comment RSS · TrackBack URI

Say your words

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis