Herencias da igrexa (parte 2)
Xa sei que existe o risco de que me tachedes de repetitivo e radical, pero a verdade é que este é o tema principal do meu blog, o que da nome ó título. Mentras a relixión non se limite unicamente á vida privada de cada un e deixe de ser unha especie de institución pública con poder que nin fai nin deixa facer, eu sejirei criticándoa. Que jodan as súas vidas se queren, agora a miña que a deixen en paz.
O pasado fin de semán tiven a oportunidade de ver un documental que me chamou a atención hai un tempo. Tiñaa curiosidade por saber se sería un sensacionalismo máis, tipo Al Gore e o seu "salvemos o planeta para que me den o Nobel", ou se tiraría polo lado da crítica desde un punto de vista máis persoal e aportando datos.
Foi máis ben o segundo. Deixoume un pouco descolocado o documental. Xa todos coñecemos a hipocresía que caracteriza á igrexa católica, e máis coñecidos aínda son os casos de pederastia que a sacuden. Pero tamén todos sabemos que pederastas hainos en tódolos lados, non so na igrexa católica. O que expón este documental non é a pederastia en si, senón as feridas que causan este tipo de abusos nas víctimas e nas súas familias. A historia céntrase nun coñecido cura de orixe irlandés que se pasou practicamente a súa vida no estado de California exercendo de cura, de pobo en pobo, e xa de paso fodendo cativos e cativas, falando claro. O ocultismo e o pasotismo, tratando así de manter unha boa imaxe, por parte da alta esfera da igrexa católica tamén está reflexado na película, sendo case o máis escandaloso do tema, e deixando ver o inmenso poder do que goza a igrexa a nivel mundial. Pero o pior de todo é que o persoaxe principal, o cura de orixen irlandés, segue vivo. E non so iso, senón que foi deportado a Irlanda así como se non pasara nada... que vaia foder nenos a Irlanda, polo menos non foderá nenos en USA. En fin, que se tedes estómajo suficiente para ajuantar este tipo de barbaridades humanas, recoméndovos ver o documental.
Botádelle un ollo (ou dous) a este video que atopei en Youtube. A crítica é un pouco radical e sóbranlle aljúns tacos... aínda así, estou totalmente dacordo, non nas formas pero si no contido.
chúzame - 

