Archive for Xaneiro, 2008

Hand-job

Aló vai xa o mes de Xaneiro... isto vai demasiado rápido para o meu gusto. Cando nos deamos conta estamos xa cobrando a pensión, tempo ó tempo (nunca millor dito).

Dame na cachola que pasarei unha semaniña na casa (se non son dúas), así que estarei máis a miúdo por aquí. A causante da miña "semana blanca" a finais de Xaneiro ou principios de Febreiro é a miña muñeca. Non esa gorda e vella que vive conmigo que algúns xa coñecedes (menos mal que non entende papa do que escribo, senón xa me vexo jodéndome a outra man autocomplacéndome). Refírome á articulación, á miña muñeca esquerda. Hai xa quince días que, así sen querer, deixei caer unha caixiña de dez quilos sobre a miña man, cando esta se atopaba apoiada de canto na mesa. Doeume de carallo, e non é por ser un mixiricas, porque estas cousas doen. E eu, que a pesar do cambio do ano sego sendo tonto para según que cousas, pois non fun ó médico. Durante estes quince días non parou de doerme; non poido pacer xiros coa man, non poido apoiarme nela, non poido coller peso, non poido abrir portas,... e cada día que pasa vai a pior. Se hai algún doutor na sala pido, por favor, un diagnóstico. Se non é así, dame que o xoves vou ir ó médico. ¿E por que o xoves e non mañá?... pois porque son tonto. ¿E por que son tonto?... explícome.

A miña xefa ten libre hoxe e máis mañá, polo que estou eu no meu edificio e a miña compañeira no outro. Non quero poñerme de baixa e que quede ela soa para os dous edificios, é moito choio. Pero o asunto é que elas colleron libre todo o Nadal, polo que eu estiven so para os dous edificios durante unha semana e uns días. Así pois, son tonto. Penso que o meu nivel de empatía está moi elevado, debería baixalo un pouco e subir o de egoismo, que para estes casos ven moi ben.

Teño novas sobre esa oferta que recibín do departamento de calidade para traballar con eles. Non era nada mala, a verdade: 200 euros máis, entrar ás 9 (agora entro ás 7) e sair ás 5 (agora saio ás 4.30) e algunhas cousiñas máis que soaban ben. Pero o que me botou para atrais é o traballo en si. Non sei se son capaz de pasar 8 horas cada día diante do ordenador respondendo emails e verificando a calidade dos productos. Polo tanto quédome onde estou, aínda máis contento se cadra porque a miña xefa case me pediu de rodillas que non cambiase de departamento, o que fai que un servidor se sinta valorado no seu posto de traballo, e iso non vale 200 euros, vale moito máis.

O fin de semana pasado fun ó cien. Non me gusta moito, son máis de dvd na casiña, en boa compañía e libre para berrar, rir, chorar ou pasar a maiores se a cousa se pon tonta. Pero aínda así necesito ir ó cine unha vez ó ano para seguir convencido de que todo segue igual e segue sen gustarme. Fumos ver "Cloverfield", ou se preferides "Monstruoso" (vaia merdad de título que lle puxeron en castelán, sempre me preguntei quen carallo será o espabilado que fai a traducción dos títulos). Creo que en España se estrena este venres. A min decepcionoume bastante, ó millor porque fun coas espectativas ben altas despois de ver o trailer. Pero se vos gustou "Gozilla" e "El proyecto de la bruja de Blair", pois esta é a película perfecta para vosoutros. Un detalliño de nada... está rodada con videocámara de man... se realmente eres fan das imaxes ben encuadradas e claras... non vaias a ver a película e afórrate a entrada. Déixovos co trailer:

P.D. O cine en Amsterdam "so" custa 9 euros a entrada... ladrós do carallo, e despois queixanse da piratería, anda e que vos fodan, en especial a Alejandro Sanz e Ramoncín... por que non vades rirvos da puta que vos pareu????

Chuzame! chuzame -

Comments (3) »

Para ter sempre en conta

 Un clásico de Extremo Duro, para non esquecer nunca.

E outra que nos trae bos recordos, do concerto que deron en Cedeira hai así como 4 anos?? non me recordo ben, pero unha festa pagana sempre é benvida.

Chuzame! chuzame -

No comment »

De bares, tabernas e tascas varias

Como ben sabedes os que me coñecedes, sempre fun unha persoa curiosa (que non é o mesmo que cotilla, por moito que insistedes) e sempre me chamou a atención o comportamento da xente. A cada sitio que vou ou en cada un dos diferentes ámbitos da miña vida diaria que me atopo, quédome sempre apampando co comportamento dos que me reodean, o que me trae algún que outro problema de vez en cando, xa sexa porque non entendo dito comportamento ou ben porque non estou dacordo co mesmo. Ás veces gostaríame pasar de todo, ir ó meu e que fodan ó resto do mundo, como fan algúns... seguro que non me comería tanto a cachola. Pero o caso é que sonceh así e non hai nada que facerlle.

Debido a que apampo ata coa mosca que arrisca a súa vida camiñando polo borde da miña taza de café (que xa me diredes que chiste lle ten á pobriña arriesgarse desa maneira), xa hai tempo que me veño fixando na clientela dos bares e tabernas, ata chegar á conclusión de que existe unha fauna (e a veces flora, dependendo do número de duchas que tomen ó mes os persoaxes que por estes lares pululan) común cun patrón común (o que eu aquí plantexo, dende o meu punto de vista, claro) que caracteriza o comportamento da xente dentro destes locais:

  •  O que ten presa: entra, toma un café (lévalle dous minutos contados) e vaise. Os demáis nin se enteran da súa presencia. Soamente eu, que estou ahí para estudialo, e a camareira, porque é a que pon o café, nos percatamos da aparición e desaparición deste individuo.
  • O autónomo: este normalmente aparece coa roupa de traballo (maiormente o buzo azul do taller), para dar a entender que, aínda que ande de bar en bar, está traballando. Soen ser os máis serios, os máis cansados porque teñen "moito choio"... pero aínda así tíranse media mañá de bar en bar.
  • O xubilado: é case o mesmo que o que ten presa, coa diferencia que cando se xuntan máis de un, cartas ou dominó de por medio, ármana boa. Se lle tes aprecio á túa dignidade, mantente a lo menos 3 metros lonxe deles. Ó seu lado ti non sabes unha merda... "ti que vas saber, oh!, deixa falar ós vellos que son os que máis saben" é a súa frase favorita.
  • O facha no armario: a súa frase favorita é "eu non son nin de uns nin de outros... pero isto con Franco non pasaba!"
  • O facha fora do armario: non se lle escoita outra cousa que cousas tipo "maricós, puas, nejros, roxos... a eses había que matalos a todos!" (verídico). Tamén soen sair da súa boquiña cousas como "víchedes iso do tornado en Texas?... cajondios, sejuro que é cousa do Zapatero, que che ten moi mala hostia o nacho ese!"
  • O "non sabe, non contesta": tímido en apariencia, soe acoplarse nunha esquina da barra. Pide, paga, bebe, mira a televisión, escoita as trifulcas, ríese,... pero non di nin pío. Parece que asumiu moi ben o refrán que as nais soen dicir sempre... "caladiño estás máis juapo!". Son os que dan máis medo, a saber o que pasa por esas cabeciñas.
  • O importante: normalmente un arquitecto, armador, membro do goberno,... Entra sempre coa cabeza ben alta, unha man no bolsillo do pantalón e na outra as chaves do coche (case sempre un mercedes, bmw,... cunha sinal ben grande coa marca do coche colgando das chaves). Apoiado na barra, soe esperar así coma 20 segundos a que alguén o invite a algo, por algo é o importante. Se isto non pasa, será el mesmo o que se arrime a alguén e diga aquilo de... "que oh, tomámoslle algo?"
  • A rémora do importante: estará sempre atento á entrada do importante no bar, para acercarse a el e pagarlle algo. Se se despista por algún motivo, será o importante mesmo o que lle vaia dar no hombro coa palma da man, recibindo a típica resposta da rémora... "home! estás ahí?, veña, que hoxe pago eu" coma sempre, vaia.
  • O ambidiestro: este persoaxe é caracterizado polo número de palabras referintes ó sexo que saen pola súa boca (diría que 9 de cada 10), e non hai moza que saia do bar sen escoitar algúns dos seus "piropos" tipo... "ai nena, quen tivera a túa idade!"... aínda que ó final, é o típico que tanto lle da almexa como mexillón, en tempos de guerra, todo buraco é bon! (típica excusa usada polos maiores para así identificarse como bisexuales, pero sen dicilo... xa se sabe, ós maricós son enfermos...).
  • O machista: o típico que se sinte o centro de atención aínda sen selo. Por semana soe estar el so, pero no fin de semán é moi probable que o atopes acompañado da súa muller soltando aquilo de... "home!, á muller hai que sacala da casa de vez en cando!"... e a pampona ríelle a gracia aínda encima... en fin...
  • O "supernany": bota o día no bar cos cativos. Iso si, se alguén lle pregunta que como vai todo, el contesta: "ben oh, dando un paseo cos cativos, que tomen un pouco o aire". Da barra ó billar, pasando pola máquina de tabaco e volta á barra, ese é o fantástico paseo dos cativos.... moito millor que ir á praia ou xogar á pelota, onde vai a parar!!!
  • As maruxas: grupiños de mulleres que, ben cedo pola mañá e aproveitando que deixaron ós cativos na escola, adican o tempo que pasan tomando o café a despotricar e criticar a todo dios. Incluso aínda que ti te atopes na mesa do lado (isto tamén é verídico).
  • O cotilla curioso: ou sexa, eu, e moitos máis coma min que non se atreven a aceptalo (non é tan mala a cousa, oh, que cotillas, ó final, sómosche todos, canto antes o asimiles millor para ti)

Se crees que me olvido dalgún especimen pertencente a esta fauna "tabernil", non dudes en correxirme!

Déixovos con esta canción que tamén me da moi bon rollo, da cal descubrín o nome do grupo e o título da canción gracias ó meu amigo Tono

Chuzame! chuzame -

Comments (3) »

Felicidades cativo!

20061017130337-29.gifPois si home, xa non che queda nadiña para cambiar de década. Como pasa o tempo, eh? Xa lojo parece que foi ontes cando nos coñecimos, baloncesto de por medio. E dende entón, pasando por algunhas dificultades (que sería da vida sen dificultades?), aquí sejimos 15 anos despois. Pois por min que non quede, e que sexan polo menos 60 máis. A ver se montades unha doente por ahí... eu mentras tanto, aquí espero unha visita e vou preparando o fíjado, a xente por aquí e a casa.... que por certo, xa teño casa nova... así que xa tedes unha excusa inmellorable para pasarvos por aquí. Mentras tanto, moitas felicidades Tono!!!! E a ti, exclusivamente, dedícoche o seguinte vídeo coa sua correspondente canción, que che vai ó pelo. É do 1983, se non me equivoco, e ti xa andabas coljándote dos pinos e moitas máis cousas típicas túas.

E xa de paso, aproveito esta entrada para queixarme un pouco (xa sabedes, se non me queixo é que xa deixo de ser eu mesmo). Non é que vos pasedes moito por aquí... ou iso paréceme a min. Así pois, deséxovos que a próxima vez que vos levantedes para mexar pola noite vos atopedes no pasillos con aljo parecido a isto, e xa de paso que vos cajedes pola pata abaixo....

miedo.jpg

.... e para limparvos o cu despois, para que vexades que non son tan malo, pois aquí vos deixo un regaliño...

toiletpaper.jpg

Aínda así, co malos que sodes e o bon que son eu (faltaría máis)... bicos a todos e todas!!!

Chuzame! chuzame -

Comments (4) »

Herencias da igrexa (parte 2)

Xa sei que existe o risco de que me tachedes de repetitivo e radical, pero a verdade é que este é o tema principal do meu blog, o que da nome ó título. Mentras a relixión non se limite unicamente á vida privada de cada un e deixe de ser unha especie de institución pública con poder que nin fai nin deixa facer, eu sejirei criticándoa. Que jodan as súas vidas se queren, agora a miña que a deixen en paz.

O pasado fin de semán tiven a oportunidade de ver un documental que me chamou a atención hai un tempo. Tiñaa curiosidade por saber se sería un sensacionalismo máis, tipo Al Gore e o seu "salvemos o planeta para que me den o Nobel", ou se tiraría polo lado da crítica desde un punto de vista máis persoal e aportando datos.

deliver_us_from_evil_dvd__large_.jpg

Foi máis ben o segundo. Deixoume un pouco descolocado o documental. Xa todos coñecemos a hipocresía que caracteriza á igrexa católica, e máis coñecidos aínda son os casos de pederastia que a sacuden. Pero tamén todos sabemos que pederastas hainos en tódolos lados, non so na igrexa católica. O que expón este documental non é a pederastia en si, senón as feridas que causan este tipo de abusos nas víctimas e nas súas familias. A historia céntrase nun coñecido cura de orixe irlandés que se pasou practicamente a súa vida no estado de California exercendo de cura, de pobo en pobo, e xa de paso fodendo cativos e cativas, falando claro. O ocultismo e o pasotismo, tratando así de manter unha boa imaxe, por parte da alta esfera da igrexa católica tamén está reflexado na película, sendo case o máis escandaloso do tema, e deixando ver o inmenso poder do que goza a igrexa a nivel mundial. Pero o pior de todo é que o persoaxe principal, o cura de orixen irlandés, segue vivo. E non so iso, senón que foi deportado a Irlanda así como se non pasara nada... que vaia foder nenos a Irlanda, polo menos non foderá nenos en USA. En fin, que se tedes estómajo suficiente para ajuantar este tipo de barbaridades humanas, recoméndovos ver o documental.

Botádelle un ollo (ou dous) a este video que atopei en Youtube. A crítica é un pouco radical e sóbranlle aljúns tacos... aínda así, estou totalmente dacordo, non nas formas pero si no contido.

Chuzame! chuzame -

No comment »

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis