D.E.P.
Xa falta ben pouco para despedir o ano e darlle a benvida ó 2008. E como cada fin de ano, estamos cheos de novas ideas e boas intencións (sobre todo estas últimas) para comezar o ano con bo pé, coma se esperásemos así un cambio ou un xiro radical nas nosas vidas. O malo é que, cando pase Xaneiro e nos deamos conta de que as nosas vidas seguen a ser as mesmas, esas ideas e intencións novas ficarán nun recuncho no fondo das nosas entrañas ata o próximo ano, deixándonos levar así pola inercia do paso do tempo, sen molestar nen ser molestados, sen cambiar ou tratar de millorar o que temos... total, para que?
Non temos nin puta idea.
A última noite do ano será coma tódolos anos: festa, champán, uvas, campanadas, xente (e animáis) con traxe, borracheiras, chocolate con churros,... para despois botar o día 1 durmindo, ou simplemente arrolado na cama aqueixado dun mal chamado resaca, sabendo que un novo ano acaba de comezar pero que todo segue coma sempre.
Sen embargo, este fin de ano será diferente para min. Xa o foi o ano pasado; aquí non se comen uvas e tampouco nos poñe os traxe. Ademáis diso, será diferente tamén no meu entorno... haberá unha persoa que non terá a posibilidade de ter novas ideas e boas intencións para o novo ano... ela xa tivo o cambio radical na súa vida hai xa tres meses e nos próximos días ese cambio chejará ó seu punto álxido para así deixarnos definitivamente.
Xa non queda apenas rastro aljún daquela muller forte e xuvenil, a pesar dos seus 73 anos, catacterizada sempre polo seu soriso e polas súas gañas de vivir, apajados ambos de súpeto pola oscuridade que traen consijo unha serie de tumores, condeados tumores, que non descansaron na súa labor ata foderlle o fíjado por completo.
Quedan apenas unhas tiras de pel amarillenta e rugosa que deixan ver a figura dun esqueleto farto xa de tanta loita. Quedan esos olliños baleiros, mirando pola fiestra e tratando de recuperar a ilusión da que un día foron donos. Quedan esos oscuros beizos que aínda non se esqueceron de dar bicos cheos de cariño e ternura. Queda ese corpo malferido tumbado nesa cama que, dende fai xa 15 días, converteuse no seu cuartel xeral, no centro de operacións dende o que trata, cada vez con menos empeño, de aferrarse á pouca vida que lle queda.
Onte, cando me acostei ó teu carón empuxado moi levemente polo teu braciño e me dixeches o moito que me querías a pesar de coñecerme dende hai aínda non 2 anos, apenas puiden sentir o teu alento... tan débil... Sen embargo, a pesar de todo, vin nos teus húmedos ollos o reflexo dunha fortaleza inhumana... a mirada dunha muller preparada para abandoar o barco, sabendo que os que quedan a bordo non terán ningún problema para continuar a súa viaxe, sabendo que cada un de nós ten un pedaciño de ti, sabendo que a tempestade está chegando ó seu fin e deixará paso a unha paz e unha tranquilidade propias da túa persoa... o que nos ensinaches en vida, o que nos deixas como herencia agora que te vas. Descansa en paz.
Ik houd ook van je, mamá Krans.
chúzame - 

Zeltia said,
marzo 8, 2008 @ 9:09 pm
Vaia, non contaba atopar un post tan triste. Sempre é sentido cando unha persoa sofre e deixa a vida, mesmo ainda que non se coñeza, coma mín… pero a través das túas palabras… bah, será que hai pouco que perdín un familiar próximo, e volvín ver eses ollos, e esa pel sen carne debaixo… Con estas cousas todos nos solidarizamos ¿non?
Unha aperta.