Kill that bitch!!
Non sei se aljén se acordará xa de este programa catalogado por moitos como "basura". Non lles faltaba razón a eses que daban esta definición, aínda que vendo o que hai hoxe en día na televisión española, pois case que poderíamos decir que Crónicas Marcianas era basura pero da "light". Resúltame moi raro (5 anos despois) imaxinarme a min mesmo vendo este tipo de programas... cóstame moito... bendita emijración que me liberou a mente de tales asesinos de neuronas... para matar neuronas mellor apañar unha boa jaita. Como decía un amijo meu "el alcohol es muy listo y sólo te mata las neuronas malas o que ya no funcionan..."... palabra del señor, amén!
O caso que ocupa un lugar na miña cabeciña estos días é a violencia que existe na actualidade. Mires onde mires, leas o que leas ou vaias onde vaias sempre está presente. Nos telediarios, nas revistas, nos periódicos, nos anuncios, no traballo, na casa, na escola,... estou convencido que se levantas unha pedra ou apartas unhos feljos atoparás unhas formijas ou unhas lamachas mazándose a paos... e iso que non teñen conciencia (ou iso din!). A verdade é que a violencia sempre estivo presente ó longo de toda a historia da humanidade, ás veces como medio de supervivencia e outras veces como medio de represión e abuso. É esta última a que predomina hoxe en día: violencia de xénero, paises que atacan a outros, racismo e xenofobia, relixiosa (a pior!),... en fin, que nada nen naide se libra de presenciar ou protajonizar un caso de violencia.
E claro, foi entón cando as galaxias dixeron iso de "se toda cousa que se move anda ás hostias, pois non nos imos quedar nós sen poñer da nosa parte"
Resulta que unha galaxia atacou a outra cun "chorro de partículas compuesto en su mayor parte por rayos X, radiación gamma e intensos campos magnéticos"... ajárrate os machos! A min perdoádeme a miña ignorancia científica (un que é de letras e a moita honra), pero isto sóname a película das malas, ou polo menos é a sensación que me da ó ler a noticia, dijo eu que redactada así para provocar non se sabe ben o que... xa sabemos canto lles justa a esos do Mundo alterar ó persoal.
E eu, que cada día que pasa son máis escéptico co que leo ou escoito nos medios de comunicación, pois xa me imaxino a un reporteiro entrevistando, alcachofa en man, á galaxia gañadora:
-
Vaia viaxe lle mandaches, mi má! pero se era máis pequena ca ti!
-
(Galaxia, con acento de Texas) Si oh, pero tiña armas de destrucción masiva, que mo dixeron unhas amijas especializadas no tema e que che son ben listas elas.
-
E podes demostras iso?
-
Non, pero da ijual porque xa foi. Veña, vou ver se atopo outra... que me dixeron que por aquí cerquiña anda unha arjallando con non sei que historias nucleares.
Deixando as tonterías a un lado, eu so espero que a nosa galaxia sexa das neutrales, desas que non se meten en líos, porque senón espéranos unha de moito carallo. E espero tamén que a Vía Láctea sexa consciente de que nela habitamos uns cantos millóns de persoas... aínda que a aljúns como Marianito, o Fede, os hipócritas da conferencia episcopal, os intolerantes xenófobos e homófobos,... ben os podían rociar cun pouco de ácido ou escupirlles raios X ou radiación gamma desa (que xa dito de paso, debe de laiar de carallo)... non ía ser moita perda.¨
Ó final resulta que tamén eu son violento... é que non temos remedio ninjún!
Para acabar, un pouco de humor (que grandes estes de gomaespuma!), unha parodia dunha aula calquera nunha cidade calquera. O peor é que na realidade os alumnos non son tan formaliños, incluso cumplen as súas ameazas... vaia desjracia de sociedade.
Boísimo o de "ai, se lo voy a decil a mi helmano el Richal y se va a cagal... ai el cura payo!"
chúzame - 

