Jripe e Sinterklaas

Hoxe, 6 de Decembro, estou coa jripe. Debe ser que o meu corpo anda necesitado de virus e cousas desas... ainda así, como son tonto e débome (ou iso penso) ás miñas responsabilidades, fun traballar. E ontes, no traballo, no cal son benquerido (e iso ajradécese moito), tocoume ser o Sinterklaas. Se queredes saber máis sobre este personaxe e o que representa, simplemente facede un click co voso rato enriba do nome e iredes a parar á páxina da wikipedia (que xunto con google e youtube, é o meu deus particular, iso si, ainda non lle rezo) e alí veredes de que vai o asunto.

Pois si, este homiño é unha especie de papa noel en holandés, pero o meu veu dende Xapón e tróuxome catro rejaliños, mirade para ahí que xeneroso!

En España, cando somos nenos,  os maiores soen ameazarnos co home do saco ou "que ven o coco" e disque se eres malo, pero malo dos malos, lévante con eles vai ti a saber onde. Aquí usan ó Sinterklaas este e dinlles ós nenos que os vai levar para España... pois vaia medo que deben ter os nenos (ainda que tal e como están as cousas por alí, eu estaría máis que acolloado)... será por iso que cando medran vanse todos os holandeses de vacacións ó noso pais... e eu que pensaba que era pola festa, os toros, a paella, o sol e a siesta... iluso eu... pois non!, van todos en estampida a ver se hai aljo de verdade nas historias que lles contaban cando eran nenos.

Como dicía, no traballo tocoume facer a labor deste homiño. Iso si, negueime rotundamente a vestirme coma el, que un pode ser sumiso pero non ata este punto.

400px-sinterklaas_2007.jpg

 Tiven que poñer unha especie de pasteliño (cortesía da empresa) en cada unha das duascentas mesas dos meus douscentos compañeiros... en fin, un coñazo... e soportar as bromiñas dos máis jraciosos coa jripe que teño... pois pior ainda, pero menos mal que a telebasura española dalle a un recursos para sair ben parado destas situacións e apostei pola estratexia da Pantoja... si home, esa de "dientes, dientes... que es lo que les jode", total risa máis falsa cunha peseta e tira pa diante co carriño dos pasteliños.

Cambiando de tema un pouco, contarvos que hoxe recibin unha proposta do manager do departamento de Control e Calidade para traballar con eles. Díxome que sabía que eun non tiña experiencia, pero que me quere pola miña boa disposición para aprender, polo meu alto grado de responsabilidade e pola miña seriedade no traballo.. ahí queda iso. Ainda no sei se aceptarei o cambio ou non, pero os piropos sentáronme de maravilla e non sei se será por isto ou pola jripe do carallo pero síntome coma flotando nunha nube. Xa vos manterei informados.

E para rematar por hoxe, un último apunte...

Cada día aléjrome máis de non vivir en España. Paréceme verjonzoso o que pasou o outro día na manifestación que se fixo en Madrid en contra?? de ETA. Eu xa non sei onde carallo vamos a parar, pero isto de facer manifestacións, supostamente para condear o asasinato de duas persoas (guardias civiís, políticos, mariñeiros ou sexadores de polos), e aproveitalas para insultarse uns ós outros (fachas e progres todos ó mesmo tempo e no mesmo saco) paréceme xa o último. Ás veces dame a sensación de que a aljúns non lles apetece que o terrorista deixe de matar, xa que así teñen unha razón máis para berrar aquilo de "socialistas terroristas"... istso de ser fan de mandar á xente ó paredón, asiduo visitante á misa matinal dos dominjos e ointe incondicional dos sermóns que ese tal Federico escupe cada mañá na radio non che debe ser nada bon para a saúde individual, e moito menos para a saúde da sociedade en xeral, xa que parece ser é contaxioso... eu por si acaso ficarei aquí en Holanda unha temporadiña máis.

Chuzame! chúzame -
del.icio.us this!

4 Responses so far »

  1. 1

    vbarro said,

    decembro 8, 2007 @ 10:07 pm

    Hola Cativo.

    Se me ha borrado el “p…” comentario.
    El primero que escribo, así que me voy a entretener más bien poco.
    No he tenido tiempo de leer todo lo que escribes, …, podías continuar tu libro, no?? jeje.

    Nos veremos pronto cativo, intentaré venir más por aquí a picarte…jeje.
    Bicos.

  2. 2

    Ninsesabe said,

    decembro 9, 2007 @ 6:53 pm

    Ánimo con esa oferta de traballo.
    Oes, o enlace da un mensaxe de erro…

  3. 3

    Pablo said,

    decembro 9, 2007 @ 7:45 pm

    Bics, pa unha vez que te pasas por aquí… bueno, jraciñas pola visita e polo comentario!

    Ninsesabe, o enlace xa funciona ben, creo… jracias polos ánimos e por avisarme do erro.

  4. 4

    Relixion? non, gracias, prefiro pensar » Hand-job said,

    xaneiro 29, 2008 @ 7:01 pm

    [...] novas sobre esa oferta que recibín do departamento de calidade para traballar con eles. Non era nada mala, a verdade: [...]

Comment RSS · TrackBack URI

Say your words

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis