Volvendo á normalidade
Ontes cheguei de novo a Amsterdam, de volta dunha semaniña na miña terra. Unha semaniña curta pero intensa, na que me deu tempo a visitar case a todo aquel que tiña planeado visitar. Aljúns dixéronme que me atopaban moi ben, que tiña bon aspecto, outros que estou máis maduro, outros que sijo ijual... pero creo que todos se alejraron de verme por alí. Eu tamén me alejrei moito de vervos e de disfrutar da vosa compañía. Prometo que ata a próxima visita non pasará de novo ano e medio,... é moito tempo.
Aléjrome tamén de sejir vivo... vaia merda de viaxe tiven onte no avión. De Coruña a Madrid foi todo ben, o avión case nin se moveu e fíxoseme curta. En Madrid o tempo estaba xeneroso... todo despexado e 15 jrados, un pouco de vento pero nada que me fixera pensar aljo fora do común. Foi cando voabamos sobre Aragón cando a cousa comezou a virarse. Unhas nubes espesísimas saudábanme como dicindo "bueno, vamos a tocarche un pouco o carallo". Eu tentei durmir antes de perder de vista o chan... pero non fun capaz. Sentía como o piloto tentaba poñer un rumbo diferente para esquivar a tormenta, e conseguiuno collendo máis altura (iso noteino porque as miñas orellas, a pesar de ir eu roendo no chicle, tapoárosenme sen previo aviso). Xa sobre Francia era case noite, e as nubes máis numerosas que antes... nen sequera podía ver máis aló do motor do avión, non podía ve-lo final da ala. Eu xa me temía o peor... xa non había forma de que o piloto poudese esquivar a tormenta, xa que comezabamos a descender pouco a pouco e non había outra que meterse no medio do follón. Turbulencias e máis turbulencias con cambios de ruido nos motores que me recordaban moito á película de Viven, e imaxinabame xa caendo en medio daljunha parte e tentando saltar un pouco xusto antes de que o avión chocara contra o chan (isto recomendoumo un amijo... pobrinho el), para que o jolpe non fose para tanto. O caso é que de súpeto, cos ollos pechados e imaxinando que ía nun bus por un camiño sen asfaltar, as luces apajáronse e a xente calou coma se visen o demo. So se escoitaban os choros de dous nenos, que son coma os cas, os primeiros en cheirar o perigo. As luces ían e viñan sen ritmo aljún, e os pilotos dos cintos de sejuridad encendidos coma decindo "amárrate ben neno que desta vas flipar". Deixamos atrás as nubes, por iso de ir perdendo altura, e puiden ver xa a cidade de Amsterdam pola ventanilla. O caso é que o avión pasou de larjo o aeroporto... ahí acolloeime pero moi en serio. Mentras tanto as turbulencias non paraban, e as luces sejían ó seu... O nacho que levaba ó lado, un home holandés duns 60 anos, ía tranquilinho coma se nada pasase, non así a súa muller que levaba xa media hora rezándolle a un destes deuses que disque salvan vidas e todo iso. Oíanse comentarios que eu tentei esquivar porque non me producían justo aljún... escoitei unha española dicir "joder, la primera vez que vengo a Amsterdam y nos vamos a estrellar"... mala centella te coma... madrileña tiñas que ser carallo!! Levaba o Pais entre as pernas e xa tiña as dúas primeiras páxinas completamente molladas por culpa das miñas mans... empapadas como se as acabase de sacar dun caldeiro cheo de auja. O avión púxose a dar voltas no ceo de Amsterdam... a vista era inmellorable... pero o vento era forte de carallo e os raios que de vez en cando asomaban estabanme provocando un apretón dos bos na miña barrija... Por un momento, e isto vai moi en serio, pensei que o avión íase a tomar polo cu, e non había escapatoria ninjunha... e ver ás azafatas amarradas ós seus asentos non me deu sejuridade nenjunha. De súpeto o piloto anunciou que ía tentar o aterrizaxe... eu, como non teño ninjún dios ó que rezarlle (que neses momentos debe de ser útil, ainda que sexa para desviar os teus pensamentos) pois ajarreime ben forte ó meu asento e prepareime para saltar xusto antes de estrelarnos (como ben me dixo o meu amijo). Despois de 30 minutos, que me pareceron dous días polo menos, dando voltas no aire e vendo a cidade de Amsterdam, o avión estaba tocando chan e eu tentando manter os meus calzoncillos limpiños. Xurei que nunca máis me ía montar nunha cousa desas... cousas do momento, xa sabedes, porque quero visitar USA, Australia,... e moitos lujares máis ós que é dif'icil chejar se non colles un aparato destos.
Ó final chejei á casa sano e salvo. Iso si, unha boa ducha e unha boa cea repuxéronme do mal trajo... sendo sen dúbida o peor día da miña vida... os poucos kilos que me puxo no corpo o caldo da miña nai durante unha semana sacoumos o avión en menos de media hora.
Aljúns queixáronseme de que este blog non ten moitas ilustracións (e unha incluso que deixara de escribir coa "j", joder con la nena) ... tentarei cumplir os vosos desexos... ou non... vai ti a saber.
chúzame - 
