Archive for Decembro, 2007

D.E.P.

Xa falta ben pouco para despedir o ano e darlle a benvida ó 2008. E como cada fin de ano, estamos cheos de novas ideas e boas intencións (sobre todo estas últimas) para comezar o ano con bo pé, coma se esperásemos así un cambio ou un xiro radical nas nosas vidas. O malo é que, cando pase Xaneiro e nos deamos conta de que as nosas vidas seguen a ser as mesmas, esas ideas e intencións novas ficarán nun recuncho no fondo das nosas entrañas ata o próximo ano, deixándonos levar así pola inercia do paso do tempo, sen molestar nen ser molestados, sen cambiar ou tratar de millorar o que temos... total, para que?

Non temos nin puta idea.

A última noite do ano será coma tódolos anos: festa, champán, uvas, campanadas, xente (e animáis) con traxe, borracheiras, chocolate con churros,... para despois botar o día 1 durmindo, ou simplemente arrolado na cama aqueixado dun mal chamado resaca, sabendo que un novo ano acaba de comezar pero que todo segue coma sempre.

Sen embargo, este fin de ano será diferente para min. Xa o foi o ano pasado; aquí non se comen uvas e tampouco nos poñe os traxe. Ademáis diso, será diferente tamén no meu entorno... haberá unha persoa que non terá a posibilidade de ter novas ideas e boas intencións para o novo ano... ela xa tivo o cambio radical na súa vida hai xa tres meses e nos próximos días ese cambio chejará ó seu punto álxido para así deixarnos definitivamente.

Xa non queda apenas rastro aljún daquela muller forte e xuvenil, a pesar dos seus 73 anos, catacterizada sempre polo seu soriso e polas súas gañas de vivir, apajados ambos de súpeto pola oscuridade que traen consijo unha serie de tumores, condeados tumores, que non descansaron na súa labor ata foderlle o fíjado por completo.

Quedan apenas unhas tiras de pel amarillenta e rugosa que deixan ver a figura dun esqueleto farto xa de tanta loita. Quedan esos olliños baleiros, mirando pola fiestra e tratando de recuperar a ilusión da que un día foron donos. Quedan esos oscuros beizos que aínda non se esqueceron de dar bicos cheos de cariño e ternura. Queda ese corpo malferido tumbado nesa cama que, dende fai xa 15 días, converteuse no seu cuartel xeral, no centro de operacións dende o que trata, cada vez con menos empeño, de aferrarse á pouca vida que lle queda.

Onte, cando me acostei ó teu carón empuxado moi levemente polo teu braciño e me dixeches o moito que me querías a pesar de coñecerme dende hai aínda non 2 anos, apenas puiden sentir o teu alento... tan débil... Sen embargo, a pesar de todo, vin nos teus húmedos ollos o reflexo dunha fortaleza inhumana... a mirada dunha muller preparada para abandoar o barco, sabendo que os que quedan a bordo non terán ningún problema para continuar a súa viaxe, sabendo que cada un de nós ten un pedaciño de ti, sabendo que a tempestade está chegando ó seu fin e deixará paso a unha paz e unha tranquilidade propias da túa persoa... o que nos ensinaches en vida, o que nos deixas como herencia agora que te vas. Descansa en paz.

Ik houd ook van je, mamá Krans.

Chuzame! chuzame -

Comments (1) »

Kill that bitch!!

 Non sei se aljén se acordará xa de este programa catalogado por moitos como "basura". Non lles faltaba razón a eses que daban esta definición, aínda que vendo o que hai hoxe en día na televisión española, pois case que poderíamos decir que Crónicas Marcianas era basura pero da "light". Resúltame moi raro (5 anos despois) imaxinarme a min mesmo vendo este tipo de programas... cóstame moito... bendita emijración que me liberou a mente de tales asesinos de neuronas... para matar neuronas mellor apañar unha boa jaita. Como decía un amijo meu "el alcohol es muy listo y sólo te mata las neuronas malas o que ya no funcionan..."... palabra del señor, amén!

O caso que ocupa un lugar na miña cabeciña estos días é a violencia que existe na actualidade. Mires onde mires, leas o que leas ou vaias onde vaias sempre está presente. Nos telediarios, nas revistas, nos periódicos, nos anuncios, no traballo, na casa, na escola,... estou convencido que se levantas unha pedra ou apartas unhos feljos atoparás unhas formijas ou unhas lamachas mazándose a paos... e iso que non teñen conciencia (ou iso din!). A verdade é que a violencia sempre estivo presente ó longo de toda a historia da humanidade, ás veces como medio de supervivencia e outras veces como medio de represión e abuso. É esta última a que predomina hoxe en día: violencia de xénero, paises que atacan a outros, racismo e xenofobia, relixiosa (a pior!),... en fin, que nada nen naide se libra de presenciar ou protajonizar un caso de violencia.

E claro, foi entón cando as galaxias dixeron iso de "se toda cousa que se move anda ás hostias, pois non nos imos quedar nós sen poñer da nosa parte"

1197956169_g_01.jpg

Resulta que unha galaxia atacou a outra cun "chorro de partículas compuesto en su mayor parte por rayos X, radiación gamma e intensos campos magnéticos"... ajárrate os machos! A min perdoádeme a miña ignorancia científica (un que é de letras e a moita honra), pero isto sóname a película das malas, ou polo menos é a sensación que me da ó ler a noticia, dijo eu que redactada así para provocar non se sabe ben o que... xa sabemos canto lles justa a esos do Mundo alterar ó persoal.

E eu, que cada día que pasa son máis escéptico co que leo ou escoito nos medios de comunicación, pois xa me imaxino a un reporteiro entrevistando, alcachofa en man, á galaxia gañadora:

  • Vaia viaxe lle mandaches, mi má! pero se era máis pequena ca ti!

  • (Galaxia, con acento de Texas) Si oh, pero tiña armas de destrucción masiva, que mo dixeron unhas amijas especializadas no tema e que che son ben listas elas.

  • E podes demostras iso?

  • Non, pero da ijual porque xa foi. Veña, vou ver se atopo outra... que me dixeron que por aquí cerquiña anda unha arjallando con non sei que historias nucleares.

Deixando as tonterías a un lado, eu so espero que a nosa galaxia sexa das neutrales, desas que non se meten en líos, porque senón espéranos unha de moito carallo. E espero tamén que a Vía Láctea sexa consciente de que nela habitamos uns cantos millóns de persoas... aínda que a aljúns como Marianito, o Fede, os hipócritas da conferencia episcopal, os intolerantes xenófobos e homófobos,... ben os podían rociar cun pouco de ácido ou escupirlles raios X ou radiación gamma desa (que xa dito de paso, debe de laiar de carallo)... non ía ser moita perda.¨

Ó final resulta que tamén eu son violento... é que non temos remedio ninjún!

Para acabar, un pouco de humor (que grandes estes de gomaespuma!), unha parodia dunha aula calquera nunha cidade calquera. O peor é que na realidade os alumnos non son tan formaliños, incluso cumplen as súas ameazas... vaia desjracia de sociedade.

Boísimo o de "ai, se lo voy a decil a mi helmano el Richal y se va a cagal... ai el cura payo!"

Chuzame! chuzame -

No comment »

Frio??? o que oh…!!!

dsc00297.JPG

Pois estou por apostar a que a maioría de blogs falan nestes momentos sobre o frío que fai, así que xa sei que esta entrada non é nada orixinal. Pero é que non me apetece un carallo escribir, así que recurro ó típico truco de poñer aljunha foto e así mentras a ver se me ven aljo á cachola sobre o que botar unha parrafada.

Ahí queda unha mostra en forma de foto do frío que fai aquí en Amsterdam. Durante o día estamos a 1 ou 2 jradicos, pero cun ventiño que da a sensación de estar a menos 15 polo menos... pola noite xa non vos quero nin contar... eu érjome (joder, xa non me acordaba desta palabriña) ás 6 da mañá e está todo cuberto de xeo, pero xeo do colludo, dese que como non andes con ollo acabas no hospital en vez de no traballo... ainda que ajora que o penso... un mes de vacacións cunha perna escaiolada tampouco sona mal... máis que nada por non ter que deixar a cama a esas horas e con este frío... co quentiño que se está...

A foto está sacada esta misma tardiña en frente ó meu traballo... e ainda que no o pareza, o canal está completamente xeado.

Chuzame! chuzame -

Comments (2) »

Sobran as palabras

dsc00254.JPG

Gracias!!!!

Chuzame! chuzame -

Comments (2) »

Jripe e Sinterklaas

Hoxe, 6 de Decembro, estou coa jripe. Debe ser que o meu corpo anda necesitado de virus e cousas desas... ainda así, como son tonto e débome (ou iso penso) ás miñas responsabilidades, fun traballar. E ontes, no traballo, no cal son benquerido (e iso ajradécese moito), tocoume ser o Sinterklaas. Se queredes saber máis sobre este personaxe e o que representa, simplemente facede un click co voso rato enriba do nome e iredes a parar á páxina da wikipedia (que xunto con google e youtube, é o meu deus particular, iso si, ainda non lle rezo) e alí veredes de que vai o asunto.

Pois si, este homiño é unha especie de papa noel en holandés, pero o meu veu dende Xapón e tróuxome catro rejaliños, mirade para ahí que xeneroso!

En España, cando somos nenos,  os maiores soen ameazarnos co home do saco ou "que ven o coco" e disque se eres malo, pero malo dos malos, lévante con eles vai ti a saber onde. Aquí usan ó Sinterklaas este e dinlles ós nenos que os vai levar para España... pois vaia medo que deben ter os nenos (ainda que tal e como están as cousas por alí, eu estaría máis que acolloado)... será por iso que cando medran vanse todos os holandeses de vacacións ó noso pais... e eu que pensaba que era pola festa, os toros, a paella, o sol e a siesta... iluso eu... pois non!, van todos en estampida a ver se hai aljo de verdade nas historias que lles contaban cando eran nenos.

Como dicía, no traballo tocoume facer a labor deste homiño. Iso si, negueime rotundamente a vestirme coma el, que un pode ser sumiso pero non ata este punto.

400px-sinterklaas_2007.jpg

 Tiven que poñer unha especie de pasteliño (cortesía da empresa) en cada unha das duascentas mesas dos meus douscentos compañeiros... en fin, un coñazo... e soportar as bromiñas dos máis jraciosos coa jripe que teño... pois pior ainda, pero menos mal que a telebasura española dalle a un recursos para sair ben parado destas situacións e apostei pola estratexia da Pantoja... si home, esa de "dientes, dientes... que es lo que les jode", total risa máis falsa cunha peseta e tira pa diante co carriño dos pasteliños.

Cambiando de tema un pouco, contarvos que hoxe recibin unha proposta do manager do departamento de Control e Calidade para traballar con eles. Díxome que sabía que eun non tiña experiencia, pero que me quere pola miña boa disposición para aprender, polo meu alto grado de responsabilidade e pola miña seriedade no traballo.. ahí queda iso. Ainda no sei se aceptarei o cambio ou non, pero os piropos sentáronme de maravilla e non sei se será por isto ou pola jripe do carallo pero síntome coma flotando nunha nube. Xa vos manterei informados.

E para rematar por hoxe, un último apunte...

Cada día aléjrome máis de non vivir en España. Paréceme verjonzoso o que pasou o outro día na manifestación que se fixo en Madrid en contra?? de ETA. Eu xa non sei onde carallo vamos a parar, pero isto de facer manifestacións, supostamente para condear o asasinato de duas persoas (guardias civiís, políticos, mariñeiros ou sexadores de polos), e aproveitalas para insultarse uns ós outros (fachas e progres todos ó mesmo tempo e no mesmo saco) paréceme xa o último. Ás veces dame a sensación de que a aljúns non lles apetece que o terrorista deixe de matar, xa que así teñen unha razón máis para berrar aquilo de "socialistas terroristas"... istso de ser fan de mandar á xente ó paredón, asiduo visitante á misa matinal dos dominjos e ointe incondicional dos sermóns que ese tal Federico escupe cada mañá na radio non che debe ser nada bon para a saúde individual, e moito menos para a saúde da sociedade en xeral, xa que parece ser é contaxioso... eu por si acaso ficarei aquí en Holanda unha temporadiña máis.

Chuzame! chuzame -

Comments (4) »

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis