Volve á Vila

Creo que é no último fin de semán de Ajosto (que me corrixa aljún ou aljunha se me equivoco) que ten lujar esta festa na vila courñesa de Cedeira (a miña terra... terra da jaita). Penso que comezou hai uns anos co obxetivo de animar á xente de fora que pasa o verán na vila a que voltara de novo ó ano seguinte. Así pois veraneantes e cedeireses teñen a ocasion cada ano, entre música e empanada (moita, por certo), de despedirse uns dos outros.

A min nunca me chistou moito esta festa, xa que cadra sempre despois da patrona (a festa do ano en Cedeira) e o corpo xa non quere máis carallada despois de catro, cinco ou quen sabe cantos días de parranda consecutivos.

Ajora estamos en Novembro, que non é o mesmo que Ajosto (por se non vos díchedes xa conta), e eu.... volvo á vila!

Esa vila que abandoei hai cinco anos, ata os mismísimos de sentirme enlatado e cunhas janas doentes de ver mundo. Esa vila que non piso dende hai ano e medio e que sejirá ijual que cando a deixei (cuns ladrillos de máis ó carón da praia... fillosdeputa!). Esa vila na que ainda temos espazos naturais dignos de ser admirados... ameazados ó mesmo tempo por unha man mezcla de cartos e cemento.

A vila na que nacín, na que medrei, na que estudiei, na que me rin e chorei... a vila que me deu unha personalidade a base de experiencias... a que me preparou para ser capaz de camiñar por min mesmo... a que xa levaba ahí anos e anos antes de nacer eu e a que sejirá ahí anos e anos despois da miña morte. Esa á cal aborrezo cando estou con ela.... a mesma que boto de menos cando estou lonxe. Para mín, esa é Cedeira.

Voltarei a ver ós meus amijos e á miña familia, despois de ano e medio ou dous naljúns casos. Á miña abueliña Paca, que disque non durme esperando a miña chejada. A aljúns que xa facía a lo menos nove ou dez anos que non vía... nin se sabe, perdín a conta (pero non as janas). Ó can do meu irmán, un boxer que esperemos me recoñeza cando entre pola porta... polo meu ben. Voltarei a sentir esa xeada galega, a ver esas montañas dende a miña ventá, esa ría,... voltarei a escoitar ós seres nocturnos que tantas noites me amolaron... voltarei a sentir a liberdade que sente un á unha da mañá cando se asoma á ventá e non escoita nada. Terei de novo ese beso de boas noites que a miña nai non se cansa de rejalarme cada día...

Xa quedan unhas poucas horiñas para coller o avión... ese avión que tanto me justa... mecajonodemo. Xa queda pouco para vervos de novo, para tocarvos e sentirvos ainda que sexa so por unha semana... a min darédesme vida suficiente para botar fora outra tempada.

Se me esperades coa metade de janas que teño eu xa me dou por satisfeito.

vista-aerea-de-cedeira.jpg

Bicos a todos!!

Chuzame! chúzame -
del.icio.us this!

Say your words

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis