Herencias da igrexa
Sei que pode ser que aljunha xente se enfade conmijo, ou pense que son un dexenerado ou aljo polo estilo despois de leer esta entrada, pero o caso é que estou plenamente convencido do que vou a contar e cónstame que non son o único.
Estudiando a carreira de Psicoloxía, tiven a oportunidade de cursar unha asignatura chamada "Introducción a la sociología". Así, a nivel xeral, soupemos un pouco máis sobre a creación das sociedades, os grupos sociais e o seu comportamento, así como os factores que inflúen na creación e no desenrolo de cada jrupo. Un dos factores importantes foi, dende sempre (ainda hoxe en día, por difícil que pareza), a Igrexa. Esta institución ten a fea costume de querer estar en todo e para todos: ainda que ti os odies e os repudies, eles sejirán pensando que eres un descarrilado, unha ovella nejra que vai na direccin equivocada. Antes tiñan o suficiente poder como para levar á xente polo "camiño correcto", pero hoxe en día o único que poden provocar son ataques de risa descontrolados, de rabia, ira controlada, noxo, nauseas,... como é no meu caso (peor que os efectos secundarios do peor dos medicamentos).
A Igrexa, como institución social, está composta dunhas normas ou pautas de comportamento creadas, nun principio, coa finalidade de mellorar a convivencia dentro do jrupo e, ó mesmo tempo, cos demáis jrupos.
O caso é que estas normas son normas explícitas; isto quere dicir que non están rexistradas en ninjún tipo de libro de leis e normas nen na Constitución nen nada polo estilo, senón que foron impostas nun principio a base de acolloar ó persoal e na actualidade están ahi como se fosen o máis normal do mundo... o cal é unha putada para min porque quere dicir que eu debo de ser do máis anormal que existe.
Normas como sexo como medio de procreación, relacións sexuais unicamente entre homes e mulleres, non comer carne en venres santo,... e así moitas cousas máis (dijo cousas por non decir estupideces). Pero, persoalmente, o que máis me amola é a idea de fidelidade que impuxeron na sociedade os cabrós estes. É dicir, que te casas ou comezas unha relación en parella e os teus ollos, pensamentos e actos están unicamente destinados á tua parella... pois a min perdoademe o atrevemento pero paréceme unha das barbaridades máis jrandes.
Por poñer un exemplo, a min encántame a fanta, e sejuramente ata o día que me morra sejirei bebendo fanta porque é a mellor bebida que probei na minha vida. Ajora ben, se aljún día me ofreces un vaso de cocacola, unha cerveciña ou un bo viño, ten por sejuro que non cho vou a rexeitar, disfrutareino por ese momento, estando sejuro que chejarei á miña casa e terei a miña fantiña de toda a vida esperándome na nevera, sabendo que me sejirá justando o mesmo ou máis ca sempre.
Hai parellas que se denominan "parellas abertas" que teñen relacións sexuais con outra xente, xa sexa xuntos ou por separado, e non por iso son menos parella que os "fieles" de toda a vida (con isto no ataco a naide, perdoade se así vos sentides). A maioría da xente soe dicir: "pobrinho, é que non lle dan o suficiente na casa", "e un putón ou un putero" ou "non quere á sua parella",.. pois pode ser... pero tamén pode ser que esa persoa busque unicamente disfrutar da súa sexualidade a tope, sen prexuizos. Ó final imos todos a parar ó mesmo sitio, dous metros baixo terra ou con sorte nun nicho con vistas ó mar. E seremos todos o mesmo, con independencia do que fixeras en vida. Como dicía a canción... "solo se vive una vez!", e mentres respetes todo irá ben, ninjún problema.
Con todo o que aquí expreso non pretendo sentar cátedra nen dicir que unha opción é millor ca outra (é simplemente a minha opinión). Por suposto que respeto a aqueles que prefiren o sexo coa parella e nada máis, pero tamén me justaría ver o mesmo respeto para/con as persoas que viven a sexualidade dunha forma liberal e sen prexuizos.
Ás veces penso que nos preocupamos demasiado pola vida dos demáis ou polo que os demáis dirán da nosa vida... non é necesario.
P.D Quédanme 4 dias e xa vou directo para Galicia!! Tede coidado que con esta mentalidade miña ijual ata vos contaxio!!!
A caricatura atopeina neste blog.
Bicos!!
chúzame - 


Jon Kepa said,
novembro 19, 2007 @ 9:57 pm
Te ha quedado muy bien y me ha gustado tu comentario, además me ha servido para practicar un poco el gallego que hace tiempo que no lo practico.
Saude.
Petons (bicos)
Pablo said,
novembro 19, 2007 @ 10:32 pm
Moltes gracies Jon! Gracies també una altre vagade per la teva foto, venbingut sempre que vulguis.
Una abraçada!
oquetencutenmedo said,
novembro 22, 2007 @ 1:51 am
agora staba lembrando unha das parvadas da igrexa… non so existia e existe o tema do axun no venres santo non, é que o tema é que si pagabas o que chamaban a “gula” xa podias comer tanta carne como che dera a gana… si é que tontiños non son non.
pd: por certo, a fanta (laranxa) esta moi boa pero cunha pouca de vodka mellora moito jeje
saudos,
Pablo said,
novembro 22, 2007 @ 7:48 pm
Non, de tontos non teñen un pelo os cabrós… non che sabía eu iso da gula… é que xa manda carallo!
Pois con vodka ou sen ela… iso é opción de cada un… eu probaría esa opción… por que non?
P.D. Por certo, ves de cabeciña directa á miña lista de ligazóns
oquetencutenmedo said,
novembro 23, 2007 @ 1:34 am
pois graciñas… os seu agasallo sera correspondido e agora mesmo…