Culturas diferentes… persoas diferentes???
Vivindo nun pais extranxeiro tes unha oportunidade única de aprender unha cultura e un idioma novos. Eu son deses que non lle dan a espalda a oportunidades coma esta, pero canto máis coñezo a cultura holandesa e o seu idioma, máis conta me dou de que isto non evita que existan gilipollas como en tódolos sitios. Da ijual a cultura que teñas porque malnacidos e xente rara haina ata na lúa se buscas ben, e se non mirade o caso de Finlandia, do rapaz ese que entrou no instituto e comezou a tiros con todo dios. As culturas finlandesa e norteamericana sonche ben diferentes, sen embarjo os mesmos sucesos ocorren en ámbolos dous paises... cultura?, non, simplemente persoas individuais con problemas de adaptación (e educación, xa dito sexa de paso), o cal non fai que sexan menos responsables dos seus actos.
Para que vexades que iso de que os holandeses son máis relaxados e educados, fríos e sensatos... non é completamente certo, poño a continuación tres casos que me sucederon nesta semana (e ainda esquezo moitos anteriores), que reflexan claramente que a nacionalidade e a cultura non ten nada que ver co comportamento da xente (máis que nada para botar abaixo un pouco os típicos tópicos).
Encontros (con holandeses) na terceira fase:
. Persoaxes: eu e a recepcionista (muller, 47 anos, nejra)
- Eu: Helen, o día 24 teño que coller un avión para España e están anunciando pola tele a peor tormenta de tódolos tempos en Holanda para esas fechas.
- Helen: Pois xa sabes o que tes que facer...
- Eu: que teño que facer?
- Helen: Rezar con máis janas!
- Eu: (con cara de acojone non dijo nada e quédome teso)
- Helen: Claro, eu rezolle tódolos días ó Señor e non me pasa nada malo. O día que me pase será porque non recei o suficiente.
- Eu: (coa mesma cara de acojone e máis teso ca antes)... Ata mañá!!!
. Persoaxes: eu, técnico de ascensor, traballador de "ventas". Técnico amañando o ascensor e o de ventas que quere subir nel.
- Eu: Rino, non podes usar o ascensor ata dentro de quince minutiños, o nacho está traballando no panel.
- Rino: impórtame unha merda (así mismiño, pero en injlés, "I dont give a shit"), eu teño que ir á oficina.
- Eu: pero se só tes que subir un piso polas escaleiras...
- Técnico: en dez minutos está listo, se o usas ajora teño que resetear todo de novo e volver a empezar.
Rino sube no ascensor e vai ó primeiro piso, o técnico cájase ata na nai do can de Rino pasando por todos os seu familiares (vivos e mortos) e mírame con cara de estar cabreado e eu outra vez con cara de medo.
. Persoaxes: eu, xefe de persoal (afeminado) e traballador do almacén (nejro)
- Eu (ó xefe de persoal): Erwin, pódesme dar un papel que me fai falla para ir ó banco?.
- Erwin (con voz de pito, todo hai que dicilo): sí claro! é este o que necesitas?
- Eu: Si, moitas jracias!
- Traballador de almacén (facendo burla de Erwin): alaaa, "calquera cousa que necesites....", e isto é un home ou unha muller?
- Eu: e ti eres nejro ou déronche volta e volta cando eras neno?
- El: oh! Por que me dis iso?
- Eu: porque sejuro que ti eres dos que te queixas se aljén te chama nejro ou te discrimina pola cor da tua pel, ou non?
- El: pois claro, pero é diferente!
- Eu: manda carallo! (por suposto, no me entendeu)
Non é para tanto, e son situacións que, ainda que poida parecer o contrario, lévoas bastante ben, ou iso intento, máis que nada porque teño que tratar con todo o mundo na empresa, xa sexa nejro, católico radical, un vajonetas ou un homófobo do carallo. Pero a verdade é que a estupidez humana é o peor que existe, prefiro lamber unha patada nos collós (iso si, non o tomedes ó pé da letra, polo voso ben!)
E para facer a entrada ainda máis larja.... aquí vai un vídeo dunha canción que debe ser pola morriña que teño, que se me sáltan as lájrimas e pónseme aljo no estómajo equiparable a un orjasmo cada vez que a escoito... esas jaitas, esos acantilados, esos horizontes,... (en situacións normal a canción e o jrupo non me din jran cousa):
Olliño, a partir do minuto 2 aparecen imaxes da vila!!
chúzame - 

tono7 said,
novembro 16, 2007 @ 7:55 am
El Ramón!
tono7 said,
novembro 16, 2007 @ 7:56 am
Por cierto, pa mí el peor, el del ascensor.
tono7 said,
novembro 16, 2007 @ 7:56 am
grapa
tono7 said,
novembro 16, 2007 @ 7:57 am
blanco
Estas mandando comentarios demasiado rapido. Amodiño.
tono7 said,
novembro 16, 2007 @ 7:57 am
escoita
Pablo said,
novembro 16, 2007 @ 11:07 am
Oes, dechesme un susto do carallo, xa pensei que tinha outro “spam” desos…
Ti nunca escoitaches iso de “se bebes non conduzcas”?, pois o mismo vai para os blogs… se bebes vai para a caminha a durmir a jaita, senon xa ves o que pasa!
Galicia « Noroeste Gallego said,
novembro 16, 2007 @ 2:48 pm
[...] Por supuesto, comento que lo vi en el blog de Pao: http://morrinha.blogaliza.org [...]
Ninsesabe said,
novembro 18, 2007 @ 9:45 pm
Diagnóstico: necesitar vir tomar uns percebiños (ou un noco) á túa terra…
Pablo said,
novembro 19, 2007 @ 1:58 pm
mmmmmm, ese noco xa me ule ben dende a distancia…