¿Novas tecnoloxías… pa isto?

Hoxe non temos "network" na miña empresa e iso quere dicir que tanto o ordenador como o teléfono son agora mesmo como duas pedras postas enriba da mesa. Ó parecer o problema ven da centralita en Estados Unidos. Aquí son as 10 da mañá e aló son aljo así como as 4 da madrujada, así que eu supoño que haberá agora como mínimo dous americaniños cajándose en todo por culpa das novas tecnoloxías. Se non solucionan o problema hoxe, a empresa perderá un feixe de euros en cada un dos paises nos que está instalada, que son máis ou menos uns trinta. E todo por culpa do teléfono e do ordenador. Vexo pola porta dous técnicos correndo coma cas, o problema é que ainda non saben cara onde se dirixen. E é que cada minuto que pasa é unha chamada que non poden atender, un encarjo que non poden enviar ou un aparatiño de laboratorio veterinario que non poden amañar.

A xente está agora reunida na zona de fumadores, que é un lugar situado fora do edificio e provisto de tres casetas de parada de autobús. Todos eles rindo en facendo burla do problema, propoñendo a idea de irse para as suas casas xa que aquí non fan nada. Isto recórdame ó meu primeiro ano no instituto, cando chejábamos un día e a calefacción non funcionaba. A solución?... moi doada, folga e todo o mundo para casa, ou xogar ó billar no Universal ou dar un paseo pola vila... todo menos ficar no instituto; calquera excusa era boa. Claro que, moitas veces, a presencia de profesores coma Breixo ou Xoan Xosé impoñía de carallo, anulando calquer intento de fuga. Pero claro, aquí non me imaxino eu ó director da empresa tratando de parar a estampida.... vaia esperpento.

O das folgas no Instituto de Cedeira era ben especial e chegou un punto no que xa era demasiado. Non sei se agora ainda pasa o mesmo nos institutos, haberá que prejuntarlle ó meu amijo ninsesabe, que traballa nun. Recordo que houbo unha tempada na que case que cada luns faciamos unha folga. Bastaba con que aljén trouxera unha queixa tipo "non hai papel do water" ou "escoitei que no sur de Francia están de folga" para que todo o mundo se levantara, collera as suas cousas e saira a fume de carozo. Os profesores tentaban sen moito éxito pararnos os pes, ameazando con faltas leves e jraves a todo aquel que saira do instituto. Pero claro, quen se vai creer que os máis listos da clase ían ser castijados ou que ós revoltosos íalles molestar outra falta jrave que sumar ós seus "espléndidos" historiais? Creo recordar que ó cabo de un ou dous meses nos que cada luns era unha festa, fomos os propios alumnos os que decidimos parar de facer o burro porque éramos conscientes, ainda que parezca mentira en nenos de 14 e 15 anos, de que a situación non nos estaba a beneficiar para nada.

Agora son as 11.15, sejimos ijual e eu teño que avisar ós meus compañeiros de que o bus coa comida está a punto de chejar, pero non teño conexión para facelo por megafonía interna, así que tócame ir departamento por departamento... pobriños, non vaia ser que se queden sen comer.

A putada tamén é que eu non necesito moito a "network" esa do carallo para facer as miñas cousas. Pero o que ten o meu traballo é que se os meus compañeiros non traballan quere dicir que non necesitan nada, polo tanto non me chaman, non me mandan emails pedíndome cousas,... que non me tocan os fuciños, vaia, que parece que aljún lle colleu certo justiño ó asunto. Que a mín non che hai nada que me juste máis que axudar a aljén... pero de ahí a que che poña un café ou que che limpe o microhondas... así polo justo de tocarme a pera un pouquiño... vai ser que non.... claro que se é o xefazo... pois xa vou collendo unhas rodilleiras, máis que nada polo que poida pasar ;-)

rodilleras.jpg 

¿Quédanme ben ou non?

 

 

Chuzame! chúzame -
del.icio.us this!

Say your words

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis