Archive for Novembro, 2007

Volve á Vila

Creo que é no último fin de semán de Ajosto (que me corrixa aljún ou aljunha se me equivoco) que ten lujar esta festa na vila courñesa de Cedeira (a miña terra... terra da jaita). Penso que comezou hai uns anos co obxetivo de animar á xente de fora que pasa o verán na vila a que voltara de novo ó ano seguinte. Así pois veraneantes e cedeireses teñen a ocasion cada ano, entre música e empanada (moita, por certo), de despedirse uns dos outros.

A min nunca me chistou moito esta festa, xa que cadra sempre despois da patrona (a festa do ano en Cedeira) e o corpo xa non quere máis carallada despois de catro, cinco ou quen sabe cantos días de parranda consecutivos.

Ajora estamos en Novembro, que non é o mesmo que Ajosto (por se non vos díchedes xa conta), e eu.... volvo á vila!

Esa vila que abandoei hai cinco anos, ata os mismísimos de sentirme enlatado e cunhas janas doentes de ver mundo. Esa vila que non piso dende hai ano e medio e que sejirá ijual que cando a deixei (cuns ladrillos de máis ó carón da praia... fillosdeputa!). Esa vila na que ainda temos espazos naturais dignos de ser admirados... ameazados ó mesmo tempo por unha man mezcla de cartos e cemento.

A vila na que nacín, na que medrei, na que estudiei, na que me rin e chorei... a vila que me deu unha personalidade a base de experiencias... a que me preparou para ser capaz de camiñar por min mesmo... a que xa levaba ahí anos e anos antes de nacer eu e a que sejirá ahí anos e anos despois da miña morte. Esa á cal aborrezo cando estou con ela.... a mesma que boto de menos cando estou lonxe. Para mín, esa é Cedeira.

Voltarei a ver ós meus amijos e á miña familia, despois de ano e medio ou dous naljúns casos. Á miña abueliña Paca, que disque non durme esperando a miña chejada. A aljúns que xa facía a lo menos nove ou dez anos que non vía... nin se sabe, perdín a conta (pero non as janas). Ó can do meu irmán, un boxer que esperemos me recoñeza cando entre pola porta... polo meu ben. Voltarei a sentir esa xeada galega, a ver esas montañas dende a miña ventá, esa ría,... voltarei a escoitar ós seres nocturnos que tantas noites me amolaron... voltarei a sentir a liberdade que sente un á unha da mañá cando se asoma á ventá e non escoita nada. Terei de novo ese beso de boas noites que a miña nai non se cansa de rejalarme cada día...

Xa quedan unhas poucas horiñas para coller o avión... ese avión que tanto me justa... mecajonodemo. Xa queda pouco para vervos de novo, para tocarvos e sentirvos ainda que sexa so por unha semana... a min darédesme vida suficiente para botar fora outra tempada.

Se me esperades coa metade de janas que teño eu xa me dou por satisfeito.

vista-aerea-de-cedeira.jpg

Bicos a todos!!

Chuzame! chuzame -

No comment »

Herencias da igrexa

Sei que pode ser que aljunha xente se enfade conmijo, ou pense que son un dexenerado ou aljo polo estilo despois de leer esta entrada, pero o caso é que estou plenamente convencido do que vou a contar e cónstame que non son o único.

Estudiando a carreira de Psicoloxía, tiven a oportunidade de cursar unha asignatura chamada "Introducción a la sociología". Así, a nivel xeral, soupemos un pouco máis sobre a creación das sociedades, os grupos sociais e o seu comportamento, así como os factores que inflúen na creación e no desenrolo de cada jrupo. Un dos factores importantes foi, dende sempre (ainda hoxe en día, por difícil que pareza), a Igrexa. Esta institución ten a fea costume de querer estar en todo e para todos: ainda que ti os odies e os repudies, eles sejirán pensando que eres un descarrilado, unha ovella nejra que vai na direccin equivocada. Antes tiñan o suficiente poder como para levar á xente polo "camiño correcto", pero hoxe en día o único que poden provocar son ataques de risa descontrolados, de rabia, ira controlada, noxo, nauseas,... como é no meu caso (peor que os efectos secundarios do peor dos medicamentos).

A Igrexa, como institución social, está composta dunhas normas ou pautas de comportamento creadas, nun principio, coa finalidade de mellorar a convivencia dentro do jrupo e, ó mesmo tempo, cos demáis jrupos.

O caso é que estas normas son normas explícitas; isto quere dicir que non están rexistradas en ninjún tipo de libro de leis e normas nen na Constitución nen nada polo estilo, senón que foron impostas nun principio a base de acolloar ó persoal e na actualidade están ahi como se fosen o máis normal do mundo... o cal é unha putada para min porque quere dicir que eu debo de ser do máis anormal que existe.

Normas como sexo como medio de procreación, relacións sexuais unicamente entre homes e mulleres, non comer carne en venres santo,... e así moitas cousas máis (dijo cousas por non decir estupideces). Pero, persoalmente, o que máis me amola é a idea de fidelidade que impuxeron na sociedade os cabrós estes. É dicir, que te casas ou comezas unha relación en parella e os teus ollos, pensamentos e actos están unicamente destinados á tua parella... pois a min perdoademe o atrevemento pero paréceme unha das barbaridades máis jrandes.

fisgon.jpg

Por poñer un exemplo, a min encántame a fanta, e sejuramente ata o día que me morra sejirei bebendo fanta porque é a mellor bebida que probei na minha vida. Ajora ben, se aljún día me ofreces un vaso de cocacola, unha cerveciña ou un bo viño, ten por sejuro que non cho vou a rexeitar, disfrutareino por ese momento, estando sejuro que chejarei á miña casa e terei a miña fantiña de toda a vida esperándome na nevera, sabendo que me sejirá justando o mesmo ou máis ca sempre.

Hai parellas que se denominan "parellas abertas" que teñen relacións sexuais con outra xente, xa sexa xuntos ou por separado, e non por iso son menos parella que os "fieles" de toda a vida (con isto no ataco a naide, perdoade se así vos sentides). A maioría da xente soe dicir: "pobrinho, é que non lle dan o suficiente na casa", "e un putón ou un putero" ou "non quere á sua parella",.. pois pode ser... pero tamén pode ser que esa persoa busque unicamente disfrutar da súa sexualidade a tope, sen prexuizos. Ó final imos todos a parar ó mesmo sitio, dous metros baixo terra ou con sorte nun nicho con vistas ó mar. E seremos todos o mesmo, con independencia do que fixeras en vida. Como dicía a canción... "solo se vive una vez!", e mentres respetes todo irá ben, ninjún problema.

Con todo o que aquí expreso non pretendo sentar cátedra nen dicir que unha opción é millor ca outra (é simplemente a minha opinión). Por suposto que respeto a aqueles que prefiren o sexo coa parella e nada máis, pero tamén me justaría ver o mesmo respeto para/con as persoas que viven a sexualidade dunha forma liberal e sen prexuizos.

Ás veces penso que nos preocupamos demasiado pola vida dos demáis ou polo que os demáis dirán da nosa vida... non é necesario.

P.D Quédanme 4 dias e xa vou directo para Galicia!! Tede coidado que con esta mentalidade miña ijual ata vos contaxio!!! :-)

A caricatura atopeina neste blog.

Bicos!!

Chuzame! chuzame -

Comments (5) »

Culturas diferentes… persoas diferentes???

Vivindo nun pais extranxeiro tes unha oportunidade única de aprender unha cultura e un idioma novos. Eu son deses que non lle dan a espalda a oportunidades coma esta, pero canto máis coñezo a cultura holandesa e o seu idioma, máis conta me dou de que isto non evita que existan gilipollas como en tódolos sitios. Da ijual a cultura que teñas porque malnacidos e xente rara haina ata na lúa se buscas ben, e se non mirade o caso de Finlandia, do rapaz ese que entrou no instituto e comezou a tiros con todo dios. As culturas finlandesa e norteamericana sonche ben diferentes, sen embarjo os mesmos sucesos ocorren en ámbolos dous paises... cultura?, non, simplemente persoas individuais con problemas de adaptación (e educación, xa dito sexa de paso), o cal non fai que sexan menos responsables dos seus actos.

Para que vexades que iso de que os holandeses son máis relaxados e educados, fríos e sensatos... non é completamente certo, poño a continuación tres casos que me sucederon nesta semana (e ainda esquezo moitos anteriores), que reflexan claramente que a nacionalidade e a cultura non ten nada que ver co comportamento da xente (máis que nada para botar abaixo un pouco os típicos tópicos).

Encontros (con holandeses) na terceira fase:

. Persoaxes: eu e a recepcionista (muller, 47 anos, nejra)

- Eu: Helen, o día 24 teño que coller un avión para España e están anunciando pola tele a peor tormenta de tódolos tempos en Holanda para esas fechas.

- Helen: Pois xa sabes o que tes que facer...

- Eu: que teño que facer?

- Helen: Rezar con máis janas!

- Eu: (con cara de acojone non dijo nada e quédome teso)

- Helen: Claro, eu rezolle tódolos días ó Señor e non me pasa nada malo. O día que me pase será porque non recei o suficiente.

- Eu: (coa mesma cara de acojone e máis teso ca antes)... Ata mañá!!!

. Persoaxes: eu, técnico de ascensor, traballador de "ventas".  Técnico amañando o ascensor e o de ventas que quere subir nel.

- Eu: Rino, non podes usar o ascensor ata dentro de quince minutiños, o nacho está traballando no panel.

- Rino: impórtame unha merda (así mismiño, pero en injlés, "I dont give a shit"), eu teño que ir á oficina.

- Eu: pero se só tes que subir un piso polas escaleiras...

- Técnico: en dez minutos está listo, se o usas ajora teño que resetear todo de novo e volver a empezar.

Rino sube no ascensor e vai ó primeiro piso, o técnico cájase ata na nai do can de Rino pasando por todos os seu familiares (vivos e mortos) e mírame con cara de estar cabreado e eu outra vez con cara de medo.

. Persoaxes: eu, xefe de persoal (afeminado) e traballador do almacén (nejro)

- Eu (ó xefe de persoal): Erwin, pódesme dar un papel que me fai falla para ir ó banco?.

- Erwin (con voz de pito, todo hai que dicilo): sí claro! é este o que necesitas?

- Eu: Si, moitas jracias!

- Traballador de almacén (facendo burla de Erwin): alaaa, "calquera cousa que necesites....", e isto é un home ou unha muller?

- Eu: e ti eres nejro ou déronche volta e volta cando eras neno?

- El: oh! Por que me dis iso?

- Eu: porque sejuro que ti eres dos que te queixas se aljén te chama nejro ou te discrimina pola cor da tua pel, ou non?

- El: pois claro, pero é diferente!

- Eu: manda carallo! (por suposto, no me entendeu)

Non é para tanto, e son situacións que, ainda que poida parecer o contrario, lévoas bastante ben, ou iso intento, máis que nada porque teño que tratar con todo o mundo na empresa, xa sexa nejro, católico radical, un vajonetas ou un homófobo do carallo. Pero a verdade é que a estupidez humana é o peor que existe, prefiro lamber unha patada nos collós (iso si, non o tomedes ó pé da letra, polo voso ben!)

E para facer a entrada ainda máis larja.... aquí vai un vídeo dunha canción que debe ser pola morriña que teño, que se me sáltan as lájrimas e pónseme aljo no estómajo equiparable a un orjasmo cada vez que a escoito... esas jaitas, esos acantilados, esos horizontes,... (en situacións normal a canción e o jrupo non me din jran cousa):

Olliño, a partir do minuto 2 aparecen imaxes da vila!!

Chuzame! chuzame -

Comments (9) »

Outro musical

Non sei se xa o conhecedes ou non, pero aqui vai un fragmento do musical Chess (Xadrez para aqueles que din eu-non-tenho-nen-pajolera-do-injles):

Nin que decir tenho que se che justa a musica e o xadrez non podes perderte esta obra, boisima se me pides a minha opinion. Asi para que te fajas unha pequena idea do que na obra se representa, deixovos un pequeninho resumo da mesma:

Trata a complicada historia dun triangulo amoroso entre dous xogadores de xadrez e unha mullerinha, que esta liada cun deles pero cae enamorada do outro, e ainda que os persoaxes non foron creados coa intencion de representar persoas reais, corre o rumor (bastante fiable, por certo) de que os xogadores aqui representados correspondense con Viktor Korchnoi e Bobby Fischer, nada mais e nada menos.

Nota: o video que puxen esta en injles, non sei se habera aljunha version en castelan, pero como se a houbera... eu sejiria apostando pola version orixinal (as putas doblaxes non fan mas que joder a pelicula ou o video).

Chuzame! chuzame -

No comment »

Volvendo á escola

Calquera persoa (humana) con dous dedos de frente sabía que isto ía acabar pasando. Asistimos, con moita incredulidade, a unha reunión de nenos maiores de cuarenta anos. Dijo nenos non pola idade, iso está claro, senón polo seu comportamento. O normal é que cando unha persoa cheja á idade adulta (uns antes ca outros), o neno que todos levamos dentro pase a un sejundo plano, desaparecendo tempadas larjas e aparecendo soamente en momentos específicos, como cando un está a disfrutar "de lo lindo" ou xojando con aljo non propio da sua idade... "é coma un neno" di o adulto de turno. Para estes casos é moi necesario espertar a nosa parte infantil e deixala, por uns intres, guiar o noso comportamento.

Pero claro, se é esta parte infantil a que predomina no comportamento dun adulto pois xa se sabe, mal vamos. Caprichos como "pues ahora ya no quiero más judíos en el mundo, los voy a matar a todos", pataletas tales que "yo tenía que haber ganado las elecciones y no tú (despois de tres anos e pico)" ou delirios tipo "la culpa es siempre tuya, tu siempre mientes, yo nunca" non fan máis que demostrar que os dirixentes políticos, xefes de estado, empresarios importantes,... non se poden permitir o luxo de sacar a pasear ó neno que levan dentro cando lles saia do carallo, e moito menos nun acto público no que están a "representar" a milleiros de cidadáns.

Eu póñome na pel de Zapatero (ainda que non me chista moito) e sinto moita pena e vergoña. Ahí é onde vemos o importante papel que cumpren os mestres nesta sociedade, cando se poñen entre dous nenos e tentan parar a trifulca dunha forma razoable. A Zapatero tocoulle ser o mestre, diande de dous alumnos moi rebeldes (cada un á sua maneira) e tentou calmar os ánimos como mellor sabe el... con talante. E ainda encima chóvenlle hostias por parte do mesmo de sempre, que ó mesmo tempo que bota merda enriba do presidente ajradece ó rey a sua actitude.

Ante esta barbaridade eu prejúntome: ¿como podes defender a aljén que se dirixe a outra persoa mandándoa calar a boca?, é que lle faltou a puntilla de "cojones ya!", tan "tipical spanish". Juan Carlos sacou o neno que leva dentro no momento menos indicado, ese neno que se enfurruña porque non escoita o que quere oir... ¿e este é o xefe de estado que necesita España, o que non ten outro recurso que mandar calar a aljén e abandoar a sala porque non lle justa o que oe? ..... dixera o outro "manda huevos!".

E para máis carallo queixámonos lojo de que no extranxeiro vexan ó español como un ser humán chulo e prepotente (diso poido dar moi boa fe)... pois nada, a sejir nese ritmo, non vaia a ser que nos identifiquen co carácter de Zapatero... xa sabemos que o respeto e a educación fan parecer a un máis tonto do que é, por se xa non fósemos dabondo.

Muy bien Juan Carlos, muy bien!

Chuzame! chuzame -

Comments (6) »

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis