Mamaíña querida…
Hoxe comecei o día bastante atareado, dun lado para outro sen apenas parar
nen para respirar. Pero foron xusto 4 horinhas de nada. Agora, as 12 do
medio dia, estou sentado na miña oficina (joder que mal sona isto!)
rascandome un pouco a entreperna. Asi pois dixenme a min mesmo "por qué non
escribir aljo no blog, que xa hai tempo que non actualizo?"
Hai cousas que fas dependendo moito das circusntancias. Unha de esas cousas
e pensar sobre as persoas que mas queres, provocado isto por estar vivindo
fora da tua terra, a 2000 e pico kilometros de distancia (100 mais ou 100
menos). Xa se sabe, pensamos sobre as cousas cando non as temos ou cando as
temos lonxe. A miudo dame por pensar na miña nai, se fun o suficientemente
doado de educar ou, polo contrario, fun o tipico cativo revoltoso e
testarudo. Creo que a ela non se pode queixar; sempre me portei ben,
quitando aljunha que outra trastada (como o dia que collin prestadas 50
pesetas para comprar "merdallada", como lle chamabamos ás gominolas por
aquel entonces, iso si, ó chegar a casa lambín por todos os lados, e chorei
canto quixen... pero co estomago cheo de gominolas). Ou tamen cando me
pasaba o dia chorando porque non tiña nada máis que xudias para comer,
bueno, para comer, para merendar, para cear e para almorzar o día seguinte:
e que o meu coas xudias foi de película, e o peor era que chorar non me
servía de nada e ó final tiña que comelas si ou si, xa que o que se leva
hoxe en dia de "bueno, se non che justan as xudias toma patacas fritas" non
estaba projramado na cachola dos meus pais.
Pensando sobre a miña nai, recuperei (gracias a ese proceso que chamamos
memoria, cada dia peor por certo) o recordo de que fun abandoado e, ainda
que foi soamente por 5 sejundos, non me fixo nada ben saber que nalgún
momento podería quedarme so neste mundo (ainda me dura hoxe en día, ainda
penso que non hai nada peor nesta vida que sentirse so).
Naquela mañá de sábado na vila facía un frio doente. Como cada sábado, a
praza vella do pobo enchiase de postos de todo tipo: de fruta, de roupa, de
vexetais, "brajas a 20 pesos", e incluso postos dos "nejros", que tiñan de
todo. Pero o que máis abundaba eran os gitanos, (que hoxe en día non teño
nada en contra deles, pero que naquela epoca, con 6 anos, tíñalles moito
medo). O caso e que iba eu coa miña nai camiñando entre os postos, co meu
chaquetón novo e un jorriño de janchillo feito pola minha avoa (quen quere
Nike ou Adidas tendo avoas!!), cando de súpeto unha mullerona parou á miña
nai, creo que era compañeira do traballo ou aljo asi. Eu odiaba cando ía
coa miña nai e esta parabase con canto cristo atopaba na rúa a falar de
cousas que eu non entendía, eu simplemente quería ir con ela e que ninguén
nos molestara. Mentras a miña nai estaba a falar con esta mullerona, eu
dirixín a mirada a unha mesa chea de pins e chapas que pertencían a un
posto dun nejro (a min asustábanme moito os nejros cando era pequeno, sempre
os miraba con cara de mala hostia), unha especie de illa do tesouro para un
neno coma min. Pasados aljo asi como 5 minutos, nos que eu non deixei de
apampar cos pins e coas chapas, iso si, gardando as distancias co nejro e
mantendo unha postura defensiva coa miña cara de mala hostia, oin que a
miña nai despedíase da mullerona dicindo "xa nos veremos mais tarde", (que
dijo eu que se ibas a vela mais tarde ben poderías decirlle que xa falarías
con ela que agora estabas co teu fillo). Xusto cando me din a volta, ainda
mirando de reollo ó nejro, caeuseme o mundo encima. Vin a miña nai que
collía a man doutro neno e decía "venha, vamos a dar un paseo". Para mais
carallo o outro neno era un gitano, e eu non dicía nada porque, como xa
dixen antes, tíñalles moito medo. O neno gitano mirábame con cara de "ahí
te quedas", e eu non puiden facer outra cousa que empezar a chorar, clavando
os meus pes no chan e co meu jorro de janchillo (todo un cuadro, vamos). Os
choros debéronlle resultar familiares á miña nai que se xirou e viume
naquel estado lamentable, dándose conta que a man que collera non era a
miña, senón a de un xitaniño que andaba a pedir nos cartos. Soltouno
rapidamente e veu cara min dicíndome "a ver oh, que fas ahí parado, veña
vamos!". Nen sequera me dixo "perdoa" ou aljo parecido, a miña nai
acabábame de confundir cun gitano e parecialle o mais normal do mundo.
Boteille isto en cara á miña nai durante os seguintes 4 ou 5 anos, ata que
comprendín que foi simplemente un erro que ela non quixo cometer. Miña nai
tiña a mesma idade que teño eu agora, xusto 28 anos. Agora poido ver o
caso dende a sua perspectiva, e poido comprender moito mellor que os nenos
son nenos e os maiores teñen (ou temos) demasiadas cousas na cabeza e que podemos
cometer pequenos erros sen nen sequera darnos conta. O importante é que
seipamos amañar eses erros, entón a cousa quedará en nada, ou como moito
nunha pequena anécdota mais que contar naljún blog, como é o caso.
Iso si, vendo criaturas como Mariano Rajoy ou o "ser vivo" que agrediu á
rapaza ecuatoriana no tren de Barcelona, véñenme unhas cantas prejuntas á
cachola: Como é posible que as suas nais non fixeran algo cando eran nenos?
Naide lles ensinou normas como a tolerancia e o respeto polos demais? E o
mais importante, non habera outra forma para que solucionen os seus
complexos de inferioridade diferente á de ir atacando ós demais simplemente
por ser diferentes a eles? Eu penso que as suas nais cometeron moitos erros
con estas persoas cando eran nenos, pero quero pensar tamen que ainda teñen
solución, pero xa se sabe que o que ten problemas, o primeiro paso e
reconocelo para que se poida recibir a axuda. Dame a min que por moito que
intentemos axudar a xente como esta a integrarse na sociedade, será inutil
mentras sexan eles mesmos os que loitan por excluirse da mesma cada día
que pasa.
Bicos a todos!!! Vemonos prontinho!!!
chúzame - 

tono7 said,
outubro 30, 2007 @ 12:23 pm
jajajajaja!!!
Así que si no lloraras como una perra ahora tendríamos a un gitanito en Holanda por amigo y tú estarías vendiendo bragas en los mercadillos…
diana said,
outubro 30, 2007 @ 5:25 pm
Vaya parrafada más profunda pao!!!!
Lo que hace la morinha eh!!!
No te preocupes, que cuando vengas, la plaza estará esperándote, hay cosas que no cambian.
´
bicos
Pablo said,
outubro 30, 2007 @ 6:24 pm
jajaja!! home, pois por vender brajas tampouco ía morrer!! Pero iso de ter á miña nai ó meu carón berrando ” 5 a 3 euros, nenaaaaaaaaaaa!” e á miña avoa no outro lado “eu douche 2 euros e vas que chutas!” pois non sei canto tempo che ajuantaría eu.
Diana! A plaza xa nunca será o que foi hai anos, con isto do feirón botárono todo a perder!
Agora que me acordo aínda teño que escribir un emal para vosoutros… isto… díxenvos xa que me tarda estar con vosoutros?
Ninsesabe said,
outubro 30, 2007 @ 8:17 pm
¡Mira que confundirte cun xitano, co boiño e formaliño que ti eras! (supoño que sejirás sendo, dijo eu).
Pois o que dis dos animaliños eses non me parara a pensar eu, pero dame a min que a culpa non vai ser da nai. Non sei ti, pero eu chejei a unha conclusión despois de moitos anos: a dereita deste puto país non ten remedio.
Permita Deus ou o demo que me equivoque de pes a cabeza.
Pero dame a min que non.
Pablo said,
outubro 30, 2007 @ 9:13 pm
Aínda son boiño e formaliño, iso si, non lle prejuntes a calquera dos meus amijos que pululan por aquí porque che dirán o contrario, pero é que a envidia cómeos por dentro
Persoalmente espero que te equivoques sobre o que dis da dereita de este pais (no de “puto” estou dacordo), xa que se non, volveremos a ter outro follón da hostia. E o remedio que lle vexo eu á dereita é o máis parecido a unha utopía, xa que, por desjracia, as jrandes institucións do pais (Exército e Igrexa, ainda hoxe en día teñen demasiado poder) lévanse demasiado ben con eles.